lunes, 19 de diciembre de 2022

O VEREDO - CODESEDO - SARREAUS

 O VEREDO

CODESEDO

SARREAUS

 O Veredo
     O Veredo é un lugar da parroquia de Codosedo, no concello ourensán de Sarreaus, na comarca da Limia. 

     Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 13 habitantes (9 homes e 4 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 10 habitantes.

Codosedo
     Santa María de Codosedo é unha parroquia do concello de Sarreaus na comarca da Limia, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 163 habitantes, deles 75 eran homes e 88 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Codosedo
     Ameá, Codosedo, Pazos, O Veredo

Sarreaus
     Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio «sarreaus».

Xeografía
      O concello, de 77,2 km², abrangue nove parroquias. Limita ao norte con Vilar de Barrio, ao sur con Trasmiras e Xinzo de Limia, ao leste con Cualedro e Laza, e ao oeste con Xunqueira de Ambía.

     Cara ao norte ten unha zona montañosa, na serra de San Mamede. Cara ao sur está a depresión limiá, con terras máis chás e fértiles vales determinados polo río Limia, que nace no monte de Talariño, na parroquia de Paradiña, sucando o concello de nordeste a suroeste. Outros cursos fluviais menores son o rego de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo ou o da Veiga.

Historia
     Se ben na actualidade non hai ningún catalogado, consérvanse topónimos que delatan a existencia de varios megálitos do neolítico, como Os Piñeiros da Anta e A Medorra en Lodoselo, ou o Alto da Madorra en Cortegada. 

     A Pedra Alta (Cortegada) é un menhir usado como marco delimitador entre os concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. 

    O Acobillo de Roufeiro (Nocelo da Pena) é da primeira idade dos metais (1800/1500 a. C.), e é usado como referencia para denominar o límite do Bronce Inicial en Galiza.

     Durante a cultura castrexa a zona foi poboada polos Limici nos castros da Cibdá, A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os Castros de Codosedo. 

     Trala romanización de Galicia quedaron restos de asentamentos e epígrafes en rochas, como o Forum ou Civitas Limicorum da Cibdá, ou homenaxes a Traxano e Adriano e a Xúpiter e Bandua.

     Durante a idade media a zona pertenceu á Terra da Limia. Desa época queda a igrexa románica de Codosedo.

     Na idade moderna o territorio pertenceu ás xurisdicións de Xinzo (parroquias de Perrelos, Santiago de Freixo e Lodoselo, pertencentes ao Conde de Monterrei), Pena da Torre de Portela da Limia (lugares de Folgoso, O Penedo, Meilás, Cortegada, Bresmaus, A Portela da Quinta, Sarreaus, Padroso, Tarrazo e Sas, pertencentes ao Conde de Lemos), e o couto de Santa María A Real de Codosedo, Pazos, Paradiña e Veredo, pertencente á orde de Santiago. Nocelo da Pena pertencía á xurisdición do convento de Santa Clara de Allariz.

     A comezos do século XIX creouse o concello de Cortegada, e en 1822 creáronse os de Codosedo e Lodoselo. Trala División territorial de España en 1833, en 1835 naceu o concello de Sarreaus.

Toponimia
     O nome de Sarreaus procede do latino Sarrianus, "os que veñen de Sarria", debido a que no seu momento se repoboaría con habitantes desta vila luguesa.

Parroquias de Sarreaus    
     Bresmaus (San Bartolomeu), Codosedo (Santa María), Cortegada (San Xoán), Freixo (Santiago), Lodoselo (Santa María), Nocelo da Pena (San Lourenzo), Paradiña (Santa María Madanela), Perrelos (Santa María), Sarreaus (San Salvador)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA E CALVARIO DE SAN ROQUE - SANTA MARÍA DE BEADE - BEADE

 CAPELA E CALVARIO DE SAN ROQUE

SANTA MARÍA DE BEADE

BEADE

Santa María de Beade
     Santa María de Beade é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 448 habitantes (230 homes e 218 mulleres), 87 menos ca no ano 2000.

     Ten unha única entidade de poboación, capital do concello ao que dá nome.

Beade
     Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes. O seu xentilicio é beadés.

Historia
      Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

     A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. 

     A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

     En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

     A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.

Parroquias de Beade    
     Beade (Santa María), As Regadas (San Amaro) 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

MOSTEIRO DE SAN MARTÍN DE CASTAÑEDA - GALENDE

 MOSTEIRO DE SAN MARTÍN 

DE 

CASTAÑEDA

SAN MARTÍN DE CASTAÑEDA

GALENDE

 Mosteiro de  San Martín de Castañeda
     Declarado Monumento Histórico–Artístico, o Mosteiro de San Martín de Castañeda é o único dos mosteiros cistercienses zamoranos fundado nunha montaña cuia época de esplendor nos séculos XII e XIII levoulle a dominar todo o Val de Sanabria. 

     E o unico templo conservado íntegro dos mosteiros cistercienses que houbo na provincia.

     Non podemos escoitar os rezos dos monxes pero si imaxinárnolos.

     Do conxunto monástico tan só chegaron ata nós a espléndida igrexa románica, a parte oriental do claustro reglar e a setentrional do claustro da hospedería. 

     O templo ten cruz latina de tres naves con catro tramos, cruceiro cúbico e cabeceira formada por tres ábsidas semicirculares graduados. 

     Todo iso realizado con excelente e austera sillería granítica e lousa.

    Conta con tres accesos da época románica: un na zona occidental, moi reformada na época renacentista e dúas na nave da epístolar, a máis oriental está formada por arco de medio punto e catro arquivoltas lisas.

     A outra portada presenta arco dobrado de medio punto sobre impostas de filete e nacelas.

     A decoración escultórica do templo, cinguida a capiteis, ménsulas, canecillos, responde o gusto da etapa benedictina.

      A nave central está cuberta por unha bóveda de canón levemente apuntada, reforzada por fajones dobrados e peraltados.

     As ventás das ábsidas están decoradas con arquerías abucinadas a base de columnas.

      A fachada meridional comunicaba, en orixe, coas dependencias monacais, incluído o desaparecido claustro. 

      A fachada occidental enmárcase en dous contrafortes e coróase cunha espadana moderna.

      Da fachada norte é destacable o extremo do cruceiro, cuberto con tellado a dúas augas e cuxo muro se organiza mediante molduras horizontais formando catro corpos.

     Destaca o segundo deles, cunha arquería cega de arcos lanceados sobre columnillas con capiteis vexetais.

     Hoxe día serve de recepción, museo e centro de interpretación do Parque Natural de Sanabria.


MAPA

 

Fuente: Web Romanico Zamorano

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 16 de diciembre de 2022

ANTIGUO BALNEARIO DE BERÁN - BERÁN - LEIRO

 ANTIGUO BALNEARIO DE BERÁN

BERÁN

LEIRO

Berán
     San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.

     No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Historia
     Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro. Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das nove entidades locais menores de Galiza.

Patrimonio
     A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.

Festas e tradicións
     As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo (19, 20 e 21), sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto.

     A finais de outubro celébrase a festa do licor café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.

Balneario
     O balneario de Berán está situado no lugar de Caldelas, na estrada comarcal que une Berán co concello limítrofe de Beade. 

     As súas augas destacan polo seu alto contido en xofre, polo que se indican para problemas de pel (sobre todo a psoríase), reuma, trastornos hepáticos, dixestivos e respiratorios. As augas saen do manancial a unha temperatura media de 28 °C.

     Na actualidade o balneario encóntrase nunha fase de transición que comezou no ano 1999, cando se comezaron as obras para a construción dun edificio novo. Non obstante, tras varios problemas xudiciais e políticos, e a pesar de estar rematada a obra, aínda se está a usar a instalación vella, que data de mediados do século XX. As vellas instalacións constan dunha pequena piscina de auga termal ao aire libre, sete bañeiras individuais, duchas, vestiarios e unha fonte para a bebida.

Lugares de Berán
     Berán, Caldelas 

MAPA 

 


XOAN ARCO DA VELLA