domingo, 1 de diciembre de 2019

PONTE ROMANA DE PARADA - RARADA - RÍO LEREZ - CERDEDO COTOBADE

PONTE ROMANA DE PARADA
PARADA
RÍO LEREZ
CERDEDO COTOBADE


Parada
     San Pedro de Parada é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cerdedo-Cotobade. 


     Segundo o IGE en 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.


Patrimonio

     Hai un castro que se levanta a capela do Pego, e petróglifos nos montes de Parada. 


     Na estrada que vai de Chacente a Parada pouco antes de chegar ó quilómetro 9 a uns 40 metros da beira esquerda sobre unha laxa de granito de grao fino situada a nivel do chan e cunha lixeira inclinación, obsérvanse bastantes figuras de cérvidos, xunto con combinacións circulares e figuras de varios tipos.


     A ponte Parada, no río Lérez, claramente romana en bo estado de conservación. Á beira do río Lérez, por baixo da ponte do Pego existe un manancial de augas termais.


Lugares de Parada
     Framil, Insua, Mouteira, Parada


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)


Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.


Curso
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). 


     Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.


     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 24 de noviembre de 2019

PASOS DO REGUEIRO DA FREIXA - LERCE - CASTRELO- FORCAREI

PASOS DO REGUEIRO
REGUEIRO DA FREIXA
RÍO LEREZ
LERCE
CASTRELO
FORCAREI


Lerce
     Lerce é un lugar da parroquia de Castrelo, no concello pontevedrés de Forcarei. 


     Segundo o IGE do 2008 tiña 15 habitantes deles 7 homes e 8 eran mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.



Castrelo
     Santa Mariña de Castrelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. 


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (73 mulleres e 63 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 51 homes e 45 mulleres.


Topónimo
     Diminutivo do latín castrum, cidade alta e fortificada.


Lugares de Castrelo
     Arbarrela, A Barciela, Coto Aciveiro, Lerce, Liñares, A Mámoa, Murada, Valadelo, O Vieiro



Parroquias de Forcarei
       Aciveiro (Santa María), Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), A Madanela de Montes (Santa María Madanela), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pardesoa (Santiago), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro), San Miguel de Presqueiras (San Miguel), Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña), Ventoxo (San Nicolao)


Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.


Curso
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). 
 

     Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.


     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

SAIDA A SERRA DO SUÍDA - AA.VV. ESTRICERES - LOURIZÁN

SAÍDA FOTOGRÁFICA 
A SERRA DO SUÍDO
A GRAÑA
SERRA DO SUÍDO


     Quero expresar o meu agradecimiento a todas as persoas que me acompañaron na saída fotográfica a Serra do Suido.



     Grazas a todos vós que creastes un ambiente fantástico de principio a fin.


    Agradecer a todos a compañia nese día e en especial a Mila e Carmen da Graña sen a súa axuda seria imposible saíse tan ben, e dicir que o Cocido da Taberna da Graña esta de "categoria superior".


     Non me esquezo tampouco dos amigos e amigas da asociacion fotográfica Bauler@s que nos acompañaron sen esquencer algun dúas participantes que chegou dende moitisimos hilometros de distancias, apertas Julio de Sarria.


     Grazas tambien á AA.VV. ESTRICERES de Lourizán por confiar no meu para impartir o taller de Fotografia, espero e desexo fóra de agrado de perticipantes e organizadores.

VIDEO
VIDEO
VIDEO
VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 20 de noviembre de 2019

PEDRA COVA DE MIRANDA - CACHEIRO - CANICOUVA

PEDRA COVA DE MIRANDA
CACHEIRO
A CANICOUVA


  O igual que na Pedra dás Campanillas a sobre a Pedra Miranda moi cerquiña unha da outra circulan moitisimas lendas de Mouras e Encantamentos.


      A Pedra Miranda non lugar de Cacheiro na parroquia de A Canicouva foi ademas durante moitisimos anos refuxio de pastores, asi pódese comprobar por os muros engadidos na entrada da cova.


      A crenza popular, e tamén histórica, é que o conxunto da Pedra Miranda, é de formación natural, unha formación lítica realmente curiosa.. 

 

     É certo que nesta zona de Vilaboa, A Canicouva e Ponte sampaio, e en moitas outras de Galicia e Europa, existen grandes caládevos, ou pedras con formas, e de orixe totalmente natural. 



      Denomínanse en moiras ocasións Covas dás Mouras ou dos Encantos.
 

      A orixe deste tipo de formacións baséase na acción biogeoquímica do auga sobre a pedra granítica, e é típico de Galicia e o norte de Italia. 


 
      Con todo, é moito máis fermoso imaxinar que estamos diante da obra do diaño ou dalgún trasgo burlón, que segundo contan en Cacheiro, aínda está esperando por homes capaces de desenterrar os seus misterios.

 

      Cóntanse varias lendas sobre o lugar, unha delas conta que unha das cuevas ou pedras está chea de alquitrán e si rompese, inundaríase toda a zona.



      Outra comenta que unha da pedra está chea de ouro, e o que lograse rompela atoparíao e faríase rico. 



    Ambas lendas foron recollidas na zona, da boca de alguns veciños e veciñas.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 18 de noviembre de 2019

SARCÓFAGO DE CHAN DE VILARIÑO - VILAN - FORNELOS DE MONTES

SARCÓFAGO DE CHAN DE VILARIÑO
VILAN
FORNELOS DE MONTES


      O patrimonio histórico-artístico e etnográfico de Fornelos de Montes é moi interesante, entre os que destacan os xacementos castreños do Monte da Cividade en San Vicente de Oitaven, os restos de grabados rupestres do Coto do Galo, situado no monte Castelo na parroquia de Calvos, ou os restos arqueolóxicos do Monte Castrove na parroquia da


     Mais sen dúbida a xoia arqueolóxica de Fornelos de Montes é o sarcófago antropoide excavado na rocha, que se atopa en Vilán. Na mesma parroquia, en Chans de Viláns, consérvanse os restos do Castelo-Fortaleza de Alemparte asolada polos irmandiños en 1467.



     O turismo verde ten unha grande importancia en Fornelos, grazas a variedade de rutas para percorrer que presentan unha riqueza paisaxística de máxica beleza, poboada de carballos centenarios e castiñeiros, pero ademais no percorrido podemos atoparnos con especies tan emblemáticas coma bubelas, becadas, aguias culebreiras, falcóns pelingríns, nutrias europeas, xabaríns, corzos, raposos, lobos, lagartiña galega, cobra viperina, víbora, etc. 


Sarcófago de Chan de Vilariño
    Do sarcofado de Vilan situado en Chan de Vilariño di a tradicion popular de que no se enterro un rei Mouro derrotado nunha gran balalla de houbo nesta zona que recibe o nome de Chan Vilariño porque Vilariño era quen dirigia en ejercito galaico.


     Pouco se sabe desta batalla pero recjo un uns apuntos de blog PONTEAREAS HISTORIA VIVA de Jhonathan Zúñiga Puga que si fala desta batalla.
     Situámonos no ano 825 da nosa era, na parroquia de Anceu, Ponte Caldelas, moi pretiño do encoro das Eiras, exactamente no lugar de Chan de Vilariño, onde tamén lindan as parroquias de Forzáns e Vilán (Fornelos de Montes). Aquí foi onde foi freada a primeira "aceifa" ou campaña de saqueo importante dirixida polo poder musulmán de Córdoba contra o territorio Galaico


Agradecemento
      O meu agradecimiento a Paco "Ou Pacorro de Vilan " e á súa filla Sesi polo tempo que me dedicaron para poder redescubrir o sarcofago e por as hitorias que me contaron que daran para moitos mais traballos.
Moitisimas grazas

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Jhonathan Zúñiga Puga
 PONTEAREAS HISTORIA VIVA
XOAN ARCO DA VELLA