martes, 10 de diciembre de 2019

MUIÑO DOS CASTIÑEIROS - REGUEIRO DE GUIXAL - XUSTÁNS - PONTE CALDELAS

MUIÑO DOS CASTIÑEIROS
REGUEIRO DE GUIXAL
XUSTÁNS
PONTE CALDELAS


XUSTÁNS
POBLACIÓN: 670
LUGARES: Aluncía, Baltar, Chan do Casal e Sobreiro
FESTAS: Romería de Cristo Rei: Lévase a cabo o primeiro domingo de xullo no lugar de Xustáns


     Meu agradecemento a Tino de Xustán e a sua señora por o tempo que nos adicou para facer posible este traballo


Xustáns
     San Martiño de Xustáns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. 


     Segundo o INE de 2017 tiña 571 habitantes (283 mulleres e 284 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 601 habitantes.


Xeografía
     A parroquia ten 9,1 km². Limita ao norte coa parroquia de Tourón, ao sur coa parroquia de Taboadelo e ao leste, coa parroquia de Ponte Caldelas. Cara o leste, tras o monte da Fracha, atópanse as parroquias de Marcón e A Canicouva pertencentes ao concello de Pontevedra.


     O punto máis alto da parroquia é o monte da Fracha (493 metros). Pola parroquia discorren principalmente dous ríos: o río Carballido, que é afluente do río San Vicente. Este, á súa vez é afluente do río Verdugo.


Demografía e servizos
      A poboación segue o patrón habitual de comportamento das parroquias da contorna da área urbana de Pontevedra, encadeando lixeiros descensos con subas, pero nun contexto xeral de avellentamento e lenta caída.


Servizos
     A parroquia ten diversos negocios, ademais dunha escola unitaria en activo. O groso dos servizos e a poboación atópanse no veciño lugar da Reigosa e na vila de Ponte Caldelas. Os empregadores do sector secundario máis próximos sitúanse no Polígono industrial do Campiño, a tan só un par de quilómetros da capital parroquial.



Patrimonio
     Santuario de Cristo Rei.
     Igrexa de San Martiño


     A igrexa parroquial de Xustáns atópase no lugar de Sobreiro. De estilo barroco (século XVII), é unha igrexa de planta basilical e fachada porticada, cunha torre escalonada do século XX inspirada no barroco compostelán. No seu interior conta cun retablo maior barroco e dous retablos laterais neoclásicos. Nos arredores da igrexa destacan o cruceiro e o cemiterio vello, de comezos do século XX.


      A capela de Cristo Rei érguese no cumio do monte entre os lugares de Baltar e Sobreiro. Trátase dunha pequena ermida do século XX de planta cadrada cunha imaxe do santo en pedra na parte superior. A capela permanece pechada todo o ano salvo na romaría que alí se celebra en xullo.


     Xunto á capela atópase o miradoiro homónimo, desde o cal se ten unha boa panorámica da ría de Vigo, así como do resto do concello de Ponte Caldelas e da serra do Suído.



Outros
     Ademais destes dous lugares, son destacables as rutas polo monte da Fracha, os diversos cruceiros espallados polos lugares da parroquia, así coma os petróglifos do Outeiro da Cabra, aínda que estes últimos non sexan visitables polo seu estado de conservación.
 

Festas
    Cristo Rei, no lugar de Baltar. Celébrase o primeiro domingo de xullo.
    San Martiño, patrón da parroquia, día 11 de novembro.
    San Roque, a finais de setembro.
    Nosa Señora do Carme, a fin de semana anterior ou posterior ao 16 de xullo.
    Festa dos Reis, sobre o 6 de xaneiro.


Lugares de Xustáns
     A Aluncía, Baltar, O Chan do Casal, Cotas, O Sobreiro

VIDEO
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube



XOAN ARCO DA VELLA

ANDAINA " O VALOR DO NOSO - SEIXIDO - A LAMA

 ANDAINA O VALOR DO NOSO
UN RURAL VIVO
XORNADA CULTURAL
SEIXIDO
A LAMA


     A Xornada Cultural  "O VALOR DO NOSO, UN RURAL VIVO - Seixido - A Lama" xa é unha realidade. Rodeada dunha gran expectación, decenas de persoas participaron na ruta de senderismo que daba comezo á xornada. 


     A camiñada popular enmárcabase dentro das actividades da Xornada Cultural  "O VALOR DO NOSO, UN RURAL VIVO - Seixido - A Lama"

 
      Pudose gozar durante a camiñada de diferentes lugares de Seixido e mostráronse lugares dun alto interes tanto da arquitectura, como naturais e de interes cultural asi como se falou de costumes e tradicións da parroquia, resultando todos de moito interes para os participantes e de seguro volver a repetir pronto.


     Quixera agradecer aos organizadores A.C. CABALAR CRECENTE, asi como a todas as entidades parroquiales que se volcaron e a realizacion da xornada e ao concello da Lama que estubo presente toda a xornada coa presenza de tres concelleiros.


    Dos outros actos escribiremos outro traballo polo interesante, merecen un apartado separado.


Grazas por contar connosco ese dia MOITAS GRAZAS.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fotos: Rosana Comesaña
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 9 de diciembre de 2019

PONTE DO CASAL - RÍO VALDOHOME - LAXE - FORNELOS DE MONTES

PONTE DO CASAL
RIO DE VALDOHOME
LAXE
FORNELOS DE MONTES


A Laxe
     San Xosé da Laxe é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Fornelos de Montes. 


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (63 mulleres e 53 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes.


     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 86 habitantes, sendo 42 homes e 44 mulleres.


Lugares da parroquia da Laxe  
     A Airoa, O Casal, O Couso, Entrerríos


Fornelos de Montes
     Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".


Xeografía
      O concello sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por sete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).


       A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.


      Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eiras, que abastece a Vigo e parte da súa comarca. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén. O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.


     Climaticamente caracterízase polas fortes choivas, sendo un dos concellos galegos con maiores precipitacións (até 2.862 mm anuais). Isto causa frecuentes correntes de auga, que co paso do tempo conformaron pequenos fervenzas de curso inestable. As temperaturas adoitan ser suaves nos meses de maior calor (17 °C en xullo) e frías en inverno (5 °C en febreiro).


Patrimonio
     A fortaleza de Alemparte foi asolada polos irmandiños na Gran Guerra Irmandiña (1467). En 1482 foi cercada polo bispo de Tui e os seus cabaleiros, apoderándose dela posteriormente Pedro Madruga. Os restos que quedaban da fortaleza foron desfeitos definitivamente en 1893.


     O poboado castrexo da Cidadela do monte da Cidade conserva restos das pequenas edificacións, feitas en granito. A maioría delas conservan erguida parte da súa estrutura externa, consistente nunha parede de pedra de granito, podendo adiviñarse algúns elementos como as portas de entrada ou detalles do interior das vivendas. As edificacións atópanse, en liñas xerais, agrupadas nun único núcleo agás no comezo da Cidadela onde as primeiras casas aparecen diseminadas respecto ás do resto.


     Bordeando a Cidadela hai un camiño cuberto con pedras de formas irregulares e que unha vez deixadas atrás as vivendas nos conduce cara a un acueduto do último terzo do século XVIII, en perfecto estado de conservación malia estar cuberto por vexetación autóctona. A edificación está realizada en pedra e na súa parte central presenta un arco de tipo oxival, a través do que cruza o sendeiro, que ben puido servir antigamente como entrada á cidade.


     Debido á grande presenza de cursos fluviais, hai numerosos muíños de auga por todo o territorio, destacando a parroquia de Fornelos de Montes con nove e a de Traspielas con seis. As parroquias de Laxe e Ventín son as que presentan un menor número de muíños con dous e un respectivamente. Así mesmo, co fin de salvar o paso dos ríos existentes, destaca tamén a presenza de pontes de pedra, destacando as pontes de Laxe, de Verducido, a Ponte Grande, a de Portorrío ou a do Barbado. Non todas elas están ben conservadas debido ao abandono. Existen máis de 30 fontes de auga e 15 lavadoiros repartidos por todo o concello.


      Hai dúas casas grandes: a de Marrán, en Vilán, e a dos Alemparte. A primeira, ben conservada, ten planta con forma de L, destacando a balconada corrida no interior e unha notable cheminea. A casa dos Alemparte, do século XV, presenta un estado bastante malo de conservación, destacando no seu conxunto a gran balconada sobre pilastras rústicas orientada cara a solaina, que é o que se atopa mellor conservado de toda a edificación, así como a robusta escaleira e un arco nunha porta con forma semicircular e que contén un escudo de armas.


     Ademais das igrexas parroquiais hai tres capelas, a de San Caetano en Estacas, a de San Amaro en Traspielas e a de Santa Cruz en Fornelos de Montes. Tamén conta con diversos cruceiros, destacando o de San Xosé de Laxe, e 5 petos de ánimas: dous en Ventín e un en Fornelos, Estacas e Laxe.


     Outro tipo de patrimonio etnográfico son as construcións vinculadas ao uso do monte, como os chozos (construción menor de pedra que daba acubillo aos pastores da serra ao longo do ano), parideiras (construcións en pedra en forma de cercado e para gardar o gando, e foxos de lobos, recintos moi elementais e primitivos destinados á caza do lobo. Todas elas están na parroquia de Laxe, ao pé da serra do Suído.


 Parroquias de Fornelos de Montes   
     Calvos (Santo Adrián), As Estacas (Santa María), Fornelos de Montes (San Lourenzo), A Laxe (San Xosé), Oitavén (San Vicente), Traspielas (Santa María), Ventín (San Miguel)

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 8 de diciembre de 2019

PONTELLA NO MANESES - RÍO MANESES - CAMPO LAMEIRO

PONTELLA NO MANESES
RÍO MANESES
CAMPO LAMEIRO


Campo Lameiro
     Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra.



     Pertence á comarca de Pontevedra.



     De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra.


     A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014.



     O seu xentilicio é campolameirán



     Até 1916 recibía simplemente o nome de Campo, pero nese ano pasou a ser chamado Campo Lameiro para distinguilo do doutros concellos de España (o cacereño Campo, modificado nese decreto por Campo de Alcántara e Campo de Huesca, que non foi alterado).



Patrimonio histórico e artístico
     O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e..



     Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.



     Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult.



     Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.



     Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña de Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.



Parroquias de Campo Lameiro   
O Campo (San Miguel), O Couso (San Cristovo), Fragas (Santa Mariña), Moimenta (Santa María), Montes (San Isidro), Morillas (Santiago)


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA