viernes, 5 de enero de 2018

CASTRO DE FORMIGUEIROS - AIREXA - SAMOS

CASTRO DE FORMIGUEIROS
AIREXA
FORMIGUEIROS
SAMOS


Castro de Formigueiros
      O castro de Formigueiros é un poboado castrexo da Idade do Ferro situado preto do lugar da Airexa, na parroquia de Formigueiros, no concello lucense de Samos.



      Está a 785 metros sobre o nivel do mar, encravado no extremo occidental da Serra do Édramo, que fai de divisoria entre os concellos de Samos ao norte, e o Incio ao sur.



Morfoloxía
     Sobre o perfil da montaña destacan as súas potentes murallas, circundadas por un labiríntico sistema de foxos e parapetos.



      Sorprende a complexidade e extensión das defensas fronte o reducido da zona habitacional. Das 5 ha. totais, o interior da croa só ocupa uns 2000 metros cadrados.



Arqueoloxía
    Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas dende os anos 2006 a 2008. Definíronse dúas ocupacións. A primeira, comezaría nos séculos III-II a. C., remata na primeira metade do século I.



      Logo parece que foi abandonado e detéctase unha nova ocupación, con construcións levantadas sobre os derrubes das casas e da muralla. Os indicios apuntan a unha fase romana tardía ou posterior.



     Atopáronse lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes nunha praciña do poboado.


Formigueiros
       Santiago de Formigueiros é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 47 habitantes, deles 24 eran mulleres e 23 eran homes, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 69 habitantes .


Patrimonio
      Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.



     O castro de Formigueiros presenta varias liñas defensivas. Nel atopáronse vivendas de planta cadrada construídas en lousa.


Lugares de Formigueiros
      A Airexa, Sancovade, A Vila, Vilar


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901