jueves, 26 de marzo de 2015

EIRA DA IGREXA - CÓRCORES

 EIRA DA IGREXA
CÓRCORES
AVIÓN
OURENSE


Avión
      É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. 


     Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.



      A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.




     O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro.



Córcores
     Santa Mariña de Córcores é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.




 

Poboación
     Tiña 36 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 10 eran homes e 26 mulleres. 


     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 46 habitantes (14 homes e 32 mulleres). No 2000, 75 persoas vivían en Córcores. No 2010 son 46 (32 mulleres, 14 homes). Estes datos son os do INE daquel ano.


Lugares de Córcores  
     Córcores



Parroquias de Avión
     Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña), Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901