miércoles, 6 de julio de 2022

ERMIDA DO SANTO ROSARIO - CHORENTE - O OURAL - SARRIA

 ERMIDA DO SANTO ROSARIO

CHORENTE

O OURAL

SARRIA

      A ermida do Santo Rosario, en Oural, foi construída polo propio ermitán

     O coñecido como o ermitán de Oural fixérase popular nos anos 90 por construír coas súas propias mans unha ermida nun monte de Sarria.

Máis de 20 anos desde que a rematou e máis de 30 desde que comezara a construíla.

     Foi a obra e ilusión de Manuel Vázquez, coñecido como o ermitán de Oural, clara alusión á parroquia sarriá onde se atopa esta singular ermida. 

      Inspirada en Gaudí polos anos que pasou en Barcelona e levada a cabo por unha especie de revelación nunha viaxe a Grecia.

     A ermida do Santo Rosario arrastra problemas de humidades e de acceso ao lugar. De aí as cores, os cristais.

     O lugar fora inaugurado no 98 polo fundador do circo de Benposta e tivera no seu tempo certa notoriedade e visitas de turistas. Hoxe, aos problemas de acceso de hai anos, súmanselle outros novos.

      Con todo, cando non hai goteiras, a ermida segue aberta ao público.

     Manuel, que tivo que facerse cargo de dous irmáns con diversidade funcional, non puido atendela todo o que lle gustaría. ueretirarse alí para rezar rosarios.

O Oural
     O Oural é un lugar da parroquia de Chorente, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria. Atópase a 600 metros de altitude.

     Segundo o IGE, en 2017 tiña 323 habitantes (155 homes e 168 mulleres).

Economía
      O núcleo do Oural naceu a consecuencia da apertura da factoría de Cementos Cosmos, xa que antes non existían casas na zona.

Comunicacións
      Polo Oural pasa a estrada LU-546 que une Lugo e Monforte de Lemos. Tamén rodea a localidade polo oeste o corredor CG-2.2 que realiza o mesmo percorrido que a estrada anterior sen pasar polas localidades. A estrada secundaria LU-642 une O Oural co concello do Incio.

     Tamén pasa polo Oural a liña ferroviaria León-A Coruña, que conta cunha estación na localidade, aínda que actualmente non ten servizo de pasaxeiros.  

Chorente
     San Xulián de Chorente é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. 

      Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 464 habitantes (222 homes e 242 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 493 habitantes.

Economía
      Destaca a fábrica de cemento de Cementos del Noroeste no Oural.

Patrimonio
     A igrexa parroquial ten a fachada en estilo románico, sendo o resto unha construción do século XVIII. Hai dúas capelas na honra de san Marcos e santo Antonio.

Lugares de Chorente
      Airexe, Carballo, Ferradal, O Oural, A Quintá, Sanguñedo, Santigoso, Traslodeiro, Vilaverde


Comarca de Sarria
     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. 


     Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.  

MAPA

 

Fuente: Radio Television de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN LOURENZO - ANXÁ - BERREDO - A BOLA

 CAPELA DE SAN LOURENZO

ANXÁ

BERREDO

A BOLA

Anxá
     Anxá é un lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo no concello ourensán da Bola na comarca da Terra de Celanova.

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña dous habitantes (un home e unha muller), un menos ca en 2010 (dous homes e unha muller).

Santa Baia de Berredo
      Santa Baia de Berredo é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 260 habitantes (121 homes e 139 mulleres).

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.


Lugares de Santa Baia de Berredo
     Aldea Ferreiro, Anxá, A Bola, Casal do Río, O Castro, Chaos, Covas, Murzás, Outeiro, O Pazo, Requeixo, Santa Baia da Bola, Seixomil, Tixosa

Parroquias da Bola    
     Berredo (San Miguel), Pardavedra (Santiago), Podentes (Santa María), San Martiño de Berredo (San Martiño), Santa Baia de Berredo (Santa Baia), Sorga (San Mamede), Soutomel (Santa Locaia), Veiga (San Munio)  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO SEÑOR DO GALO - BARCELOS

 CRUCEIRO DO SEÑOR DO GALO

BARCELOS

 Cruceiro do Señor do Galo
     Situado no Museo arqueoloxico de Barcelos, este cruzeiro do s. XIV ten labrado no fuste o momento en que o Apóstolo Santiago sostén polos pés a un peregrino inxustamente condenado, salvándolle de morrer na forca.

     É unha escena da lenda popular do Galo de Barcelos, moi similar á da localidade xacobea de Santo Domingo da Calzada.

     No caso de Barcelos narra como un peregrino condenado a morrer defende a súa inocencia ante o xuíz, que nese momento dispoñíase a comer un galo asado.

     En proba da súa inocencia asegúralle ao xuíz que o galo que ten no prato volverá cantar.

     No momento do aforcamiento sucede o milagre, o galo salta da mesa e o xuíz corre cara á forca, onde atopa ao Apóstolo salvando ao peregrino.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DE SAN CLODIO-QUIROGA - RIBAS DE SIL

ESTACIÓN DE SAN CLODIO - QUIROGA

RIBAS DE SIL

Estación de San Clodio-Quiroga
     San Clodio-Quiroga é unha estación de tren de Adif situada en San Clodio, no concello de Ribas de Sil, a escasos quilómetros de Quiroga. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 333,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 246 metros de altitude, entre as estacións do Freixeiro e Soldón-Sequeiros. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña. 

     As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.

     En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. 

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO PAZO - O PAZO - RIANXO

CRUCEIRO DO PAZO

O PAZO

RIANXO

   Cruceiro de capela
     Unha tipoloxía particular de cruceiro é o denominado cruceiro de capela, chamados así porque o fuste remata nunha pequena capeliña aberta ó fronte, que leva no interior a imaxe da Virxe. Sobre o teito desta capeliña érguese a cruz característica dos cruceiros.

     A maioría dos que se puideron datar corresponden ó século XVII, aínda que hai exemplares datados entre o XVI e o XVIII. Suxeriuse que están relacionados cos rollos ou picotas castelás, pelourinhos en Portugal, dos que xa non queda ningún en Galicia.

Estrutura
     Son todos eles menos esveltos cós cruceiros clásicos, cun fuste máis curto e groso, adoito de sección octogonal ou cadrada achafranada. Por veces, o fuste presenta algunha decoración, como pode se-los instrumentos da Paixón, imaxes de santos (San Francisco de Asís, San Antón de Padua, San Bieito, San Bernardo ou o apóstolo Santiago). Tamén poden verse cunchas de vieiras ou outros elementos.

     A base está formada por unha plataforma de planta cadrada con varios chanzos de pedra. En ocasións, é octogonal pero, en calquera caso, a plataforma é normalmente baixa. A columna carece de pedestal e remata nun capitel plano, coa única función de servir de base á capela. Por veces pode ter un anxo con ás esculpido na parte anterior e, ocasionalmente, tamén nos bordos laterais.

     A capela está formada por tres pedras cuadrangulares que abren polo frontal, formando unha estrutura prismática aberta. As paredes son lisas e sen ornamentar, aínda que ás veces presenta baixorrelevos nas caras externas –máis frecuentes nos cruceiros máis antigos- ou decoración de bólas nos bordos. Cando existe, esta decoración exterior pode representa-la Virxe, Santiago ou outra imaxe relixiosa (Cristo, San Francisco, o papa San Clemente ou San Gregorio). En Rois hai un que tamén presenta imaxes esculpidas nas caras interiores.

     A capela pecha por riba por un teito de base plana e coa parte superior a modo de telladiño a catro augas. Hai cruceiros, coma o de Loreto, en Porto do Son, nos que o teito remeda unha bóveda de canón.

     En case tódolos casos, a capeliña está ocupada pola imaxe dunha Virxe co meniño no colo; en exemplares máis modernos pode estar representada a Inmaculada ou a Virxe Dolorosa. É precisamente a Virxe de Loreto, frecuente nestas capeliñas, a que lle dá o nome de cruceiros de Loreto co que tamén se designan. Non son infrecuentes os cruceiros baleiros por roubo da imaxe, que nalgún caso foi substituída por outra moderna.

     Sobre a capela, érguese unha cruz coma nos cruceiros clásicos, co Cristo esculpido na cara anterior e só ocasionalmente unha Piedade na posterior, coma no Cruceiro das Neves de Ourolo, Taragoña, ou no de Pastoriza, tamén en Taragoña.

     Só se ten constancia dun dos escultores deste tipo de cruceiros, Xohán de Vilasoa, de Comoxo (Boiro). Castelao recolle de Pérez Constanti un documento datado en 1589 polo que se lle contrata a construción por nove ducados do cruceiro de Teaño (Boiro), "con su caja donde se ponga la imagen de Ntra. Sra. y con tres escaleras al pié, de buena piedra (...) y las imágenes muy buenas...". Deste cruceiro xa só quedan algúns restos.

     Descoñécese se orixinalmente estiveron pintados ou non, pero hai constancia nalgúns casos de que os veciños pintan as imaxes, sobre todo a da Virxe, con vivas cores.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 5 de julio de 2022

TORRE MEDIEVAL DE BARCELOS OU TORRE DO CIMO DA VILA - BARCELOS

 TORRE MEDIVAL DE BARCELOS

TORRE DO CIMO DA VILA

BARCELOS

 Torre de Barcelos
     A torre de Barcelos ou torre do Cimo da Vila, que recibe tamén os nomes de torre da porta, da porta nova, do postigo da muralla e da prisión é unha construción situada en Barcelos, no norte de Portugal.

     É monumento nacional desde 1926.

      Foi a antiga torre da homenaxe da poboación e a única en pé das tres que formaron parte da muralla.

       Inicialmente serviu como residencia do alcalde.

      Usouse como prisión dende o século XVII ata 1932, data na que pasou a ser museo arqueolóxico.

     Actualmente alberga o centro de artesanía de Barcelos.

     A torre ten planta cuadrangular e paredes de perpiaños de granito, que no alzado norte chegan a ter dous metros de espesor.

Torre da homenaxe
     A torre da homenaxe é a parte da estrutura central do castelo medieval na que se concentran os dormitorios e principais salas e constitúe o principal punto de poder e último reduto de defensa.

     Esta torre é máis alta do que a cerca da muralla, permitindo o tiro directo para fora desta. 

     É frecuentemente de planta cuadrangular, coa entrada no primeiro piso, sendo o acceso apenas posíbel por unha escada de madeira, facilmente removíbel ou eliminada se fose o caso de perda do resto das estruturas. Nela están a armería e o pozo principal.

    Tamén pode ter planta circular, hexagonal, octogonal ou en forma de polígono irregular. 


     De feito, moitos castelos son pouco máis que unha torre da homenaxe.

     As máis antigas consistían nunha simple torre cadrada con muros anchos e cara o século XI adquiriran xa as características típicas. A súa forma e función mudaron co tempo e variaban coa rexión.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA