sábado, 20 de noviembre de 2021

O CAMIÑO EN MARCHA - ETAPA PADRÓN A O MILLADOIRO - AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

O CAMIÑO EN MARCHA

ETAPA PADRÓN A O MILLADOIRO

AMIGAS/OS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

        O pasado domingo día 23 de Maio, un grupo moi numeroso pertencentes á Asociación dás Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago volveron á ruta Xacobea para iniciar a súa tradicional peregrinación de todos os Anos Santos, dende Porto a Santiago de Compostela, con este, xa son cinco.

     O Domingo día 14 de Novembro tocou a etapa Padrón a O Milladoiro, da que ahora compartimos algunhas imexes de ese día, espero que disfrutedes con elas.

     Ao longo dos proximos dias iremos compartindo as diferentes etapas que este grupo da Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago, esta realizando.

       Despois do paron provocado pola pandemia este ano pódese, e de feito xa son moitos os peregrinos que percorren os Camiños e no Portugues tiven a ocasion de ver moitos, a pesares do avanzado que vai o ano.

     Quero agradecer a Asociación das Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago a atencion que teñen sempre con nos,  en particular ao seu presidente Tino Lores e a Pilar Amaro que en todo momento estan atentos o que necesitamos.

     Esta é unha iniciativa aberta, polo que poden participar todas as persoas que o desexen, podendo unirse á mesma en calquera momento, e podo asegurar que todos e todas seran ben recibidos

     Nesta ocasion puden asistir personalmente e quedei sorprendido dos milleiros de persoas que percorren o Camiño.

     O proximo Domingo 21 de Novembro estaremos facendo a etapa O Milladoiro a Santiago e xa iredes vendo imaxes dese día

Camiño Portugués
      Coñécese como Camiño Portugués, ou máis concretamente Camiño Portugués Central (para unha mellor distinción dos demais), o camiño xacobeo que une Lisboa con Santiago de Compostela.

     O seu percorrido debuxa unha liña de sur a norte, que dende a capital lusa pasaría por Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, Valença do Minho, Tui, Pontevedra e Padrón.

     Utilizado xa dende a Idade Media, foi sempre un dous máis importantes camiños de Santiago e na actualidade é o segundo camiño en número de peregrinos, só superado polo Camiño Francés.

     Aínda que este é o máis coñecido e utilizado, hai moitos outros camiños de Santiago en Portugal.

     Dende fai anos estanse recuperando antigas rutas, aínda que a maioría serían afluentes ou variantes do Camiño Central: a máis frecuentada é Camiño Portugués dá Costa, que ten o seu punto de inicio en Porto e segue un itinerario próximo ao mar; dende a mesma cidade tamén pode tomarse unha alternativa "por agora minoritaria" como é a variante de Braga; outro ramal arrincaría  sur, dende Faro e a rexión do Algarve, aínda que presenta tramos aína sen sinalizar, e queagardamos  permita percorrer o país dun extremo a outro.

    A estas rutas xacobeas cabo engadir outras polo interior de Portugal, tales como o interesante Camiño Portugués Interior (que parte de Farminhãou-Viseu e segue por Lamego e Chaves cara a Verín, onde une á variante sanabresa dá Vía dá Prata), ou Camiño Zamorano-Portugués ou de Soutochao (que sae de Zamora e segue por Bragança cara a Chaves) ou Camiño Torres (desde Salamanca cara a Braga)

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 18 de noviembre de 2021

IGREXA DE SAN MIGUEL DE ESPORIZ - MONTERROSO

IGREXA DE SAN MIGUEL

ESPORIZ

MONTERROSO


Esporiz
     San Miguel de Esporiz é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.

     No ano 2007 tiña 2059 habitantes (1001 homes e 1058 mulleres), dous menos ca en 2006.

 Patrimonio
     A igrexa de San Miguel é de estilo románico do século XII. Foi a igrexa parroquial da vila de Monterroso ata que se construíu a nova na propia vila no século XX.

     Ten unha porta con arco de medio punto con dobre arquivolta. Nunha das reformas que se fixeron un dos canzorro foi levado a un dos muros laterais da igrexa. 

     As basas das columnas da porta principal estiveron baixo terra até que hai uns anos foron destapadas.

     No interior hai pinturas murais moi importantes por debaixo do caleado.

Lugares de Esporiz
     O Campo, A Cariza, A Carreira, As Castedas, Esporiz, Monterroso, Os Olmos, Podente


Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

   No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

     O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 15 de noviembre de 2021

CAPELA DE LOUREDO - LOUREDO - CORTEGADA

 CAPELA DE LOUREDO

SAN XOÁN DE LOUREDO

CORTEGADA


Louredo
     San Xoán de Louredo, (do latín lauretum, de laurum máis o sufixo abundancia etum, 'lugar onde hai loureiro'; fitotopónimo) é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a 345 metros sobor o nivel do mar.

     No ano 2007 tiña 123 habitantes, dos cales 60 eran homes e 63 eran mulleres, cunha maioría deles con idades superiores a 50 anos (pirámide poboacional invertida). En 2011 tiña 121 habitantes.


Patrimonio
         Pazo de Louredo: Construción civil nobiliaria dun só andel de planta escadrada, cun patio pechado por unha porta principal de arco de medio punto, no cal as xambas exteriores están enfeitadas con cadanseu escudo da familia dos Puga e unha cruz patada sobre peana sobre o lintel decorado este cunha moldura.

       Igrexa parroquial: de 1906 construída por Daniel Vázquez Gulías. No seu interior atópase unha talla de Xesuscristo con brazos móbiles e unha talla románica da Virxe en pedra.

       Cruceiro do Pireiro: Cruceiro de pedra con escena da crucifixión, coa figura da Virxe e san Xoán a seus pés, moi deteriorado e solto en partes no muro dunha viña, anteriormente atopábase no cruzamento da Alfarrapa coa Telleirta (Soutelo) ata que foi destruído parcialmente nun contronazo cuns bois dun carro, as pezas permaneceron caídas no chan varios anos ata que o dono da viña do Pireiro as rescatou a colocou na súa situación actual.

        Peto de ánimas: Altar de camiño, hoxe no lugar de Louredo (anteriormente na praza do Cazapedo xunto a un cruceiro do XVIII, contén un relevo en pedra dos condenados nas chamas e sobre eles a Virxe un anxo e un frade franciscano. Anteriormente tiña dous pináculos barrocos na parte superior.

        Capela de Louredo: Capela de arredores do s. XVI-XVIII, de planta rectangular cunha soa nave e tellado a dúas augas, na fachada topábase un minicampanario (hoxe apartado na parte de atrás da capela), ten unha soa porta con dúas fiestras a ambos lados e unha moldura que percorre os flancos, dentro no altar hai un oco en forma de medio arco iluminado por dúas fiestras abucinadas a ambos lados, no chan aínda se atopan as lousas antigas de sepultura cos buratos no medio, os vellos do lugar aínda lembran quen foi o último en soterrarse alí.

Lugares de Louredo
     Louredo


Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 


     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 14 de noviembre de 2021

TORRE DE FRIOL - SAN XIAO DE FRIOL - FRIOL

TORRE DE FRIOL

SAN XIAO DE FRIOL

FRIOL


Torre de Friol
     A torre de Friol é unha fortaleza medieval situada no concello de Friol.

Historia
      Probabelmente foi levantada no século XII, conservando da fábrica orixinal nos seus muros interiores marcas de canteiro semellantes aos das igrexas románicas levantadas nese século.

     Pertenceu á casa dos Altamira, e dela fixo morgado o conde Fernando de Freixomil. Tamén pertenceu aos Maldonado e á antiga liñaxe dos Prados (de orixe leonesa), que ten como estandarte o león rampante en sable sobre campo de ouro.

Características
     A fortificación sufriu importantes modificacións, conservándose os restos máis antigos pegados ao pazo levantado con posterioridade.

      A antiga torre da homenaxe é de planta cadrada, medindo máis de dez metros de lado. Na súa fachada norte ábrese á altura do terceiro andar unha pequena xanela de arco monolítico falso.

     A fachada oeste, que olla para o antigo patio de armas, ábrese, nos dous últimos andares, por medio de dúas pequenas xanelas de feitura similar á anterior. A fachada leste coñécese co nome de Vara Alta e foi obxecto de múltiplas modificacións, conservando na súa parte máis antiga unha porta de arco de medio punto realizado con grandes doelas e xambas de aresta en chafrán.

      No lado esquerdo do conxunto consérvase outro corpo da fachada, posibelmente do século XVII, divida en tres andares. Ábrese cunha porta con arco moldurado, e un balcón con balaustrada de ferro, apoiada sobre canzorros de pedra.

     Na actualidade a torre da homenaxe presenta unha fenda no alto dun dos seus muros, o que fai que o edificio ameace ruína.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 13 de noviembre de 2021

TORRE PAZO DE PENAS - PENAS - MONTERROSO

 TORRE PAZO DE PENAS

SAN MIGUEL DE PENAS

MONTERROSO

 PazoTorre de Penas

     Este pazo dátase no século XVI, con reformas no XVII e XVIII, aínda que se comezou a construir na alta idade media alá polo século VIII.

      Aínda hoxe, o lugar conserva a impronta arquitectónica do que foi o señorío histórico, coa igrexa, a torre e o pazo, cada un deles de diferentes etapas.

     Ten escudos armeiros dos Arias, dos Taboada e dos Ribadeneira. A planta ten forma de “L”, a partir da torre cadrada á que se lle adosa o pazo barroco, construido sobre dependencias anteriores. Os muros son de cachotería e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dúas e catro augas.

     A torre ten tres plantas e semisoto ademais de varias fiestras con arcos treboados. Dícese que estaba comunicada por medio de sinais coas torres do castro de Amarante.

     A casa consta dunha planta con patín e cheminea. O conxunto está pechado por un muro con portalón adintelado de acceso, con un escudo a cada lado da porta.

     Neste Pazo – Torre aloxáronse a raíña Doña Urraca e o seu marido Alfonso I, o batallador, conta a crónica que o rei executou ao alcalde do Castelo de Monterroso como represalia pola rebelión dos señores monterrosinos contra os monarcas. 

     O poeta Ramón Cabanillas recolleu esta historia no poema “A noite do Castelar”.

     Na actualidade o pazo pertence, trala compra do marquesado de Camarasa, á actual casa ducal dos Medinaceli.

Penas
     San Miguel de Penas é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 


      No ano 2007 tiña 169 habitantes, deles 114 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un aumento de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Penas
     Esteba, Ludeiro, San Miguel, Toxide, A Uceira, A Vacaloura, O Vilar 

MAPA 

  

Fuente: Concello de Monterroso

XOAN ARCO DA VELLA