domingo, 10 de noviembre de 2019

ERMIDA DE SAN AMARO - CACHEIRO - A CANICOUVA

ERMIDA DE SAN AMARO
CACHEIRO
A CANICOUVA


Cacheiro
     Cacheiro é un lugar da parroquia da Canicouva, no concello de Pontevedra. 



     Segundo o IGE no 2013 tiña 78 habitantes (33 homes e 45 mulleres), 7 menos ca no ano 2010 e 33 menos ca no 2004.


     Está situado ao suroeste da parroquia, xa lindando co lugar de Paredes (concello de Vilaboa). 


     En Cacheiro está a ermida de San Amaro. Por este lugar discorre o camiño portugués.


A Canicouva
     Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. 



     Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.


     A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas) e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).


     Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionada ao de Pontevedra.


Patrimonio
     No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.



     No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.


     As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).


Lugares da Canicouva
     Cacheiro, A Canicouva

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

PETROGLIFO DE PUMARIÑO - O OUTEIRO GRANDE - SAlCEDO

 PETROGLIFO DE PUMARIÑO
O OUTEIRO GRANDE
SALCEDO


    Unha coincidencia dos petroglifos da parroquia de Salcedo é  dos primeiros en ser estudados en Galicia. O de Outeiro da Mina foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na “Historia de Galicia” de Manuel Murguía en 1901.


     O de Mato das Cruces foi mencionado por Celso García de la Riega no ano 1904. E no famoso “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos, o pioneiro Ramón Sobrino Buhigas menciona ao de Vilar de Matos.



Vilar de Matos
     O de Vilar de Matos foi un dos primeiros petroglifos estudados na Galiza. O histórico Ramón Sobrino Buhigas, pioneiro investigador arqueolóxico nado na cidade de Pontevedra, xa fala del na súa mítica obra “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae” publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos.



     En Vilar de Matos atopamos un gravado rupestre situado nunha finca privada. A laxe esta   situada a escasos metros da sinalización da estrada e rodeada dun monte de eucaliptos .



     Esta roca  sobresae levemente do nivel do solo e presenta gravados a base de numerosas cazoletas ciscadas por toda a superficie ( illadas, ou  agrupadas) así como outros trazos atípicos (riscos paralelos, cruciformes, etc…) moito mas difíciles de ver. Destacan as combinacións circulares concéntricas moi visibles.



Mato das Cruces
     O  petroglifo de Mato das Cruces é un dos primeiros gravados coñecidos en Galicia e xa foi mencionado por Garcia de la Riega no ano 1904.



     O entorno desta estación rupestre de Mato das Cruces é absolutamente espectacular. Desde el, podemos divisar toda a cidade de Pontevedra e ver tamén as pegadas do val do río Gafos e do bosque de Ribeira asociado en todo momento ao seu paso. Trátase dun lugar de grande valor paisaxístico.



     O petroglifo de Mato das Cruces, está dividido en dous paneis: o primeiro con imaxes xeométricas (combinacións circulares, círculos con cazoletas no seu interior e cazoletas) e unha figurativa (a cornamenta dun cervo).



     Os restos da cornamenta e do corpo do animal desapareceron debido á extracción de pedra por traballos de cantería tradicional. Isto demostrouse debido á ausencia da figura do cervo nos debuxos e acuarelas de Enrique Campos Sobrino, feitas a comezos do século XIX e depositadas no Museo de Pontevedra.



Outeiro da Mina
     A estación rupestre do Outeiro da Mina é un conxunto formado por nove petroglifos, dos que o máis importante é o catalogado co número 6, tamén chamado Pedra do Fundamento.



     Foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na obra de Manuel Murguía Historia de Galicia de 1901, e está nunha gran laxe plana a ras de chan. Consta de dous paneis con imaxes xeométricas (combinacións circulares, reticulados, círculos con cazoletas no seu interior e cazoletas).



     Do primeiro grupo do conxunto do Outeiro da Mina perdeuse  a maior parte por mor dunha agresión. No museo de Pontevedra, consérvanse debuxos de Henrique Campo realizados en 1907 a través dos cales podemos ter unha idea de como eran orixinalmente. Amosan ata doce combinacións de rodelas con coviñas e liñas.



     Actualmente só se aprecian cinco e a parte superior dunha combinación de rodelas con coviñas inscritas no seu interior. A  metade inferior desapareceu ao ser barrenada .



     En comparación cos petroglifos de Mato das Cruces e Vilar de Matos presentan unha liñas formais máis estilizadas, falando máis da forma ovalada que circular. O único claro é que son  ben diferentes aos outros dous petroglifos de Salcedo.



     En 1953 é incluída na “Carta arqueolóxica de la provincia de Pontevedra” e finalmente o conxunto é declarado expresamente en 1975 monumentos histórico-artísticos de carácter nacional.


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


Fuente: TERRAS DE PONTEVEDRA
XOAN ARCO DA VELLA

CUADRAS DA CAVADA - ARANZA - SOUTOMAIOR

CUADRAS DA CAVADA
ARANZA
SOUTOMAIOR


Cuadras da Cavada
     No lugar da Cavada na parte alta do lugar de Aranza poderemos atopar un numero importante dos restos das construcions coñecidas co nome de Cuadras da Cavada.



     Estas construciones estaban dedicadas á estabulacion do gando.


     Nesta zona o coidado do gando se facia comunitariamante e encargábanse por quendas os veciños da zona...


     Chama a atencion as terrazas de cultivo nesta zona e en todo o lugar de Aranza que recordan imaxes dunha paisaxe do Tibet.


 Soutomaior
     Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo.


     Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio  é «soutomaiorense».


Poboación
     Censo Total
     7.356 (2014)


Xeografía
     Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. 


     Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.


     O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.


Economía
     Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. 


     Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.


     Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo.


     A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio minorista, empresas de transportes e restaurantes.


Historia
     A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.


Patrimonio
     O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.


     No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña.


     Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.


     En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.


     A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis.


     Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).


     Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA