jueves, 1 de octubre de 2020

HORREOS DE CODESÁS - QUINS - MELÓN

HORREOS DE CODESÁS

QUINS

MELÓN

Codesás
      Codesás é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro. 

     Tiña 59 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 26 eran homes e 33 mulleres.

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense.

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

     A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo



Melón
     Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 

     Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Xeografía
     O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

     Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.


Parroquias de Melón

     Melón (Santa María), Quins (Santa María)


Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 

XOAN ARCO DA VELLA


miércoles, 30 de septiembre de 2020

PASARELA " O GALEÓN DE MANILA" PASARELA DE MANTÓNS DE MANILA - SETE ESPADELAS

PASARELA "O GALEÓN DE MANILA" 

ASOCIACIÓN ETNOGRÁFICA "SETE ESPADELAS"

PONTEVEDRA

     O dia 28 de Agosto abriase ao publico a ampliación do albergue de peregrinos a que fomos invitados por as xentes da Asociacion de amigos e amigas do Camiño Portugues a Santiago de Compostela, os que estamos moi agradecidos por pensar en nós para ese acto.

      En especial a Tino Lores e Pilar Amaro que nos fixeron sentinos como parte da familia de hospitaleiros do albergue.


      Ese dia pola tarde a Asociacion Etnográfica Sete Espadelas unha mostra sobre o Mantón de Manila, decir que resultou amena e sorprendente para os que non sabiamos nada ou moi pouco do Mantón.

     Co titulo de "O Galeón de Manila" e o bo facer da xente de Sete Espadelas percorremos a historia do Mantón asi como os diferentes modelos ao longo de mais de 200 anos de historia.

      O bo facer das modelos e das explicacións de David Quiñones e Jose Luís Rodríguez fixo que cada pase fose unha explosión de aplausos, pola miña banda decir que en algun momento quédeme sorprendido.

     Recoméndolles que si teñen ocasion non dubiden en asistir a mostra nalgún dos lugares de Galicia que vai percorrer co titulo "Mostra Ou Galeón de Manila".

Nota:
     Meu agradecemento a todos e todas que axudarón a facer este traballo.
     GRAZAS 

VIDEO

VIDEO

MAPA

  

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

martes, 29 de septiembre de 2020

"IN MEMORIAM MARÍA OTERO CASAS - SANTA MARÍA DE SACOS - VILA DE ARRIBA - CERDEDO COTOBADE

 IN MEMORIAM MARÍA OTERO CASAS

VILA DE ARRIBA

SANTA MARÍA DE SACOS

CERDEDO COTOBADE

    O que vou contar a continuación, non é o argumento dunha película nin dunha novela dos tempos do romanticismo. 

     O que ven de seguido é unha historia real que aconteceu moi pretiño de aquí non hai tantos anos.


      Esta tarde, Rosa e Manuel, veciños da Vila de Arriba en Santa María de Sacos, nas cercanías de Pontevedra recibíronnos na súa casa, e Rosa tivo a amabilidade de contarnos a historia pola que preguntábamos despois de ver os monumentos funerarios que enchen os camiños do lugar.

     Severino Cachafeiro tiña unha xestoría no centro de Pontevedra, donde tamén era posuidor de moitos inmobles.

     María Otero Casas naceu en Pontevedra e foi mestra na escola de Dorna aínda que, según nos comentan, a parella viviu en Pontevedra e non facía moita vida social.

     O 17 de xaneiro de 1974, María morre, exactamente ás 10 h da mañá, no hospital de Santa Rita, e Severino queda só. A parella non tivo fillos e vivían o un para o outro no seu fogar, na praza de Curros Enríquez de Pontevedra. 

     Seguramente Severino quería mostrar a súa dor pola perda de María, e pensaba que cantos máis recordos houbera dela, máis preto del a tería e, en pouco tempo, encheu a Vila de Arriba de monumentos e detalles feitos de granito, para que perduren no tempo, e todos se lembren de María e coñezan a súa paixón por ela.


     Según te achegas á Igrexa de Santa María de Sacos, mesmo na entrada, poderás ver un monumento funerario que tal vez parecera unha fonte, ou a cabeceira dun enterramento importante.

     Varias inscricións nas súas pedras indican o día e a hora do pasamento de María. No centro, nunha losa de mármore branco, o seguinte texto que reflexa o profundo pesar daquel home que perdera á súa compañeira de vida para sempre:

“LINDERO ENTRE DOS MUNDOS
SOLO UNA LOSA NOS SEPARA
TU DUERMES EN UNO SIN VIDA
YO EN OTRO TE VELO SIN ALMA”

     Máis adiante, na estrada, atopamos unha pequena torre que nos lembra as torres medievais e que ten similares inscricións, “Monumento funerario conmemorativo, María Otero Casas… “ e un reloxo coa hora; María morreu ás 10 h.   Ao lado desta torre, nun portal de pedra hai inscricións con datas e frechas… dalgún destes datos descoñecemos o significado.

     Encontramos no lugar a casa na que naceu Severino e na que viviron un tempo. Ésta ten unha peza de metal moi singular no seu tellado, parece unha frecha que podería indicar o camiño que nos leva ao ceo.

      Moi preto dela hai unha casa pechada, cun xardín descoidado, que nos chama a atención porque a súa fachada está decorada con multitude de detalles curiosos. Rosa cóntanos que esa casa é unha replica exacta da casa da Praza de Curros Enríquez de Pontevedra onde vivían María e Severino compartindo a súa vida. Esta casa nunca foi habitada… cando María morreu, Severino foi a vivir cunha sobriña, mestra tamén.

      Outro portalón de pedra cunha frecha branca…. E seguramente máis detalliños perdidos polos camiños.

     En agosto de 1989 morre Severino e pasa a ocupar un lugar no panteón familiar, no cemiterio de Santa María de Sacos, xunto a súa dona tan chorada.

     Chámanos a atención que no cemiterio atopamos unha tumba no chan e outra no panteón familiar co nome de María. 

      No panteón lemos unha frase curiosa, non nos estraña xa que en todos os monumentos visitados hai algún dato que non entendemos.

“Lo de más es lo de menos  1= 0 “

     Se non aparece ninguén que os resolva, haberá que volver e buscar respostas a estes enigmas.

Nota:

     Moitas Gracias a Pilar Gómez Buhibas por a sua axuda.

VIDEO

 MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


Texto: Pilar Gómez Buhigas

Fuentes: Nicanor Barros Gómez

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 26 de septiembre de 2020

PETRÓGLIFO DA IRENA - PARADA - PONTE CALDELAS

PETRÓGLIFO DA IRENA

PARADA

PONTE CALDELAS

Petróglifo da Irena
     Fermoso petróglifo situado nunha laxe con certa inclinación. Nela podemos ver un conxunto de coviñas, combinacións circulares e un grupo de cervos entre os cales semellan representar un enfrentamento.


     Este petróglifo foi dado a coñecer por Buenaventura Aparicio e Antonio de la Peña no ano 2004.


Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. 

 

     No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.

Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.

     Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.

     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.


     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.

     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.

Toponimia
     Probablemente, o municipio recibiu o seu nome pola antiga ponte sobre o río Verdugo, combinado co dos seus mananciais termais sulfuroso-sódicas ("caldas", do latín calida, calidae, "quente"). Aínda así, unha parte da xente do concello distingue entre Caldelas (núcleo principal) e Ponte Caldelas (municipio).

Patrimonio
     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.


     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.

     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben

     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.

     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.


     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.

Festas
     As festas patronais celébranse no último domingo de agosto, pero tamén son importantes as de San Vicente, en xaneiro, coa chamada Romaría do Cocido, e en setembro, a Virxe das Dores, en Anceu, cunha tradicional danza á que se atribúe unha orixe celta.


     Outra celebración gastronómica destacada é a Festa da Troita de Ponte Caldelas que inclúe un Concurso Internacional de Pesca Deportiva previo á degustación do prato. Celebrada o último domingo de maio, leva máis de 35 edicións.


     Outras festas da parroquia son a romaría de San Vicente en Parada, a romaría da Virxe da Saúde en Rebordelo, a festa do Muíño, en Taboadelo,[9] a festa dos Remedios en Vilarchán, a romaría de Cristo Rei en Xustáns e a festa de San Miguel en Contixe.


Parroquias de Ponte Caldelas 
    Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño) 

MAPA

 
 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA