domingo, 22 de marzo de 2015

FERVENZA DE A PUZA - TABOAZAS

 FERVENZA DE A PUZA
REGO DE CABO DA VEIGA
TABOAZAS
AVIÓN


      Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.



     

     Segundo o INE a súa poboación no ano 2010 era de 2.561 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003).


     O seu nome procede do veciño río Avia.



      Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.



     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.




      A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.




     O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. 

 

     Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro.



Taboazas 

     Taboazas é un lugar da parroquia de Couso no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro. Tiña 7 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 3 eran homes e 4 mulleres. 


     Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010 cando tiña 7 habitantes (3 homes e 4 mulleres).


     Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 ºC en xaneiro e 19 ºC en xullo.



Couso
     Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.




Poboación
     Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras. 



     Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.


Lugares de Couso
A Hedreira, Couso, Penedo, Taboazas, Vilariño    


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901