miércoles, 8 de diciembre de 2021

MUIÑO DO PEIZAL - REGO DO PEIZAL - GRADOI - REBOREDO - ANTAS DE ULLA

MUIÑO DO PEIZAL

REGO DO PEIZAL

GRADOI

REBOREDO

ANTAS DE ULLA

Reboredo
     Santiago de Reboredo é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 34 habitantes (18 mulleres e 16 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 46 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 25 habitantes, sendo 14 homes e 11 mulleres.

Lugares de Reboredo
     Baldriz, Gradoi, Martín, Ourás

Gradoi
      Gradoi é un lugar da parroquia de Reboredo no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2011 tiña 13 habitantes (6 homes e 7 mulleres).

Comarca da Ulloa
      A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

      No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

CRUCEIRO PETO DE ARÁNS - OROSO - A CAÑIZA

 CRUCEIRO PETO DE ARÁNS

ARÁNS

OROSO

A CAÑIZA

Parroquia de Oroso

     Limita co Concello de Crecente e o municipio ourensano de Melón. Con máis de 400 habitantes dista da Cañiza 2'8 km e alcanza unha altitude máxima de 535 m. Atópase bañado polo río Ribadil. Nesta parroquia aséntase o polígono industrial municipal da Cañiza.

      Avila e La Cueva escribía no ano 1852 no seu libro Historia Civil e Eclesiástica da Cidade de Tui e o seu Obispado "Atópanse aquí as augas chamadas Santas no sitio do Burgo que son medicinales para varias enfermidades e especialmente para os que padecen mal de pedra (cálculos en ouriña). Ten feira principal todos os días 6 de cada mes no lugar de Aráns, dista da capital Cidade de Tui 6 leguas."


PARROQUIA DE OROSO:
     Limita co Concello de Crecente e o municipio ourensano de Melón. Con máis de 400 habitantes dista da Cañiza 2'8 km e alcanza unha altitude máxima de 535 m. Atópase bañado polo río Ribadil. Nesta parroquia aséntase o polígono industrial municipal da Cañiza.

     A súa patroa é Stª María, pero ademais os veciños senten especial veneración pola Virxe das Dores. Celebran o seu festividad o último domingo de xullo. Fronte á Igrexa Parroquial consérvase un magnífico “cruceiro” de pedra.

   Conta con 7 Comunidades de Montes Vecinales en Man Común: 

      CMV de Ribadil, CMV de Igrexa, CMV de Paredes, CMV de Carballal, CMV de Vos Gómez, CMV de Aráns e CMV de Guntín.

     En terreo comunal están instaladas turbinas eólicas do Parque do DEVA que mantén a empresa ACCIONA instalada tamén no polígono industrial da zona. Os veciños dispoñen dun Centro Cultural próximo ao barrio de Igrexa.

     No libro Historia Civil e Eclesiástica da Cidade de Tui e o seu Obispado (1852. Francisco Avila e a Cueva) recóllese a seguinte descrición da parroquia por aquel entón.

     Invoca por Patroa esta parroquia a Santa María a Nai de Deus, que celebran a 8 de setembro, No ano 1852 estaba habitada por 182 veciños que correspondían polo contencioso político e gobernativo á Xustiza de Crecente. Valen os seus diezmos 20.500 rs. Que insólidum percibe o párroco, o que ten casa rectoral e iglesario de 3 ferrados e medio de pan en semiente. Ademais percibe de renda anual 100 rs en diñeiro. A fábrica da igrexa non cobra nin posúe nada. Este Beneficio é de presentación Real e Ordinaria.

     Atópanse aquí as augas chamadas Santas no sitio do Burgo que son medicinales para varias enfermidades e especialmente para os que padecen mal de pedra (cálculos en ouriña). Ten feira principal todos os días 6 de cada mes no lugar de Aráns, dista da capital Cidade de Tuy 6 leguas.

MAPA

 

Fuente: Concello de A Cañiza

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO NO RÍO OUTEIRO - BARCIA - QUINS - MELÓN

MUIÑO NO RÍO OUTEIRO

BARCIA

QUINS

MELÓN

 Barcia
     Barcia é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro.

     Tiña 78 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 36 eran homes e 42 mulleres.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Quins
        Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

     A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Melón
      Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes.

Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

      Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.

Comarca do Ribeiro
       A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.  A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



CAPELA DE SANTA LUCIA - NOVÓA - CARBALLEDA DE AVIA

CAPELA DE SANTA LUCIA

NOVÓA 

CARBALLEDA DE AVIA

 Santo Estevo de Nóvoa
      Santo Estevo de Nóvoa é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 38 eran homes e 54 eran mulleres.

Lugares de Santo Estevo de Nóvoa
     Santo Estevo

Carballeda de Avia
     Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes.O seu xentilicio é carballedés ou aviao .


Patrimonio
      A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

     A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros.

     A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural
      Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Parroquias de Carballeda de Avia     
     Abelenda das Penas (Santo André), Balde (San Martiño), Beiro (San Pedro), Carballeda (San Miguel), Faramontaos (San Cosmede), Muimenta (San Xiao), Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), Vilar de Condes (Santa María)

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 7 de diciembre de 2021

MUIÑO DO REGO DE SAN XOSÉ - REGO DE SAN XOXÉ - FILGUEIRA - CRECENTE

MUIÑO DO REGO DE SAN XOSÉ

FILGUEIRA

CRECENTE

 Filgueira
     San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.

      Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

     A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé.

     Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.

Historia e patrimonio
      Durante a romanización de Galicia construíuse unha calzada, e a conexión a través do río Miño facíase posteriormente coa barca de Filgueira.

      A igrexa de San Pedro de Filgueira é do século XVIII con fachada neoclásica, os cruceiros son da mesma época (o do atrio é de influencia portuguesa).

     Consérvanse varias pontes e muíños sobre pequenos ríos que baixan do monte Chan de Moeiras, entre os que destaca a ponte de San Xosé (sobre un regato do mesmo nome) cunha capela vella en fronte da ponte.

     A finais do século XIX chegou o ferrocarril e fórmase o barrio de Filgueira estación, un lugar moi concorrido xa que desde alí se cruzaba o Miño cara a Celanova e o balneario de Cortegada de Baños e se comerciaba, sendo moi importante o tráfico de madeira.

     Durante séculos funcionou como lugar de paso do Miño un posto de barcas entre ambas as dúas beiras e que ocasionou preitos entre o mosteiro de Celanova e unha familia nobre polas ganancias de dita barca, que funcionou dende a idade media ata principios do século XX, cando se construíu a ponte vella de Cortegada-Filgueira. O esmorecemento do lugar continúa coa emigración durante a segunda metade do século XX, cando se construíu o encoro de Frieira.

Lugares de Filgueira
     O Agro, A Aldea, Os Baróns, A Calzada, Cañoto, Os Carballás, A Carreira, Casares, Os Casás, O Ceo, A Choca, O Coiñedo, A Costa, A Devesa, A Ermida, Guillade, Os Martingos, O Outeiro, O Pazo, A Pousa, As Quintas, A Raxeira, O Rego, O Reguengo, O Rial, A Riba, A Rochela, O Romano, O Sifón, O Souto, O Surreiro, As Tabernas, A Ucha, A Viña

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA