martes, 25 de enero de 2022

PONTELLA EN VILAVERDE - RÍO OUTEIRO - VILAVERDE - QUINS - MELÓN

PONTELLA EN VILAVERDE

RÍO OUTEIRO

VILAVERDE

QUINS

MELÓN


  Vilaverde
     Vilaverde é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. Tiña 69 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 38 eran homes e 31 mulleres.

Quins
        Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.


Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Melón
      Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes.

Xeografía
     O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

      Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.

 Parroquias de Melón    
     Melón (Santa María), Quins (Santa María)

Comarca do Ribeiro
       A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas.

     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 21 de enero de 2022

CAPELA DE SAN MIGUEL - CRESPOS - PADRENDA

 CAPELA DE SAN MIGUEL

CRESPOS

PADRENDA

 Capela de San Miguel
     Sinxela construción do século XVIII cunha lenda curiosa: "darlle a volta á pedra para que cambie o tempo", referencia clara das rogativas que dende época medieval se facían ao sacar o santo de procesión arredor da ermida.

     Dende este lugar hai unha boa visión panorámica, divisándose segundo o dito popular "dúas nacións, tres provincias e dez concellos".

Crespos
     San Xoán de Crespos é unha parroquia do concello de Padrenda na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 579 habitantes, deles 282 eran homes e 297 eran mulleres.

Lugares de Crespos
     A Barxa, Alén, Ameán As Canles, As Lamas, Baltamarón, Carballal, Casal de Veco, Freáns, Gresufe, Morgade, O Pontillón, Redondelo, Requeixo, Rodenlas, San Amaro, San Roque de Crespos, Seoane, Zacumeira, Zaqueiradas

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 19 de enero de 2022

EXPO "O CAMIÑO E AS ARTES" - MUSEO DE PONTEVEDRA

EXPO "O CAMIÑO E AS ARTES" 

MUSEO DE PONTEVEDRA

 


      A exposición " O Camiño e as Artes" e organizada por a Asociación de Amigas e amigos do camiño portugués que se podra ver no Museo de Pontevedra a e na que participan un importante numero de artistas de todos os eidos das artes de Galicia e Portugal.

      O Camiño e as Artes , comisariada por Tino Lores, e unha mostra colectiva intenta mostar diferentes tipos de artes, porpostas e visión do Camiño.

      A mostra reune a  máis de trinta artistas e persoas creadoras de Galicia e Portugal.

     A mostra poderase visitar dende o vindeiro 21 de xaneiro ata o 21 de marzo.

     Eu quero dar o meu agradecemento os organizadores e a Tino Lores por convite pa formar parte de deste gran medio de divulgacion e poñer en valor o noso patrimonio, cultura tradicions, lugares ... da nosa Galicia e irma Portugal

     As fotos que ilustran este traballo son a miña pequena aportacion a Expo, o titulo da miña fotos e "O Camiño da auga" onde vive a maxia.


Pintores

      Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou Rafael Úbeda, pintor e músico.

Escultura

      Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; e outro apartado de artesanía no que haberá pezas anónimas de Barcelos (Portugal), creacións da zoqueira Elena Ferro ou do artesán Joaquim Esteves.

Musica

     A cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, a vocalista Noelia Solleiro, e tamén da danza a través de Glau Fonseca.

Escritura e Poesia

     A escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo.

Fotógrafos 

     Aquilino Valiño, Enrique Ruis e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE CEVIDE - RÍO TRONCOSO OU BARXAS - PADRENDA

MUIÑO DE CEVIDE

RÍO TRONCOSO OU BARXAS

PADRENDA

 Río Troncoso
      Trátase dun río internacional, conformando ao longo da maioría do seu curso a Fronteira entre España e Portugal (a Raia/Raia), separando o municipio portugués de Melgaço do municipio español de Padrenda.

     O punto próximo á fonte de río onde a fronteira abandona o curso de correntes de auga para axustarse ao dos cumes da sierra do Laboreiro pode ser considerado como o principio da Raia seca.

Nacido na sierra do Laboreiro (Portugal), ten unha lonxitude total de 14 km.

A Raia
     A Raia é o nome informal co cal se coñece tradicionalmente a fronteira terrestre entre España e Portugal.

     Dunha forma máis ampla, A Raia é igualmente o espazo xeográfico, a ambos os lados da fronteira política, en que a poboación comparte uns mesmos elementos históricos, culturais, económicos e mesmo lingüísticos por veces.

     Na parte galego-portuguesa é frecuente distinguir entre a fronteira hidrográfica e a trazada na terra.

     Así, a raia húmida coincide co curso do río Miño na provincia de Pontevedra (Baixo Miño, O Condado e A Paradanta), mentres que a raia seca se corresponde co sur da provincia de Ourense (Terra de Celanova, Baixa e Alta Limia, val de Monterrei e As Frieiras).

Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 

      A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 15 de enero de 2022

A PENA BICUDA - BOUZABOA - TRANSMONTE - FRIOL

A PENA BICUDA

BOUZABOA

TRANSMONTE

FRIOL

 A Pena Bicuda
     Dise que recibe este nome porque nun dos seus extremos a pedra prolóngase a xeito de fuciño ou bico, quizais dun descoñecido animal que en tempos pretéritos deambulaba por estes lugares. Na parte inferior da pena, nun pequeno acubillo, vese unha gran pía escavada na pedra, cremos que de carácter antrópica.

    Tamén puidemos ver unha pía (posiblemente natural) e varias coviñas artificiais distribuídas en dous grupos.

     O que si chama a atención é o equilibrio que mantén a enorme rocha pois, apoiada sobre outra gran pena, o seu contacto con esta é minúsculo (lémbranos a Pena Abaladoira da Picaraña, en Ponteareas). É máis, semella que mantén o equilibrio grazas a un carballo que medrou entre as fisuras da rocha inferior.

Trasmonte
     Santiago de Trasmonte é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. 

     Tiña 81 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 36 homes e 45 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 15 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 96 habitantes (41 homes e 55 mulleres) e 14 menos que en 2004.

Lugares de Trasmonte
      A Bouzaboa de Abaixo, A Bouzaboa, A Calle, O Curral, A Devesa, O Estanque, O Fontao, Os Mosqueiros, A Muraza, O Pazo, A Pena, A Ramada, A Rocha, Vilariño, Vilarmende

 Comarca de Lugo
      A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade. 

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 14 de enero de 2022

MUIÑOS NO POZO DO ARCO - RÍO TAMUXE - BURGUEIRA - OIA

 MUIÑOS NO POZO DO ARCO

RÍO TAMUXE

BURGUEIRA

OIA

Burgueira
      San Pedro de Burgueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Oia na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra.

     Segundo o IGE, no 2013, tiña 410 habitantes (197 homes e 213 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 487 habitantes.


Lugares de Burgueira
      A Aldea, Bonaval, O Campo, A Cheira, Os Eidos de Abaixo, Os Eidos de Arriba, A Mouta de Abaixo, A Mouta de Arriba, A Portela, Torroña, Vilariño, O Viso, Xiguente

Oia
      Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio é oiense.

     A capital municipal sitúase no lugar do Arrabal.

Xeografía
      Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polas estribacións en dirección N-S da Serra da Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa.

     Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Loureza e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sur atópase o val do Rosal.

      Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (Alto da Gabiñeira, 610 m) e no monte Pedrada (518 m). 

      Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15 °C.

 
 Parroquias de Oia    

     Burgueira (San Pedro), Loureza (San Mamede), Mougás (Santa Uxía), Oia (Santa María), Pedornes (San Mamede), Viladesuso (San Miguel)


Comarca do Baixo Miño

      A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.


Situación
     A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA