domingo, 25 de agosto de 2019

MUIÑO DO REGO DO GATO - TOURÓN - MIRÓN - PONTE CALDELAS

MUIÑO DO REGO DO GATO
REGO DO GATO
MIRÓN 
TOURÓN
PONTE CALDELAS


Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.



      Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.



Xeografía e patrimonio
     Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.



     Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.



     Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.



Lugares de Tourón
     Buchabade, Contixe, Mirón, A Reigosa, Tourón, Vilarchán



Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio  é pontecaldelán.



Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído.



     É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.



      Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.



     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.



     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas.



     Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.



     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.



Historia
     Pouco se sabe da orixe da vila, aínda que non son poucos os que a atribúen a unha fundación romana, e aínda alguén quere ver nos gregos ós primeiros poboadores do municipio.



     No ano 1126 o rei Afonso VII deulle o título de "Moi Leal". Conta a tradición tamén que a famosa raíña Lupa, a cal perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago, foi natural desta vila ou residiu nela. Posteriormente no século XIX recibiu o tratamento de "Vila".



     Estas terras foron patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. No pasado, o agora término de Ponte Caldelas pertencía nunha metade á antiga provincia de Santiago (arciprestado do Morrazo), e na outra metade á de Tui (arciprestado de Soutomaior).



     No 1822 pasou formar parte da nova provincia de Vigo e en 1833, finalmente, á de Pontevedra.



Patrimonio
     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.



     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.



     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben



     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.



     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.



     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.



Parroquias de Ponte Caldelas
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DA FONTE - RIODEBODAS- RÍO GRAÑAL - ESGOS

MUIÑO DA FONTE
RIODEBODAS
RÍO GRAÑAL
ESGOS 


Esgos
     Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra.


     Segundo o Padrón municipal, en 2017 tiña 1.154 habitantes (1.318 en 2003).


Xeografía
     O concello de Esgos está situado ao norte da provincia de Ourense.


     Limita ao norte con Nogueira de Ramuín, ao sur con Paderne de Allariz e Maceda, ao leste con Xunqueira de Espadanedo e ao oeste co Pereiro de Aguiar.


     Ten 37,8 km² de superficie, e abrangue 7 parroquias.


     Cara ao noroeste esténdense a Cabeza, con picos de 1147 e 1128 metros no límite con Nogueira de Ramuín. Cara ao leste está a serra dos Chairos (793 m) e os montes de Rocas, co Outeiro de Arcos (893 m) O Castelo (721 m) ou O Barbeirón, onde se asenta o mosteiro de Rocas. No pico do Birbiza (790 m) está o límite cos concellos de Paderne de Allariz e Maceda. No sueste está o alto do Couso (710 m).


     O curso fluvial máis importante é o río Loña, afluente do río Miño en Ourense. Á súa vez, dous afluentes do Loña son o regato do Porto que atravesa Lobaces e Gomariz- e O Grañal. O regato de Pazos que cruza a aldea de Esgos.


Historia
     O topónimo vén dado polo rego de Esgos, citado na documentación de San Pedro de Rocas en 1007 e 1175 como rivulo Alesgos e en 1227 como Aesgus.


     Durante a idade media esta zona estivo vinculada ao mosteiro de San Pedro de Rocas.


     Coa fin do antigo réxime e a constitución dos concellos estableceuse a capitalidade na aldea de Esgos, lugar de paso na estrada real cara a Ponferrada, actual OU-536.


     Oficios tradicionais desta zona son os de albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador ou oleiro.


Patrimonio
     Entre o patrimonio do concello destaca o mosteiro de San Pedro de Rocas, recoñecido en 1923 como Ben de Interese Cultural.


 Parroquias de Esgos  
     Esgos (Santa María), Loña do Monte (San Salvador), Os Pensos (San Pedro), Rocas (San Pedro), Santa Olaia de Esgos (Santa Olaia), Triós (San Pedro), Vilar de Ordelles (Santa María)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN CAETANO - MARZÁN DE ARRIBA - VEDRA

 CAPELA DE SAN CAETANO
MARZÁN DE ARRIBA
VEDRA


Santa Eulalia de Vedra
     Santa Eulalia de Vedra é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vedra. 


     Segundo o IGE en 2013 tiña 667 habitantes (342 mulleres e 325 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 674 habitantes.


Lugares de Vedra
     Avenida do Mestre Manuel Gómez Lorenzo, O Burgo, Casal de Niño, Castiouba, Fontao, Fornelos, Fufín, Manteles de Abaixo, Manteles de Arriba, Marzán de Abaixo, Marzán de Arriba, Pousada de Abaixo, Pousada de Arriba, Ribada, Roelle, Trasariz de Abaixo, Trasariz de Arriba, Veiga de Arriba 



Vedra
     Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. 

 

     Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres)  O seu xentilicio  é «vedrense». 


Xeografía
     O concello de Vedra limita ao norte cos de Santiago de Compostela e Boqueixón, ao sur e leste co da Estrada (da provincia de Pontevedra, da que o separa o río Ulla), e ao oeste co de Teo.



     Está atravesada pola estrada N-525 e a autoestrada AP-53, que unen Compostela e Ourense. A N-525 crúzase coa LC-241, que une Arzúa con Padrón.


     Está situado no val do río Ulla, ao que van dar os ríos Pereiro, Tomonde, Buxeiros e San Cristovo. 
 

     O cumio de maior altitude é Penas Pardas, preto do Pico Sacro, de 449 m de altitude. 


     O clima é temperado, con influencias oceánicas.


Parroquias de Vedra    
     Illobre (Santo André), Merín (San Cristovo), A Ponte Ulla (Santa María Madanela), San Fins de Sales (San Fins), San Mamede de Ribadulla (San Mamede), San Miguel de Sarandón (San Miguel), San Pedro de Sarandón (San Pedro), San Pedro de Vilanova (San Pedro), San Xián de Sales (San Xián), Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz), Trobe (Santo André), Vedra (Santa Eulalia) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA