Mostrando las entradas para la consulta chan de vilariño ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas para la consulta chan de vilariño ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de noviembre de 2019

SARCÓFAGO DE CHAN DE VILARIÑO - VILAN - FORNELOS DE MONTES

SARCÓFAGO DE CHAN DE VILARIÑO
VILAN
FORNELOS DE MONTES


      O patrimonio histórico-artístico e etnográfico de Fornelos de Montes é moi interesante, entre os que destacan os xacementos castreños do Monte da Cividade en San Vicente de Oitaven, os restos de grabados rupestres do Coto do Galo, situado no monte Castelo na parroquia de Calvos, ou os restos arqueolóxicos do Monte Castrove na parroquia da


     Mais sen dúbida a xoia arqueolóxica de Fornelos de Montes é o sarcófago antropoide excavado na rocha, que se atopa en Vilán. Na mesma parroquia, en Chans de Viláns, consérvanse os restos do Castelo-Fortaleza de Alemparte asolada polos irmandiños en 1467.



     O turismo verde ten unha grande importancia en Fornelos, grazas a variedade de rutas para percorrer que presentan unha riqueza paisaxística de máxica beleza, poboada de carballos centenarios e castiñeiros, pero ademais no percorrido podemos atoparnos con especies tan emblemáticas coma bubelas, becadas, aguias culebreiras, falcóns pelingríns, nutrias europeas, xabaríns, corzos, raposos, lobos, lagartiña galega, cobra viperina, víbora, etc. 


Sarcófago de Chan de Vilariño
    Do sarcofado de Vilan situado en Chan de Vilariño di a tradicion popular de que no se enterro un rei Mouro derrotado nunha gran balalla de houbo nesta zona que recibe o nome de Chan Vilariño porque Vilariño era quen dirigia en ejercito galaico.


     Pouco se sabe desta batalla pero recjo un uns apuntos de blog PONTEAREAS HISTORIA VIVA de Jhonathan Zúñiga Puga que si fala desta batalla.
     Situámonos no ano 825 da nosa era, na parroquia de Anceu, Ponte Caldelas, moi pretiño do encoro das Eiras, exactamente no lugar de Chan de Vilariño, onde tamén lindan as parroquias de Forzáns e Vilán (Fornelos de Montes). Aquí foi onde foi freada a primeira "aceifa" ou campaña de saqueo importante dirixida polo poder musulmán de Córdoba contra o territorio Galaico


Agradecemento
      O meu agradecimiento a Paco "Ou Pacorro de Vilan " e á súa filla Sesi polo tempo que me dedicaron para poder redescubrir o sarcofago e por as hitorias que me contaron que daran para moitos mais traballos.
Moitisimas grazas

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Jhonathan Zúñiga Puga
 PONTEAREAS HISTORIA VIVA
XOAN ARCO DA VELLA





domingo, 7 de mayo de 2023

O CANDEDO - CHANDREXA DE QUEIXA

 O CANDEDO

CHANDREXA DE QUEIXA

 O Candedo
     Santa María do Candedo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña trece habitantes (nove homes e catro mulleres), un menos ca no ano anterior.

Lugares da parroquia do Candedo
     O Candedo

Chandrexa de Queixa
     Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. 

     Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).

     É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.

      Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir deste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.

Xeografia
     O concello ten unha extensión de 172,75 km². Limita ao norte cos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río (mediante a serra do Burgo), ao sur con Laza e Vilariño de Conso (serra de Queixa), ao leste coa Pobra de Trives e Manzaneda, e ao oeste con Montederramo (serra de San Mamede).

     Sitúase no Macizo Central Ourensán, e está atravesado polos ríos Requeixo, Dorelle, e Queixa, afluentes do río Navea. Os 35 núcleos de poboación están situados entre os 1000 e os 1200 metros de altitude.

     O concello está a 6 km da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda.

     Ten un clima de media montaña, con invernos moi fríos e veráns calorosos. As precipitacións non pasan de 1100 mm por ano, cunha moderada seca durante o verán.


     O chan é granítico cara ao leste e de lousa cara ao oeste. Sobre o subsolo hai unha capa de terra fértil, na que se asenta unha densa vexetación.

Patrimonio
     Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.

     Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados.

     En Celeiros destaca o Museo Etnográfico.

     Respecto ao patrimonio natural está a fervenza de Dorelle, a fonte da Previsa, a área recreativa de Cardiego e mais a área recreativa de Santa Cruz.

Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra.

     A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA



miércoles, 17 de mayo de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE PEXEIROS - PiXEIROS - VIANA DO BOLO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE PIXEIROS

PIXEIROS

VIANA DO BOLO

Igrexa de Santa María de PIxeiros
     O templo parroquial, de estilo barroco popular, loce planta en forma de cruz latina e a clásica orientación Leste-Oeste.

     Erguida nun adro situado no centro da aldea, presenta nave única de chan encostado (algo moi infrecuente) e unha ábsida sobreelevada protexida por unha cuberta a catro augas.

     Unha escaleira exterior, labrada en fina cantaría, dá acceso á espadana, de aspecto robusto e sólido. O seu corpo principal acolle dous sinos baixo un par de arcos de medio punto separados das xambas por medio de impostas. 

     Coroa o conxunto un sólido frontón triangular flanqueado por pináculos piramidais rematados en bóla que aínda conserva dous mechinais (vans situados na parede que serviron para introducir vigas de madeira para formar parte dun andamio ou cimbra).

     O interior do templo está protexido por un magnífico artesoado de madeira que acolle no interior da ábsida un magnífico retablo barroco dividido en tres rúas por medio de columnas salomónicas decoradas con pámpanos e acios.

     No centro da composición unha imaxe contemporánea da coroación da Virxe tallada segundo o gusto da época: xesto diagonal para imprimir dinamismo e teatralidade á escena, roupas voadas para xogar co claro-escuro, coroa metálica real para enfatizar o realismo da imaxe, etc.

     No ático do retablo a representación da crucifixión –con Xerusalén amurallado ao fondo– e, coroando o conxunto escultórico, o Espírito Santo en forma de pomba rodeado dun nimbo fulxente.

     No conxunto do edificio destaca o valor decorativo de determinados elementos (a varanda da escalinata exterior, algunha ventá seteira...), pero sobre todo o da porta de acceso principal. 

     Esta destaca polas súas xambas e arco de medio punto estriados, pero sobre todo polos círculos decorativos (flores e motivos serpenteantes inseridos nun círculo) que adornan o espazo situado entre o arco e a chambrana (a moldura que perfila o exterior do arco).

Viana do Bolo
      Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana.

     Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2019 era de 2.886 persoas. O seu xentilicio é «vianés».

      Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino.

     Ese mesmo nome foille concedido despois ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262. O segundo elemento do nome: Bolo (do latín bullum 'outeiro' ou indicando a proximidade ao veciño concello do Bolo), consolídase na documentación escrita no século XVIII.

Xeografía
     Limita ao norte cos concellos da Veiga e O Bolo, ao sur coa Gudiña e A Mezquita, ao leste coa provincia de Zamora e ao oeste con Vilariño de Conso. Ten 271,51 km², e é o segundo concello máis extenso da provincia tras A Veiga.

Comarca de Viana
      A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

       Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

      A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña. 

     Polo Naciente achase o dialeuto frieirés, podendo pór as lindes por Barxa, Gudiña, Bouza, Pixeiros, Solveira e Dradelo. 


     Os pobos de Cepedelo e Pradorramisquedo están mui infruenciados polo frieirés, i os demais, lindantes con Castela, tein algunhas cousas do sanabrés

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 8 de octubre de 2012

A TRABE DE OURO E A DE ALCATRÁN

A TRABE DE OURO
E 
A TRABE DE ALCATRÁN




     Na parroquia de Vilariño, en terras do Pereiro de Aguiar, existe unha rede de pasadizos subterráneos que unen os restos do monte do castro coas ruínas dun castelo asolagado polas augas do Miño en tempos tan remotos que ninguén os lembra...
 
      Estes túneles están habitados por un 'mouro' ou trasno que acocha alí un tesouro inmenso, rico en pedras preciosas e xoias de ouro, que ten tentado a moitos a procura-la entrada ós pasadizos. Sen embargo, a "historia" advirte ás xentes da existencia de dúas trabes que sustentan todo o conxunto de túneles e cuxa disposición constitúe unha trampa para aqueles ousados que vaian na busca do tesouro.
 
      Nos arredores houbo un mozo que xa hai moito tempo tentou chegar ás riquezas que estas covas gardaban e quen contou ós veciños como conseguiu atopa-la entrada ós pasadizos. Despois de camiñar un anaco por eles atopou unha sala sustentada por unha gran trabe de ouro e outra escura, que segundo lle pareceu estaba feita de alcatrán. O enorme valor da trabe de ouro cegou o bo sentido do mozo, que axiña tentou tirala para fóra do seu lugar e levala consigo, sen decatarse de que cando comezou a tirar por ela accionou un resorte preparado polo 'mouro' que fixo que o lume prendese na veciña trabe de alcatrán.
 
      As lumaradas foron tais no interior da cova que o mozo só conseguiu saír dos pasadizos logo de arrastrarse polo chan, seguindo unha corda que levaba á cintura e que deixara atada fóra a un penedo.
 
      Pouco antes de que a trabe de alcatrán que sustentaba o teito dos pasadizos fose consumida polas chamas e a cova comezara a derrubarse, o mozo lograra saír para o exterior. Sen embargo, para el todo semellaba aínda o interior do máis escuro dos túneles, decatándose de que o lume da trabe de alcatrán que ardera tan próxima a el o deixara cego.
 
      Aínda que feitos como este disuadiron a moitos de procura-la a fortuna do tesouro, algúns dos máis maiores do lugar aínda confesan que de mozos pasaron días escavando e tentando atopa-la entrada ás covas do mouro.
 
      No mesmo sito do que conta esta lenda foron atopados restos dun castro e dunha importante inscrición que rezaba unha breve lenda : "sicenata pacata" , e que algúns teñen interpretado como conmemorativa da victoria romana do castro do Medulio, suxerindo algúns o seu emprazamento na zona.

 MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA