lunes, 16 de marzo de 2015

MUIÑO DA PONTE - AGUASANTAS

MUIÑO DA PONTE
RÍO CALVELLE
AGUASANTAS
COTOBADE


COTOBADE
     O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km.



     A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar.



     Ten unha extensión de 135,2 kilómetros cuadrados e unha poboación aproximada de 4.600 habitantes, distribuídos en 135 entidades de poboación que se agrupan en 13 parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón.




     

     Poden distinguirse dúas zonas perfectamente diferenciadas dentro das terras de Cotobade: por un lado  as "Terras Altas", bañadas polo río Almofrei, que nace no monte do Seixo situado a 900 m sobre o nivel do mar, e que dende Caroi, discorre cristalino por frondosos vales, onde abundan as carballeiras, e outras masas forestais.


     Ademáis, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto ó Barbeira aflúen ó Verdugo que formará a Ría de Vigo. O monte Coirego con 792 m de altura, separa as concas do río Lérez e do Verdugo.



     Por outra banda están as " Terras Baixas"; formadas polas parroquias do Val do Lérez, que recibe aos ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante.



CALVELLE
     Calvelle é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cotobade. Segundo o IGE do 2010 contaba con 32 habitantes (13 homes e 19 mulleres), un menos ca no 2007.



Patrimonio
     Neste lugar están os petróglifos da Porteliña da Corte (conxunto de tres rochas gravadas na idade de Bronce) e Pouso do Muíño. Amais, atópase o cruceiro de Calvelle (1791) e o peto de ánimas de San Lourenzo (1896).



AGUASANTAS
     Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.



Patrimonio
     A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro.



     Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.




     Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai Fanciscano Andrés Solla García.



Lugares da parroquia
     Agualta, O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campo, O Campodanta, A Casa Grande, O Casal, O Castro, Ceraxe, O Coto, A Coutada, A Coviña, O Cristil, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, Penelas, Peroselo, A Portela, Portomarín, O Regueiro, Sucastro, Trasdonabal, O Trebello


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901