domingo, 3 de julio de 2022

PETRÓGLIFO DE BOUZA BADÍN - IMO - LAIÑO - DODRO

 PETRÓGLIFO DE BOUZA BADÍN 

IMO

LAIÑO

DODRO

Petróglifo de Bouza Badín
     O petróglifo de Bouza Badín é un grupo de varios gravados rupestres en seis penedos nas faldras entre o monte Padronelo e o Carboeiro, a 200 m da aldea de Imo (concello de Dodro).

     É un conxunto de interese histórico e artístico da Idade de Bronce co código no Catálogo da Xunta; GA15033008.

     Está constituído por combinacións de círculos concéntricos, cruces, coviñas e figuras zoomorfas moi esquematizadas, dando testemuña das xentes que habitaron esta zona entre os anos 1800 e 600 a. C.

     En febreiro de 2011 un grupo de persoas voluntarias, baixo a supervisión dunha arqueóloga, limparon e acondicionaron a estación rupestre.

     Durante a limpeza saíron á luz tres novos gravados que non estaban aínda inventariados.

Imo
     Imo é un lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, no concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 347 habitantes (180 homes e 167 mulleres).

     Entre o patrimonio da aldea destaca o petróglifo de Bouza Abadín, da idade de bronce.

San Xoán de Laíño
     San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar.

     Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 968 habitantes (474 homes e 494 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.168 habitantes.

     A cruz do Avelán atópase a un quilómetro da igrexa de san Xoán, indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. En Imo está o petróglifo de Bouza Abadín.

Lugares de San Xoán de Laíño
     A Devesa, Bexo, Bustelo, Castro, Imo, Teaio 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

CASTELO DA LÚA - O PAZO - SANTA COMBA - RIANXO

 CASTELO DA LÚA

O PAZO

SANTA COMBA

RIANXO

 Castelo da Lúa
      O castelo da Lúa é un sitio arqueolóxico conformado polos restos dun castelo medieval situado ao carón da praia da Torre e o seu paseo marítimo, e habilitado para a súa visita libre.

Situación
     Sitúase no lugar do Pazo, na parroquia de Santa Comba, Rianxo. Está nas inmediacións da praia da Torre, na punta da Torre, tamén coñecida como A Salgueiriña.

Historia
     O castelo foi erixido, probablemente no século XIII, por Pai Gómez Chariño, pasando máis tarde a formar parte do patrimonio da Orde do Temple e despois do da arquidiocese compostelá.

     Derrubado polos irmandiños ó redor do ano 1465 e reedificado novamente por Sueiro Gomes de Soutomaior, bisneto do anterior.

     As novas conservadas sinalan o ano 1480 como o ano no que foi novamente derrubado polo gobernador real Fernando de Acuña. Dende entón ata 1532 as ruínas do castelo foron empregadas como cárcere, ata que nese ano a súa xurisdición pasa ao arcebispo Alonso II de Fonseca, novo señor da zona.

     Quedando a fortaleza arruinada no ano 1600 as ruínas foron espoliadas para realizar no ano 1740 o campanario da igrexa de Santa Comba de Rianxo, así como distintas construcións na comarca e arredores.

Escavacións arqueolóxicas
     No verán do ano 2001 o equipo dirixido por A. Bonilla Rodríguez realizaron traballos de escavación que lles permitiron comprobar que a construción tiña planta trapezoidal cunha muralla exterior, xa desaparecida, reforzada no lado sur por un foso, e unha segunda muralla interna. no seu interior situábase a torre da homenaxe complementada por dous baluartes laterais.

     No ano 2007 realizáronse novas escavacións e traballos de consolidación e limpeza do destapado en campañas anteriores. 

     Os traballos centráronse na fachada dianteira e no espazo existente entre a segunda muralla e o foxo. Durante os traballos atopouse abondoso material cerámico (datado entre os séculos XI a XIII): olas, cuncas, vasos, xerras, botellas, potes ou testos, e tamén un total de oito moedas.

Situación actual
     Na actualidade quedan soamente os vestixios do que noutrora fora unha das fortalezas militares maiores de Galiza, da que hoxe en día poden verse os cimentos da localización orixinal, na punta da Praia da Torre (nomeada así por mor da presenza do castelo), na desembocadura do río Té.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

O MAMUT DO INCIO - VAL DO MAO - O INCIO

 O MAMUT DO INCIO

VAL DO MAO

O INCIO

     Instalouse na parroquia de Val do Mao unha escultura que lembra o achado en 1961 do único fósil desta especie atopado en Galicia

     No municipio do Incio instalouse unha réplica a tamaño natural de dous mamuts, un exemplar adulto e unha cría, dentro dunha campaña promovida polo Concello que aproveita a circunstancia de que este municipio é o único de Galicia onde se atoparon restos desta especie prehistórica.

       As esculturas colocáronse xunto á estrada LU-641, nun terreo cedido pola comunidade de montes de Reboiro e acondicionado polo Concello. A paraxe atópase preto dos límites do municipio de Samos.

      Os restos fósiles do mamut do Incio foron atopados en 1961 nunha canteira de rocha calcaria situada na localidade de Buxán e pechada fai xa moito tempo, que nesa época era explotada pola empresa Cementos do Noroeste. Os ósos foron estudados no seu día polo soado xeólogo Isidro Parga Pondal e polo paleontólogo Emiliano Aguirre, que despois sería o primeiro director das escavacións dos xacementos de Atapuerca. Os restos consérvanse no Museo de Historia Natural Luís Iglesias, pertencente á Universidade de Santiago.

VIDEO

MAPA

 

Autor: Francisco Albo

Fuente: La Voz de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE LOIMAR - BEALO - BOIRO

 CRUCEIRO DE LOIMAR

LOIMAR

BEALO

BOIRO

  Cruceiro de capela
     Unha tipoloxía particular de cruceiro é o denominado cruceiro de capela, chamados así porque o fuste remata nunha pequena capeliña aberta ó fronte, que leva no interior a imaxe da Virxe. Sobre o teito desta capeliña érguese a cruz característica dos cruceiros.

     A maioría dos que se puideron datar corresponden ó século XVII, aínda que hai exemplares datados entre o XVI e o XVIII. Suxeriuse que están relacionados cos rollos ou picotas castelás, pelourinhos en Portugal, dos que xa non queda ningún en Galicia.

Estrutura
     Son todos eles menos esveltos cós cruceiros clásicos, cun fuste máis curto e groso, adoito de sección octogonal ou cadrada achafranada. Por veces, o fuste presenta algunha decoración, como pode se-los instrumentos da Paixón, imaxes de santos (San Francisco de Asís, San Antón de Padua, San Bieito, San Bernardo ou o apóstolo Santiago). Tamén poden verse cunchas de vieiras ou outros elementos.

     A base está formada por unha plataforma de planta cadrada con varios chanzos de pedra. En ocasións, é octogonal pero, en calquera caso, a plataforma é normalmente baixa. A columna carece de pedestal e remata nun capitel plano, coa única función de servir de base á capela. Por veces pode ter un anxo con ás esculpido na parte anterior e, ocasionalmente, tamén nos bordos laterais.

     A capela está formada por tres pedras cuadrangulares que abren polo frontal, formando unha estrutura prismática aberta. As paredes son lisas e sen ornamentar, aínda que ás veces presenta baixorrelevos nas caras externas –máis frecuentes nos cruceiros máis antigos- ou decoración de bólas nos bordos. Cando existe, esta decoración exterior pode representa-la Virxe, Santiago ou outra imaxe relixiosa (Cristo, San Francisco, o papa San Clemente ou San Gregorio). En Rois hai un que tamén presenta imaxes esculpidas nas caras interiores.

     A capela pecha por riba por un teito de base plana e coa parte superior a modo de telladiño a catro augas. Hai cruceiros, coma o de Loreto, en Porto do Son, nos que o teito remeda unha bóveda de canón.

     En case tódolos casos, a capeliña está ocupada pola imaxe dunha Virxe co meniño no colo; en exemplares máis modernos pode estar representada a Inmaculada ou a Virxe Dolorosa. É precisamente a Virxe de Loreto, frecuente nestas capeliñas, a que lle dá o nome de cruceiros de Loreto co que tamén se designan. Non son infrecuentes os cruceiros baleiros por roubo da imaxe, que nalgún caso foi substituída por outra moderna.

     Sobre a capela, érguese unha cruz coma nos cruceiros clásicos, co Cristo esculpido na cara anterior e só ocasionalmente unha Piedade na posterior, coma no Cruceiro das Neves de Ourolo, Taragoña, ou no de Pastoriza, tamén en Taragoña.

     Só se ten constancia dun dos escultores deste tipo de cruceiros, Xohán de Vilasoa, de Comoxo (Boiro). Castelao recolle de Pérez Constanti un documento datado en 1589 polo que se lle contrata a construción por nove ducados do cruceiro de Teaño (Boiro), "con su caja donde se ponga la imagen de Ntra. Sra. y con tres escaleras al pié, de buena piedra (...) y las imágenes muy buenas...". Deste cruceiro xa só quedan algúns restos.

     Descoñécese se orixinalmente estiveron pintados ou non, pero hai constancia nalgúns casos de que os veciños pintan as imaxes, sobre todo a da Virxe, con vivas cores. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO AVELÁN - SAN XOÁN DE LAIÑO - DODRO

 CRUCEIRO DO AVELÁN

SAN XOÁN DE LAIÑO

DODRO

 Tamén chamado Cruceiro do Avelán ou Abelán.

     Queda no “camiño sacramental”, tanto para ir á igrexa de San Xoán, que é actualmente a parroquial, como antes para a de San Xiao, por onde había que pasar cos defuntos das aldeas da Devesa, Bustelo e Teaio.

     Consta de tres chanzos sobre o que se asenta un fuste voluminoso de sección cadrada no que se fixo unha especie de fornela que puido acoller algún tipo de imaxe.

     Neste fuste figura a data de construción -1672- xunto con unha longa inscrición que quedou partida pola pequena fornela.

     Sobre o capitel aséntase a capeliña ou fornela. O monumento remata coa cruz, asentada no teito da capela, sobre unha pequena base cúbica con adorno nas catro caras en zigzag.

     É un dos cruceiros máis antigos de Galicia e actualmente celébrase unha romaría para celebrar o Día da Santa Cruz  

MAPA

 

Fuente: Paxina de Cruceiros de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DE OUTEIRO - TARAGOÑA - RIANXO

PETO DE OUTEIRO

TARAGOÑA

RIANXO

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...    

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA