sábado, 16 de noviembre de 2019

EN RADIO NACIONAL SAN LUÍS - "HABÍA UNA VEZ HOY"

EN RADIO NACIONAL SAN LUÍS
"HABÍA UNA VEZ HOY"

     Déixovos un anaco do programa de Radio Nacional San Luís de Arxentina que dirixe Ana Rosa Abrahin.



    Mil grazas por este espazo a Nacional San Luís Radio. Ao programa "Habia unha vez, hoxe" E moitas graza por permitirnos falar das nosas cousas

PROGRAMA

Espero sexa de voso agrado.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 15 de noviembre de 2019

PONTELLA DO MUIÑO DA PONTE - LAXE - FORNELOS DE MONTES

 PONTELLA DO MUIÑO DA PONTE
RÍO VALDEHOME
LAXE
FORNELOS DE MONTES



A Laxe
     San Xosé da Laxe é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Fornelos de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (63 mulleres e 53 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes. 


     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 86 habitantes, sendo 42 homes e 44 mulleres.


Lugares da parroquia da Laxe   
A Airoa, O Casal, O Couso, Entrerríos



Fornelos de Montes
     Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".


Xeografía
      O concello sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por sete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).


       A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.


      Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eiras, que abastece a Vigo e parte da súa comarca. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén. O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.


     Climaticamente caracterízase polas fortes choivas, sendo un dos concellos galegos con maiores precipitacións (até 2.862 mm anuais). Isto causa frecuentes correntes de auga, que co paso do tempo conformaron pequenos fervenzas de curso inestable. As temperaturas adoitan ser suaves nos meses de maior calor (17 °C en xullo) e frías en inverno (5 °C en febreiro).


Patrimonio
     A fortaleza de Alemparte foi asolada polos irmandiños na Gran Guerra Irmandiña (1467). En 1482 foi cercada polo bispo de Tui e os seus cabaleiros, apoderándose dela posteriormente Pedro Madruga. Os restos que quedaban da fortaleza foron desfeitos definitivamente en 1893.


     O poboado castrexo da Cidadela do monte da Cidade conserva restos das pequenas edificacións, feitas en granito. A maioría delas conservan erguida parte da súa estrutura externa, consistente nunha parede de pedra de granito, podendo adiviñarse algúns elementos como as portas de entrada ou detalles do interior das vivendas. As edificacións atópanse, en liñas xerais, agrupadas nun único núcleo agás no comezo da Cidadela onde as primeiras casas aparecen diseminadas respecto ás do resto. 


     Bordeando a Cidadela hai un camiño cuberto con pedras de formas irregulares e que unha vez deixadas atrás as vivendas nos conduce cara a un acueduto do último terzo do século XVIII, en perfecto estado de conservación malia estar cuberto por vexetación autóctona. A edificación está realizada en pedra e na súa parte central presenta un arco de tipo oxival, a través do que cruza o sendeiro, que ben puido servir antigamente como entrada á cidade.


     Debido á grande presenza de cursos fluviais, hai numerosos muíños de auga por todo o territorio, destacando a parroquia de Fornelos de Montes con nove e a de Traspielas con seis. As parroquias de Laxe e Ventín son as que presentan un menor número de muíños con dous e un respectivamente. Así mesmo, co fin de salvar o paso dos ríos existentes, destaca tamén a presenza de pontes de pedra, destacando as pontes de Laxe, de Verducido, a Ponte Grande, a de Portorrío ou a do Barbado. Non todas elas están ben conservadas debido ao abandono. Existen máis de 30 fontes de auga e 15 lavadoiros repartidos por todo o concello.


      Hai dúas casas grandes: a de Marrán, en Vilán, e a dos Alemparte. A primeira, ben conservada, ten planta con forma de L, destacando a balconada corrida no interior e unha notable cheminea. A casa dos Alemparte, do século XV, presenta un estado bastante malo de conservación, destacando no seu conxunto a gran balconada sobre pilastras rústicas orientada cara a solaina, que é o que se atopa mellor conservado de toda a edificación, así como a robusta escaleira e un arco nunha porta con forma semicircular e que contén un escudo de armas.


     Ademais das igrexas parroquiais hai tres capelas, a de San Caetano en Estacas, a de San Amaro en Traspielas e a de Santa Cruz en Fornelos de Montes. Tamén conta con diversos cruceiros, destacando o de San Xosé de Laxe, e 5 petos de ánimas: dous en Ventín e un en Fornelos, Estacas e Laxe.


     Outro tipo de patrimonio etnográfico son as construcións vinculadas ao uso do monte, como os chozos (construción menor de pedra que daba acubillo aos pastores da serra ao longo do ano), parideiras (construcións en pedra en forma de cercado e para gardar o gando, e foxos de lobos, recintos moi elementais e primitivos destinados á caza do lobo. Todas elas están na parroquia de Laxe, ao pé da serra do Suído.


 Parroquias de Fornelos de Montes    
     Calvos (Santo Adrián), As Estacas (Santa María), Fornelos de Montes (San Lourenzo), A Laxe (San Xosé), Oitavén (San Vicente), Traspielas (Santa María), Ventín (San Miguel) 


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 14 de noviembre de 2019

MUIÑO EN NEGRELLE - CAMBÁS - REGO PALANCA - ARANGA

 MUIÑO EN NEGRELLE
REGO PALANCA
CAMBÁS
ARANGA


Negrelle
     Negrelle é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos.



 Tiña 17 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 8 eran homes e 9 eran mulleres.


Cambás
      San Pedro de Cambás é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. 



    Segundo o IGE en 2018 tiña 401 habitantes (205 mulleres e 196 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.


     Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.


Xeografía
     A parroquia de Cambás ten unha superficie de 27,92 km² e 38 núcleos de poboación.



Situación
     Está situada no nordeste do concello de Aranga e no sur do arciprestado de Pruzos.



     Limita ó norte coa parroquia do Val de Xestoso (do concello de Monfero), ó noroeste coa de Verís (Irixoa), ó suroeste e sur coa de Aranga e ó leste e nordeste coas dos Vilares, o Buriz e Labrada do concello de Guitiriz.


Lugares de Cambás
     Baltar, Boade, Brixeu, Cabo de Aldea, Os Caínzos, Casacamiño, A Casanova, O Castro, As Costeiras, O Couce, Os Edreiros, A Ermida, A Espiñeira, A Fontela, O Foxo, A Fraga Chá, O Gallado, A Graña do Vilar, As Leiras, A Lousa, A Maía, Martín Mouro, Montouto, Negrelle, A Pena, Portocavado, Portomazás, A Rilleira, Sopazo, Susarrón, A Tolda, O Toxiño, Tralorregueiro, As Ucheiras, A Vide, A Vila de Cambás, O Vilar, Xocín



 Parroquias de Aranga    
     Aranga (San Paio), Cambás (San Pedro), Feás (San Pedro), Muniferral (San Cristovo), San Vicente de Fervenzas (San Vicente), Vilarraso (San Lourenzo) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE ISOLINA E MANUEL - RÍO OITAVÉN - FORZÁNS - PONTE CALDELAS

MUIÑO DE ISOLINA E MANUEL
RÍO OITAVÉN
FORZÁNS
PONTE CALDELAS


Río Oitavén
     O Oitavén é un pequeno río galego da provincia de Pontevedra que, tras confluír co río Verdugo, contribúe á ría de Vigo.



Percorrido
      O Oitavén nace na serra do Suído, dentro do concello da Lama, a preto de 800 m. de altura, desenvolvendo un percorrido moi encaixado, de vales en V, de 32 km. até a súa desembocadura na beira dereita do Verdugo, en Ponte da Barca, no concello de Soutomaior.



     Atravesa os concellos da Lama, Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, delimita en parte estes dous últimos municipios, e finalmente no de Soutomaior.



     A importancia hídrica do Oitavén estriba no seu superior caudal de 10,5 m³/s (o Verdugo subministra na foz 17 m³/s), de xeito que, ás veces, se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común de ambos, en tal caso, atinxe 7 km.).


Afluentes e conca
     A conca do Oitavén é disimétrica, por ter próxima, á súa man dereita, a do Verdugo, de xeito que os seus afluentes principais recíbeos pola beira esquerda: o río da Xesta, o Ventín e o Barragán.



     O tamaño total da conca do Oitavén é de 177,7 km² (o do sistema conxunto co Verdugo é de 357 km²).



Aproveitamento
     No tramo medio-alto, nas lindes entre os concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes, sitúase o encoro de Eiras.



Réxime hidrográfico

     O Oitavén é un río de réxime pluvial. As precipitacións medias na conca alcanza os 1.884 mm anuais de media, aínda que no tramo superior sitúanse entre 2.000 e 2.500 mm.



Forzáns
     San Fiz de Forzáns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. 



     Segundo o IGE en 2017 tiña 127 habitantes (57 homes e 70 mulleres), distribuídos nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.



Lugares de Forzáns
     Caritel, Forzáns 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 13 de noviembre de 2019

XORNADA FORMATIVA DO C.R DE AGUARDIENTES E LICORES DE GALICIA

XORNADA FORMATIVA
CONSELLO REGULADOR
AGUARDIENTES e LICORES
VEDRA
GALICIA


     Unha trintena de profesionais asisten a unha xornada formativa organizada polo Consello Regulador de Aguardientes e Licores Tradicionais de Galicia e a Federación Española de Bebidas Espirituosas 


      O Consello Regulador de Aguardientes e Licores Tradicionais de Galicia e a Federación Española de Bebidas Espirituosas ofreceron onte un seminario ao que asistiron unha treintena de profesionais. 


     Desenvolvida en Vedra, esta acción formativa tivo como obxectivo a ofrecer información sobre as múltiples novidades normativas que o sector de bebidas espirituosas está tendo nos últimos meses, tanto en materia de etiquetado como naqueles aspectos que afectan directamente ás obrigacións formais da fiscalidade deste tipo de produtos.


     Entre as modificacións atópanse novidades con respecto á elaboración, coa próxima entrada en vigor (en Maio de 2021) do novo Reglamento Europeo sobre bebidas espirituosas. Desde Europa tamén se aplicarán unha serie de modificacións no que ao etiquetado nutricional e o listado de ingredientes refírese, que deberá de ser cumprido por todas as empresas antes de decembro de 2022.


     O seminario formativo tamén tratou as últimas novidades en materia de fiscalidad, e máis concretamente no referente aos impostos especiais sobre as bebidas espirituosas, que entrarán en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2020. 


     Os profesionais asistentes valoraron de modo moi positivo a información detallada neste seminario.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA