MONASTERIO DE SAN SALVADOR
CAMANZO
VILA DE CRUCES
VILA DE CRUCES
Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza.
Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).
Historia
O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.
Poboación
Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2012 era de 6.085 persoas. O seu xentilicio é cruceño.
Festas e celebracións
A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).
Entroido
Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.
Gastronomía
Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.
Feiras
Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.
MONASTERIO DE CAMANZO
Igrexa románica construída no ano 1166.
Conserva restos prerománicos no trazado das súas ábsidas. Ten planta de cruz grega. Conserva os dous últimos tramos das naves laterais, e na principal, os dous primeiros arcos fan de muro. Os piares son rectangulares, con semicolumnas de perfil tórico pegadas, de tipo románico.
As ábsidas son semicirculares por fóra, e a ferradura por dentro; están cubertos por bóveda de casca. A porta principal é de arquivoltas semicirculares, presentando catro anxos cos brazos abertos e unha figura bendicindo. No tímpano está esculpida a figura dun Salvador que bendice (escola compostelana).
A igrexa intégrase no conxunto do que fora mosteiro benedictino, fundado no século X polos Condes de Deza, D. Gonzalo e Dª Teresa.
Do estado de conservación pode dar idea o feito de que se estea a utilizar un sarcófago antropoide, como bebedoiro de galiñas, e que a única lápida que existía no interior do templo, despois de ser arrancada do seu sitio está arrimada a unha parede, con riscos de romper ou caer enriba de alguén.
No patio, tamén podemos admirar restos de retablos e figuras decorativas. Destaca o "arranxo" efectuado na parede do que agora se utiliza como "oficina", e o montón de pedras labradas que locen no exterior cerca da entrada principal.
Non ten servizo de guía pero unha muller irmanda do cura párroco, facilita a visita ao patio do cenobio e á igrexa, pero non a ilustra con ningún tipo de datos.
Non existe tarifa de visitas, pero agradecen as esmolas para a igrexa.
Non existe un horario de visita establecido nin regular, a excepción dos de celebración relixiosas.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901