jueves, 22 de agosto de 2019

PETROGLIFO PEDRA DO CERVO - FIADA DOS LEGÓNS - SANTA BAIA - PONTE CALDELAS

PETROGLIFO PEDRA DO CERVO
FIADA DOS LEGÓNS
SANTA BAIA
PONTE CALDELAS 


     A Pedra do Cervo é o petróglifo máis significado da estación de “Campo de Cuñas”, que se atopa no lugar de Fiada dos Legóns, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas.


     Nela represéntanse algunhas cazoletas e unha bonita escena de caza cun gran cervo macho con tres lanzas nas costas.


     A historia deste roca é unha das máis singulares dos petróglifos galegos.


     Durante a Idade do Bronce (1800-800 a.C.) as comunidades locais expresaban en pedra algunhas das súas crenzas e rituais nas que o cervo tiña unha simboloxía asociada ao sol, e aos elementos relacionados coa vida.


     Co paso do tempo pedra e cervo perderon o seu significado máxico, e as rochas foron aproveitadas como canteira.


     Os restos do traballo de cantería ( as “cuñas”, en proceso de retoque...) aparecen espalladas por toda a zona.


     Pero o curioso neste caso é que o canteiro, que deixou unha inscrición co ano 1850, soubo apreciar os antigos gravados e intentou respectados, convertendo este petróglifo nun dos poucos casos de conservación espontánea de Galicia.


     Na roca de “Campo de Cuñas” podemos observar unha escena de caza na que un macho de gran cornamenta, acubilla entre as súas patas a unha pequena cría, mentres é acosado por dous cazadores.


     Os cazadores xa dispararon as súas lanzas e o animal atópase ferido con tres delas no lombo

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: terrasdepontevedra  
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 21 de agosto de 2019

MUIÑO EN MIRÓN - MIRÓN - TOURÓN - PONTE CALDELAS

MUIÑO EN MIRÓN
REGO DO GATO
MIRÓN 
TOURÓN
PONTE CALDELAS


Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. 



      Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.


Xeografía e patrimonio
     Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.



     Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.


     Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.


Lugares de Tourón
     Buchabade, Contixe, Mirón, A Reigosa, Tourón, Vilarchán



Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio  é pontecaldelán.



Xeografía
     O municipio de Ponte Caldelas sitúase nunha zona xeográfica de transición entre as montañas do interior pontevedrés e as ribeiras das rías Baixas. Está encadrada nunha comarca natural que se estende polas estribacións occidentais da serra do Suído. 



     É terra de mananciais e ríos (Oitavén e Verdugo), de abruptas serras (A Fracha, Castrelada...) e encaixados vales. Limita ao norte con Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes e Soutomaior, ao leste coa Lama e ao oeste con Pontevedra.


      Ponte Caldelas presenta unha morfoloxía de fortes contrastes topográficos provocados por unha intensa erosión diferencial favorecida pola rede de fracturas tectónicas ás que foi sometido polos episodios xeolóxicos.


     As superficies de aplanamento orixinarias percíbense nos cumios suaves dos seus montes, entre os que destacan a serra da Castrelada (663 m), O Couto da Brea (536 m), A Penarada (544 m), monte do Antón (453 m) e monte do Taboadelo (432 m). Encaixados entre as serras, os ríos discorren por vales abruptos e profundos, con pronunciadas pendentes.


     A súa densa rede fluvial organízase en torno aos cursos do Verdugo e do Oitavén, alimentados por afluentes curtos, pero de abundante caudal debido ás elevadas precipitacións que se rexistran no paso das frontes atlánticas. 


     Entre estes afluentes destaca o Calvelle que se une ao Verdugo antes do seu paso pola capital municipal, onde por atravesar algunhas fallas orixina a aparición de mananciais de augas minerais, ben coñecidas polas súas propiedades.


     No río Oitavén construíuse a presa de Eirás, que abastece de auga a área urbana de Vigo, antes de que, xa no municipio de Soutomaior, una as súas augas ás do río Verdugo, que poucos quilómetros máis adiante desembocará na ría de Vigo.


Historia
     Pouco se sabe da orixe da vila, aínda que non son poucos os que a atribúen a unha fundación romana, e aínda alguén quere ver nos gregos ós primeiros poboadores do municipio.



     No ano 1126 o rei Afonso VII deulle o título de "Moi Leal". Conta a tradición tamén que a famosa raíña Lupa, a cal perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago, foi natural desta vila ou residiu nela. Posteriormente no século XIX recibiu o tratamento de "Vila".



     Estas terras foron patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. No pasado, o agora término de Ponte Caldelas pertencía nunha metade á antiga provincia de Santiago (arciprestado do Morrazo), e na outra metade á de Tui (arciprestado de Soutomaior).


     No 1822 pasou formar parte da nova provincia de Vigo e en 1833, finalmente, á de Pontevedra.


Patrimonio
     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.



     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.


     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben


     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.


     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.


     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila.


Parroquias de Ponte Caldelas
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 20 de agosto de 2019

PETO DE SANTA ANA - SANTA ANA - A LAMA

PETO DE SANTA ANA
SANTA ANA
A LAMA


Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidad galega sobre a vida e a morte.



     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.



Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".



     A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.



     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura administráseo e dixese misas polos defuntos.



     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.



O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesano outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.



     Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:



- Infraestructura arquitectónica básica.
- Unha cavidad que similar a unha capillita que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capillita, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 16 de agosto de 2019

CAPILLA DE CALVOS DE ARRIBA - BANDE - OURENSE

CAPILLA DE CALVOS DE ARRIBA
BANDE
OURENSE


Calvos
     Santiago de Calvos é unha parroquia sita no municipio de Bande, na provincia de Ourense, en Galicia (España).



 A parroquia constitúese de 4 aldeas:
     Aldea de Arriba, Vilamea, Ribas, e A Igrexa.


     Limita con Verea ao norte e leste, con Sarreaus ao sur, e con Corbelle ao oeste. Está a 40 quilómetros de Ourense (capital), e 30 da fronteira con Portugal.


Poboación
      A poboación total alcanzou varios centenares a principios do século XX, antes de coñecer unha importante baixada, por unha importante ola de emigración (a Arxentina e Uruguay a principios do século XX; a Venezuela na década dos 50; e a Suiza e Francia a partir dos anos 60). 



Hoxe considérase que hai 140 habitantes na parroquia:
     Aldea de Arriba:43; Vilamea:12; Ribas:56; A Igrexa:29



Economía
      A maioría da poboación dedícase á agricultura.



Cultura e etnografía

     O primeiro domingo de xullo celébranse os "Cultos", festividade da comunidade evangélica da zona.
     O primeiro fin de semana de Outubro celébrase a "A Virxe da Vitoria", celebración católica.
     En 2008, decidiuse restaurar o patrimonio da aldea, conformado por catro hornos e nove molinos. 

 

Bande
     Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes. O seu xentilicio é bandés



Xeografía
     O concello de Bande ten 99 km² e está dominado polos Montes de Bande, ao norte, que son ramificacións da Serra de Leboreiro. As altitudes máximas atópanse neles: Porto Lamas (1146 m) e Fonte Santa (1088 m). Polo sur discorre o río Limia, que forma o Encoro das Conchas, e de noroeste a sueste vai o río Cadós, que desemboca nel. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpano cultivos e lameiros.



Demografía
Censo total

1.591 (2018)


Patrimonio arqueolóxico

     Nas escavacións do campamento romano de "Aquis Querquennis" atopáronse, entre outros obxectos, unha estatuíña que representa un lexionario.



     No castro de Rubias atopouse unha cabeza pétrea de guerreiro de época galaico-romana, coñecida como Cabeza de guerreiro de Rubiás e que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.


Patrimonio arquitectónico
     En 1921 declarouse Monumento Nacional a Igrexa de Santa Comba de Bande. En 1944 declarouse Monumento Histórico Artístico a ponte de Ponte Pedriña, de orixe romana, asolagada ese mesmo ano polo encoro das Conchas.



     Na antiga igrexa de Baños destapouse unha lápida coa inscrición "Alepio de 19 anos morto en Cristo no ano 545", que na actualidade tamén se atopa depositada no museo ourensán e se considera como unha das máis antigas que se coñecen dun enterramento cristián.


Economía
     A agricultura ocupa o 50 % da poboación, que se complementa co gando ovino e vacún. Desde a década de 1930 a poboación reduciuse a un terzo debido á emigración, primeiro á Arxentina e Uruguai, despois a Venezuela e a partir da década dos 50 maioritariamente a Europa (Suíza, Francia e Alemaña).



Parroquias de Bande    
     Bande (San Pedro), Os Baños (San Xoán), Cadós (Santiago), Calvos (Santiago), Carpazás (San Pedro), Corvelle (Santa María), Garabelos (San Xoán), Güín (Santiago), Nigueiroá (Santiago), O Ribeiro (San Pedro Fiz), Santa Comba (San Trocado), Vilar (San Pedro Fiz)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA