jueves, 15 de septiembre de 2022

INAUGURACIÓN DA EXPO " O CAMIÑO, CAMINHO E AS ARTES - MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM¨ - LISBOA

 INAUGURACIÓN DA EXPO

 " O CAMIÑO, CAMINHO E AS ARTES

MUSEO DA CERAMICA DE SACAVÉM

LISBOA


     Do día 2 o 24 de Setembro estara aberta o publico no Museo da Ceramica de Sacavém a Expo.

      O Caminho e as Artes, O Camiño e as Artes na que participan un numero importante de artistas portugueses e galegos de todos os campos das Artes.

     Eu estou moi agradecido a Fundación Camiño Portugués de Santiago e as Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago por convidarme a participar con unhas fotografias dun traballo relacionado co a auga no entorno do Camiño.

OS ARTISTAS QUE PARTICIPAN NA EXPO.
     Os artistas profesionais e afeccionados abarcan distintos ámbitos».

     Entre los nomes propios da pintura luso-galaica, os de Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou tamen o músico Rafael Úbeda.

     Además, habera unha representación da arte escultórica con Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves e Suso Balado, así como un apartado de artesanía con pezas de Barcelos e creacions da zoqueira Elena Ferro e Joaquim Esteves. 

     Además, das creacions musicais serán a cargo de Begoña Lorenzo, Edelmiro Luis Mateo García, Noelia Solleiro o el luthier César Loureiro Sobral, e da danza a través de Glau Fonseca.

     A escritura estará representada por Carmen Quinteiro, Xaime Toxo a poetisa Minerva, e no ámbito visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, Xulio Gil, eo bloguero Xoán Arco da Vella.


 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

lunes, 12 de septiembre de 2022

IGREXA DE SANTA MARÍA DE SETEVENTOS - SETEVENTOS - O SAVIÑAO

 IGREXA SANTA MARÍA DE SETEVENTOS

SETEVENTOS

O SAVIÑAO

Igrexa de Santa María de Seteventos
     A igrexa de Santa María de Seteventos é un bo exemplo do románico rural galego de finais do século XII e comezos do XIII. 

     A súa orixe, como o de moitas outras edificacións relixiosas da zona, tería relación co monacato visigodo establecido nos vales do Miño e do Sil durante a Alta Idade Media.

    As novas máis antigas desta igrexa datan do ano 976 e vincúlana ao mosteiro de Diomondi.

       Trátase dunha igrexa de planta rectangular cunha única nave cuberta de madeira e de cabeceira recta, habitual dos templos relacionados coa repoboación do norte peninsular. 

     Conserva un arco triunfal sobre columnas de época románica, así como unha portada que consta de dúas parellas de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais.

      O seu maior valor reside no conxunto de pinturas murais do século XVI que se atopan no seu interior e que decoran o arco triunfal de acceso a capela maior, no que se representan a Anunciación e o Xuízo final.

Seteventos
     Santa María de Seteventos é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 115 habitantes, deles 58 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
    Igrexa de Santa María de Seteventos, construída a finais do século XII ou principios do século XIII, conserva como elementos máis destacados a portada occidental e as pinturas murais enriba do arco triunfal.
    Casa Grande de Mosiños.

Lugares de Seteventos
   Malveiros, Morgade Mosiños, Pedras Brancas, Seteventos. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN FAGUNDO - SAN FAGUNDO - CEA

 IGREXA DE SAN FAGUNDO

SAN FAGUNDO

CEA


San Fagundo
      San Fagundo é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2013 tiña 98 habitantes, deles 41 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 158 habitantes.

Lugares de San Fagundo   
     Ariz, As Fontaíñas, San Fagundo

San Cristovo de Cea
    San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes. O seu xentilicio  é «ceés».

Xeografía
     O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. 

      Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

       O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

     O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Historia
     Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

      En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. 

     As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.


Patrimonio
     Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural
     No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

LENDA DO ACUEDUTO DE SEGOVIA

 LENDA DO ACUEDUTO DE SEGOVIA

SEGOVIA

 A lenda do Acueduto de Segovia 

      A lenda do Acueduto de Segovia Aínda que todos dan por válido que é unha obra romana, na capital segoviana corre outra versión sobre a súa construción.

     Unha das construcións máis importantes non só de Castela e León, senón de toda España é o Acueduto de Segovia, unha obra que segundo os historiadores remóntase á época romana, pero que encerra tras de si unha lenda que é coñecida por todos os segovianos e que serviría para «explicar» o oco reservado para poñer a Virxe da Fuencisla.

A lenda di así: 

     Houbo un tempo no que a zona alta da cidade de Segovia non tiña fácil acceso á auga. Para poder conseguila, os habitantes tiñan que realizar un gran percorrido para poder traer a auga das fontes na zona exterior da cidade. 

     Unha nova criada, tiña que levar cada día auga á casa na que servía no alto da cidade, para o que tiña que baixar ao lombo co cántaro á zona baixa onde se situaba a fonte, para logo facer o camiño de subida co cántaro cheo. 

      Un día a nova criada, sumida na desesperación a metade de camiño, exclamou no alto: «Daría o que fose porque a auga chegase soa ás portas da cidade para non ter que volver nunca a percorrer este camiño». Entón unha voz melodiosa tras ela respondeulle: «Estás segura de que darías calquera cousa a cambio de que a auga chegase ás portas da túa cidade». 

     A moza deuse a volta asustada e atopouse cun home aposto, ao que respondeu que si sen dubidalo nin un momento, xa que poucas eran as pertenzas que tiña que puidesen interesarlle ao home. Entón o home pediulle algo que a muller si que posuía: a súa alma a cambio de facer que a auga chegase directamente ata as portas da cidade. No momento de baixeza, a moza pensou que a alma era algo que de pouco lle valía, polo que aceptou sen dubidalo. Entón, decatouse dun raro sorriso na cara do estraño, polo que antes de estreitar a man con este e selar o trato, a moza engadiu que só lle daría a súa alma se era capaz de facelo antes de que o primeiro raio do sol brillase á mañá seguinte. 

     Tras pechar o trato cun apertón de mans, o home desvaneceuse ante os seus ollos, e a moza continuou o seu camiño a por auga pensando que todo fora unha simple fantasía causada polo gran cansazo. A noite caeu, e a moza comezou a dar voltas na cama sen poder durmir. Non paraba de pensar no estraño encontro que tivera ao baixar á fonte pola mañá, así que se levantou e foi dar un paseo para airear a mente. Pero a súa sorpresa foi maiúscula cando se asomou ao miradoiro xunto á porta de San Juan e observou como o estraño que coñecera esa mañá estaba envolto en chamas e dando ordes a centos de diaños, dirixíndoos na construción dunha estrutura que a moza non tardou en identificar cun conduto para levar a auga ao alto da cidade. 

      A obra continuou toda a noite, durante a cal a moza non parou de rezar a Deus arrepentida polo seu trato co diaño e pedíndolle que non deixase que o diaño levase a súa alma, sen obter resposta algunha. Cando toda a construción estaba practicamente finalizada, o home en chamas e todos os seus axudantes comezaron a celebrar a vitoria mentres levaban a última pedra ao oco, e xusto no momento que o home en chamas ía poñela, o primeiro raio de sol golpeou a súa cara. 

     O diaño, indignado coa súa derrota, abandonou a cidade xunto a todos os seus axudantes deixando a case terminada construción ás súas costas. A moza, sorprendida pola súa vitoria, correu á igrexa para confesar ante o sacerdote..

     No oco que quedou é onde está agora posta a estatua da Virxe da Fuencisla

MAPA 

 

Texto: Juan Giles

Fuente: ABC 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN MIGUEL - CORULLÓN - LEÓN

 IGREXA DE SAN MIGUEL

CORULLÓN

LEÓN

Igrexa de San Miguel
      A igrexa de San Miguel é un templo Católico situado en Corullón, (León, España).

     Construída a principios do Século XII, de estilo Románico.

      Ten unha única nave de tres tramos rematada en ábsida semicircular sen presbiterio.

Descrición
      A nave da igrexa atópase dividida en tres tramos, nos dous primeiros tramos, que se corresponden co corpo da igrexa, contén varias ventás con van abucinado con arquivoltas que descansan en columnillas con capiteis decorados.

     O terceiro tramo, corresponde á portada dividida en dous corpos. O corpo baixo formado por porta sinxela de arco medio punto con arquivoltas que apoian sobre columnas con capiteis vexetais e o corpo alto, composto por arquería cega de medio punto con arquivoltas que descansan en columnillas con capiteis decorados con formas diabólicas.

     A torre, situada aos pés do templo, é de época posterior á súa construción.


Corullón
     Corullón é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 78,5 km², na que vivían 1.151 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 14,66 h/km². 

     É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Parroquias
    Cadafresnas
    Corullón
    Dragonte
    Horta
    Ornixa
    Os Mazos
    Melezna
    Viariz
    Vilagroi

Galicia estremeira
     Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. 

      Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA