FERVENZA DE PONTE
RÍO MERA
ROSENDE
PONTE
SILLEDA
A Terra de Trasdeza
A Serra do Candán, os montes do Chamor, San Sebastián de Meda e os ríos Ulla e Deza definen os límites do Concello de Silleda, dentro da Comarca de Deza, na provincia de Pontevedra.
A súa superficie, 169 km2 repártese en trinta e tres parroquias, con advocacións moi diversas, aínda que merece a pena destacar a San Martiño, patrón de cinco parroquias, San Miguel e Santa María, con catro, e San Salvador con tres. Como dato curioso, cómpre sinalar que, aínda que pertencendo ao arciprestado de Trasdeza, á arquidiócese de Santiago, as parroquias de Cira e Dornelas pertencen ao bispado de Lugo.
A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da Xurisdición de Trasdeza, no século XVII, que pertencía á provincia de Santiago. Desta Xurisdición eran 25 das actuais freguesías. As demais formaban parte das Xurisdicións de Cira, Carboeiro e Camanzo. Polo contrario, a de Parada forma parte da Xurisdición de Deza e a de Refoxos do Couto de Acibeiro.
Nunha contestación á pregunta 3ª do Interrogatorio Xeneral do Catastro da Ensenada, os límites aparecen moi claros cando indica que “linda al L. con la jurisdicción de Tabeirós, al N. con el Coto de Carboeiro, y al S. con la jurisdicción de Montes”. Trasdeza foi ata entrado o S. XIX unha das demarcacións máis orientais da provincia de Santiago, limitando ao leste coa provincia de Lugo polo río Deza, onde comezaba a xurisdición do mesmo nome, e nestas terras se separaban os termos do Arcebispado de Santiago e o Bispado de Lugo.
A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada, en Trasdeza, figura en documentos.
No século XVII (1645), aparece como denominación eclesiástica o arciprestado de Trasdeza, como dependente do arcediago de Deza, da diócese de Lugo.
PONTE
Lugares:
Aldea de Abaixo, Carderrei, Meixomence, Rosende, Sino, Trasfontao, O Espiño, Trasdosisto.
Información turistica:
Debe o seu nome a unha antiga ponte sobre o río Deza que comunicaba o concello coas terras do Corpiño, en Lalín.
A historia recoñécelle sona por un machado de bronce, da idade de bronce, que se atopa exposto no Museo de Pontevedra.
Aínda pendentes de preparar para ofrecer ao público, atópanse os muíños situados no curso do río da Gouxa, á altura de Rosende, que cos máis de cinco saltos, deberán figurar entre os espazos naturais e etnográficos a protexer.
Na actualidade esta parroquia coas súas grandes extensións de prados ben emprazados nunha zona llana, goza dunhas inmellorables condicións para a construción de vivendas unifamiliares. Esta característica engadida á proximidade de Silleda co Recinto da Feira Internacional da Semana Verde e a peaxe da autoestrada a Santiago e Ourense avalan esta predición.
Festividades:
Patrón: San Miguel, 29 ou último domingo de Setembro.
Celebra o S. Verísimo, o 25 de Setembro.
Vixe dos Remedios. 2º domingo de Setembro.
Virxe do Carme. 30 de Setembro.
Sistema Fluvial Ulla-Deza
Por lonxitude, o Ulla é o terceiro río galego despois do Miño e mailo Sil. Ata o esteiro na ría de Arousa convértese nun variado corredor natural que recibe as achegas dunha mesta rede fluvial de afluentes como o Sar, cantado por Rosalía de Castro, e o Deza.
Precisamente nun dos tributarios deste último, localízase a Fervenza do río Toxa. Un fermoso traxecto a pé enlaza o cadoiro deste río, no lugar de Pazos, co Mosteiro de Carboeiro.
A dureza da pedra que aflora neste sitio provoca unha das caídas de auga máis espectaculares de Galicia cunha orballeira decote no ambiente. Entre todo o verde, o musgo non engana. Se a auga é a vida, a fervenza representa no Toxa a alegría de vivir.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901