domingo, 21 de enero de 2018

IGREXIA DE SAN XOÁN DE TORÉS - AS NOGAIS

 IGREXIA DE SAN XOÁN DE TORÉS
TORÉS
AS NOGAIS


Torés
      San Xoán de Torés é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo.



     Tiña 186 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 94 homes e 92 mulleres. O que supón unha diminución de 26 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 212 habitantes (114 homes e 98 mulleres) e 29 menos que en 2006.


      Na parroquia están os restos da fortaleza de Torés, declarados Ben de Interese Cultural.


As Nogais
      As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego.



Xeografía
      O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noroeste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).
Autovía A-6 ao seu paso por Noceda.



       As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nas estribacións das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m. no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.


      O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.


      Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.


Historia
      Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.



      O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.


      Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir aos carlistas.


       Até 1916 recibía simplemente o nome de Nogais (Nogales en castelán), pero nese ano pasou a ser chamado As Nogais (Los Nogales en castelán) para distinguilo doutros concellos de España (Nogales de Badaxoz).


Economía
      A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.



     Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.


Lugares da parroquia de Torés.
      Casares, Estacas, Follobal, Riomao, Rodís, Torés, Vilaesteva



Parroquias das Nogais
      A Alence (Santa Lucía). Doncos (Santiago). Noceda (San Xoán) As Nogais (Santa María Madanela), Nullán (San Cosmede), Quintá (San Pedro), Santo André (Santo André), Torés (San Xoán), Vilaicente (San Xoán)



Comarca dos Ancares
      Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901