jueves, 11 de julio de 2019

FERVENZA DE FERVEDOIRO - RÍO CHAO DE REQUEIXO - GUSTOMEAU - ARAÚXO - LOBIOS

 FERVENZA DE FERVEDOIRO
RÍO CHAO DE REQUEIXO
GUSTOMEAU
ARAÚXO
LOBIOS

Gustomeao
     Gustomeao é un lugar da parroquia de Araúxo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia.

     Tiña 28 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 14 mulleres.

Lugares de Araúxo
     Delás, Gustomeao, A Portaxe, A Regada, Requeixo, Sa, Suigrexa, A Vila

Parroquias de Lobios
     Araúxo (San Martiño), A Cela (Santa María), Grou (San Mamede), A Illa (San Lourenzo), Lobios (San Miguel), Manín (San Salvador), Río Caldo (Santa María), San Martiño de Grou (San Martiño), San Paio de Araúxo (San Paio), Torno (San Salvador)

Araúxo
     San Martiño de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 185 habitantes, dos cales 90 eran homes e 95 mulleres.

Lobios
     Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal.

     Segundo o padrón municipal de habitantes en 2014 tiña unha poboación de 2.025 persoas (2.584 en 2003).

Comarca da Baixa Limia
     A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

     Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

MAPA
VIDEO

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

POZA DE FERVEDOIRO - RÍO CHAO DE REQUEIXO - GUSTOMEAO - ARAÚXO - LOBIOS

POZA DE FERVEDOIRO

miércoles, 10 de julio de 2019

ACUEDUCTO DE MIRÓN - TOURÓN - PONTE CALDELAS

ACUEDUCTO DE MIRÓN
MIRÓN
TOURÓN
PONTE CALDELAS

Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.

      Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Xeografía e patrimonio

     Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.

     Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.

     Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.

Lugares de Tourón
     Buchabade, Contixe, Mirón, A Reigosa, Tourón, Vilarchán

Ponte Caldelas
     Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. 

     No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio é pontecaldelán.

Patrimonio arquitectónico
     Calvario da Insua.

     No termo municipal ha numerosas testemuñas do seu pasado, destacando os castros de Santa María de Castro Barbudo e o monte Castrelo en Parada, onde tamén están os petróglifos de Tourón.

     A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo, obra do   mestre Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na praza do Bispo no centro da vila e do Calvario de Barbudo.

     A igrexa de Santa María de Tourón é de orixe románica de finais do século XII, conservando desa época algúns elementos dispersos. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben

     Destacan tamén as igrexas da Insua, aberta ao val cun Via Crucis de pedra arredor do adro, e a igrexa de Xustáns, cun conxunto de igrexa e cemiterio con outro cruceiro.

     Tamén destaca a Capela do Sagrado Corazón, dende onde se contempla a vista de paxaro a vila.

     Hai pazos e casas grandes en Tourón, Sande e San Ramón. Tamén destacan as casas de indianos de Caritel, A Insua e a da Vila. 
 
Parroquias de Ponte Caldelas

     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño) 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 9 de julio de 2019

MUIÑO DO CORNELLO - A FRAGA - RÍO VERDUGO - PONTE CALDELAS

MUIÑO DO CORNELLO
A FRAGA
RÍO VERDUGO
PONTE CALDELAS

    O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.

Percorrido
     O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei).

     No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior. 

    No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.

     No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas.

     Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.

Características
     O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).

     De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior. Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.

     O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).

      O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.

Aproveitamento
     No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.

   O río Verdugo ten sona pola pesca da troita. O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA