miércoles, 7 de julio de 2021

IGREXA DE SAN PEDRO DE ESPIÑEIRA - ESPIÑEIRA - O IRIXO

 IGREXA DE SAN PEDRO DE ESPIÑEIRA

ESPIÑEIRA

O IRIXO

Espiñeira

     San Pedro de Espiñeira é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 94 habitantes, deles 44 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
      A igrexa parroquial é do século XVIII, con nave dun só corpo e capela maior, á que se accede por arco de medio punto. A sancristía está anexa no lado norte. No retablo maior, neoclásico, hai imaxes barrocas de San Pedro, Santa Lucía, a Virxe do Carme e San Blas.

       Hai tamén un Cristo crucificado barroco e unha talla popular de Santo Antón de Pádua. No templo gárdase un copón en prata do século XVII, un cáliz de prata do século XVIII e mais unha custodia. A carón do templo hai un cruceiro do século XVIII, con pousa.

     Na aldea de Munín hai un cruceiro de finais do século XX.

Lugares de Espiñeira
     Carballeda, Couso, Espiñeira, O Espiño, Munín, Trabazón

O Irixo
     O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

Xeografía
       O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Boborás.

       Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada. Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal. A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista. 

      Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías. 

        Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta. Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.


Parroquias do Irixo    
       Campo (Santa María), Cangues (Santo Estevo), A Cidá (Santa Mariña), Corneda (Santiago), Dadín (San Pedro), Espiñeira (San Pedro), Froufe (San Xoán), Loureiro (Santa Mariña), Parada de Labiote (San Xulián), Reádigos (Santa Baia), O Regueiro (San Pedro) San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

      Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
       No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


IGREXA DE SANTA MARÍA DO CASTELO - AIREXE - CASTELO - TABOADA

 IGREXA DE SANTA MARÍA

AIREXE

CASTELO

TABOADA

 Castelo
      Santa María de Castelo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 89 habitantes (52 mulleres e 37 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes.

Xeografía
     A parroquia ocupa o espazo centro-sur do concello. Limita ao norte con Carballo, ao leste con San Salvador de Ínsua e San Xián de Ínsua, ao sur con Sobrecedo e Vilela e o oeste con Campo. 


     O río Toldao atravésaa polo norte (marcando o seu linde nalgúns puntos) e vai desembocar no encoro de Belesar.

Consta de sete lugares: 

      Frameán, Perrelos, Faquiós, Airexe, Castelo, Ider e Covas.

      Predominan os bosques autóctonos de carballo e castiñeiro e os pastos. Na parte oriental a paisaxe é de ribeira.


Historia
      Da época prerromana consérvase o castro de Castelo, onde cada 7 de setembro se celebra a Queima das Fachas, declarada Festa de interese turístico de Galicia, e que abre as festas parroquiais.

      Da época romana consérvase un sartego ou furna antropomórfica preto do lugar de Frameán. A súa función semella ser máis como monumento funerario que como sepulcro. Similar a esta atópase unha en Fornas, no concello de Chantada.

      Tamén no lugar de Covas tense constancia dunha explotación de prata da que dan conta uns regos da leira e a denominación nalgún catastro da concentración parcelaria de Monte da Prata para un lugar próximo. Hai tamén unha fonte presumibelmente de orixe romana.

      Do período suevo-visigótico dá conta a toponimia: Faquiós e Frameán. No Testamento Odoariano, do ano 747, aparece por primeira vez o nome de Castelo, relacionado co citado castro.

      Da época románica dá conta a igrexa parroquial, no lugar de Airexe, da segunda metade do século XII e con algunhas modificacións posteriores.

      No lugar de Covas existe constancia de presenza humana durante a Idade Media: unha ponte sobre o Toldao anterior ao século XVI, cunha cruz do XVIII; durante a Idade Moderna, a capela. Estivo habitado por freires que traballaban as terras en réxime de autosuficiencia e cobraban o décimo de terras circundantes.

      Tamén o carlismo estivo presente na parroquia, se ben de maneira residual como no resto de Galiza. Deste período da Historia dá conta o Carballo dos Cartos, que segundo a lenda albergaba o tesouro dun carlista exiliado, que foi colocado no lugar de Airexe.

Lugares de Castelo
     Airexe, Castelo, Covas, Faquiós, Frameán, Ider, Perrelos


Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo a capital é Chantada.

     Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 6 de julio de 2021

PETRÓGLIFO DE ESPERÓN - BOENTE - GARGAMALA - MONDARIZ

PETRÓGLIFO DE ESPERÓN

BOENTE

GARGAMALA

MONDARIZ

Gargamala
     Santa María de Gargamala é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. 

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 337 habitantes (180 mulleres e 157 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 530 habitantes.

Lugares de Gargamala
      O Barro, Boente, Mourelle, A Rúa, O Soutiño, Vedrelos

Mondariz
      Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 4.742 habitantes. O seu xentilicio é mondaricense.

Xeografía
      Mondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra.

     Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Cañiza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz-Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.

     Está sucado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.

     O concello ten 12 parroquias, sendo dúas delas (Queimadelos e Vilasobroso) entidades locais menores.

Patrimonio
Castelo de Sobroso
     O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas que ten a súa propiedade. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.

Ponte de Cernadela.
     Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o río Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.

Parroquias de Mondariz     
     Frades (San Martiño), Gargamala (Santa María), Lougares (San Fiz), Meirol (Santo André), Mondariz (Santa Baia), Mouriscados (San Cibrán), Queimadelos (Santa María), Riofrío (San Miguel), Sabaxáns (San Mamede), Toutón (San Mateo), Vilar (San Mamede), Vilasobroso (San Martiño) 


Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

     Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



MOI AGRADECIDO O COLETIVO "A RENTE DO CHAN" E A "WORLD FRSH MIGRARION FUNDATION"

 "A RENTE DO CHAN"

 "WORLD FRSH MIGRARION FUNDATION"

GRAZAS

      O meu agradecemento  a Jesus de la Fuente do Colectivo "A Rente do Chan" por convidarme participar contando a nosa opinión dos Ríos Gallegos e en particular do Río Verdugo.

     Foi un privilexio compartir unha xornada super intensa coa xente de "A RENTE O CHAN" e o equipo de "WORLD FRSH MIGRARION FUNDATION" que esta a rodar o documental "DAN BUSTERS" (Cazadores de Represas) sobre atrancos nos río de Europa e inclue en el a presa do Inferno no Río Verdugo, actalmente sin uso.

      Poden contar connosco para o que podamos axudar, para difundir e concienciar do noso patrimonio natural. 

       No Video de este traballo falamos con Pao Fernández Garrido de "WORLD FISH MIGRATION FOUNDATION" que foi moi atenta con nos. GRAZAS 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 5 de julio de 2021

MUIÑO DOS DO TUNO - PRADO - COVELO

MUIÑO DOS DO TUNO

PRADO

COVELO

Prado
     San Salvador de Prado é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 157 habitantes (90 mulleres e 67 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 98 habitantes, sendo 50 homes e 48 mulleres.

Lugares de Prado
     As Carballas, Carballeira, Cende, A Costiña, Coveliño, Fondo de Vila, A Fraga, Os Loureiros, Outeiro, A Presa, O Toxaliño, As Veigas do Chan

Covelo
     Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio é «covelense».

     Limita cos concellos de Avión e Melón (na provincia de Ourense), A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes.

Patrimonio
     Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

 Parroquias de Covelo    
     Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago), Santiago de Covelo (Santiago)

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA