viernes, 11 de febrero de 2022

CAPELA DE SAN SEBASTIAN - FACHA - PONTE DE LIMA

 CAPELA DE SAN SEBASTIAN

FACHA

PONTE DE LIMA

 Facha
      Facha e uhna fregresia portuguesa do municipio de Ponte de Lima. Según el censo de 2021, ten una poboación de 1390 habitantes.

     Foi vila e sede de concello ata o inicio do seculo XIX. O municipio denominabase Santo Estevo da Facha e estaba constituido por as freguesias de Vitorino das Donas. Tiña, en 1801, 1.149 habitantes.

Ponte de Lima
     Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

     É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

     Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Toponimia
     O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia
     A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

      A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

      A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

      Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 10 de febrero de 2022

PETO DE SAN ANTONIO - R. AGOSTINHO J. TAVEIRA - PONTE DE LIMA

 PETO DE SAN ANTONIO

R. AGOSTINHO J. TAVEIRA

PONTE DE LIMA

Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 
 
MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN ANTONIO - CORRELHA - PONTE DE LIMA

 PETO DE SAN ANTONIO

CORRELHA

PONTE DE LIMA

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DA CANDEIRA - CORRELHA - PONTE DE LIMA

 PETO DA CANDEIRA

miércoles, 9 de febrero de 2022

PETO DE SANTIAGO - FACHA - PONTE DE LIMA

 PETO DE SANTIAGO

FACHA

PONTE DE LIMA

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 8 de febrero de 2022

PONTE DAS TÁBUAS - RÍO NEIVA - BALUGAES - BARCELOS

PONTE DAS TÁBUAS

RÍO NEIVA

BALUGAES

BARCELOS

Ponte das Tábuas
      Este ponte sobre el río Neiva, a cabalo entre as fregresias de Aguiar e Balugães, xa aparece documentado no ano 1135. 

     O parecer a estructura primitiva pudo ser de madeira pero a fábrica que vemos actualmente, de dous arcos, levantóuse no seculo XVI.

Río Neiva

     Río portugués de uns 45 kilómetros, que nace nos Montes Urales, a uns 722 metros sobre o nivel do mar e discurre cara o sur de Castelo de Neiva.

Balugães

      Balugães es una freguesia portuguesa del concello de Barcelos, con 2,98 km² de área y 863 habitantes (2001). A densidade de población: 289,6 hab/km².

Patrimonio
    Castro de Carmona

Barcelos
     Barcelos é unha cidade portuguesa no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Cávado, con preto de 5.200 habitantes.

      É sede dun concello de 378,70 km² de área e 124.555 habitantes (2008), dividido en 89 freguesías (é o concello con maior número de freguesías de Portugal). 

     O concello áchase limitado ó norte polos concellos de Viana do Castelo e Ponte de Lima, ó leste por Vila Verde e  Braga, ó sueste con Vila Nova de Famalicão, ó suroeste con Póvoa de Varzim e ó oeste por Esposende.

     D. Afonso Henriques concedeulle un foro en 1140. Está irmandada coa vila de Pontevedra. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA