martes, 7 de abril de 2026

CRUCEIRO DE PARADA - MOSTEIRO DE POIO - POIO

 CRUCEIRO DE PARADA

MOSTEIRO DE POIO

POIO

 Cruceiro de Parada
       Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de cinco chanzos con voo e pedestal cúbico rematado cun bocel. 

     Na cara do anverso ten unha inscrición que di: “EXVOTO I E DI DE 1810 ANO”. O varal é circular estriado, conta con 16 estrías e comeza cuadrangular cunhas molduras que rematan en espirais. 

      O seu capitel é circular, astrágalo circular e con ábaco con catro lados curvos con querubíns e caveira sobre tibias afastadas por espirais e ringleira de follas por abaixo. 

       A súa cruz é rectangular cos paramentos recadrados. No seu anverso presenta a Cristo Crucificado por tres cravos, bendecindo con ambas mans cos dedos índice e maior estirados e co pé dereito sobre o esquerdo.

      Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. 

        O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe Coroada, cos dedos das mans entrelazados e sobre a cabeza dun anxo con ás. 

      O cruceiro é todo de pedra cun bo estado de conservación.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto:  Xose Troiano  

XOAN ARCO DA VELLA 



RETABLO DE ÁNIMAS - IGREXA DE SAN PEDRO - MUROS

 RETABLO DE ÁNIMAS

IGREXA DE SAN PEDRO

MUROS

     San Pedro de Muros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.523 habitantes (1.313 mulleres e 1.210 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.902 habitantes.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é de estilo gótico, e anteriormente coñecíase como a colexiata de Santa María do Campo. Mandouna construír Lope de Mendoza no século XIV, sendo terminada en 1400, segundo a inscrición encravada na porta principal. 

      Diante da igrexa esténdese un gran adro, onde na Idade Media se reunía o concello que gobernaba a vila.

      Consta dunha única e ampla nave dividida en cinco tramos. A capela maior, situada na cabeceira, está cuberta cunha vistosa bóveda de crucería. A nave está cuberta a dúas augas cun teito de madeira, que repousa sobre arcos apuntados.

     As capelas laterais foron engadidas nos séculos XV e XVI, e nelas hai diferentes altares con sepulcros medievais. Do templo primitivo consérvase a portada principal de acceso, o rosetón gótico, algúns canzorros e moitos dos signos lapidarios gremiais gravados nos perpiaños.

      No exterior ten unha torre campanario barroca, rematada en 1757. Presenta unha balaustrada pétrea no corpo das campás, ademais dun pórtico cuberto situado sobre a entrada principal. A campá máis grande desta igrexa, aínda en uso, foi un regalo de Eugenio Montero Ríos, e foi traída nun carro de vacas. É coñecida como "a campá de Montero".

      A imaxe máis venerada na vila é unha imaxe do Cristo da Agonía, unha representación barroca na que se reflicte unha grande expresión de sufrimento. 

      Encóntrase no altar das Dores e sae en procesión o Venres Santo. Ao parecer encargouna o Gremio dos Mareantes da vila. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 6 de abril de 2026

CRUCEIRO DO CEMITERIO DE LOURO - IGREXARIO - LOURO - MUROS

 CRUCEIRO DO CEMITERIO DE LOURO

IGREXARIO

LOURO 

MUROS

 Cruceiro do cemiterio de Louro
      No adro da igrexa parroquial de Louro, tamén chamada Cruz do Cemiterio por ter estado no mesmo, componse dun fuste octogonal apoiado sobre unha base cadrada que se ergue á súa vez sobre dúas gradas. 

     O capitel ten labradas nas súas caras estrelas, ao igual que moitos outros do Concello, talvez debido á influenza dos monxes Franciscanos asentados na parroquia. 

     A cruz ten no seu frente a imaxe do Crucificado e no reverso a imaxe da Virxe.

     O emprazamento orixinal do cruceiro era no lugar onde está hoxe o panteón de D.Joaquín Vieta e familia, e foi trasladado ao seu emprazamento actual debido a construción dos panteóns.

Comarca de Muros
     A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros. 

     Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co océano Atlántico. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: XOKAS 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA IGREXA - A IGREXA - SAN CIBRÁN DE RIBARTEME - AS NEVES

 CRUCEIRO DA IGREXA

A IGREXA

SAN CIBRÁN DE RIBARTEME

AS NEVES

A Igrexa
     A Igrexa é un lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. 

      Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 16 habitantes (9 homes e 7 mulleres).

San Cibrán de Ribarteme
       San Cibrán de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. 

Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 218 habitantes (108 homes e 110 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 246 habitantes.

Lugares de San Cibrán de Ribarteme
      Alboriño, Barro, O Campo, A Cumieira, A Gorgoza, A Igrexa, Paradela, Pedriños, Piñeiro, A Porteliña, Ribas, Sequeirós, A Torre

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA LAMA - A LAMA - RELLAS - SILLEDA

 CRUCEIRO DA LAMA

A LAMA

RELLAS

SILLEDA

 Cruceiro da Lama
     Cruceiro que se eleva sobre plataforma de dous chanzos. 

      A base é cuadrangular e o fuste de sección cilíndrica con remate en tres molduras, do que se levanta a cruz de sección cilíndrica e remates de adornos de formas esféricas. 

      No anverso o crucificado amosa talla de rasgos moi esquemáticos e de pouca proporción. 

      No reverso hai unha Virxe cun manto e mans en posición de orar, de talla tamén moi simple. 

      Poderíase dicir que pertence ao estilo de cruceiro de arte popular de tradición artesanal.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

Texto: elixiovieites 

XOAN ARCO DA VELLA 


domingo, 5 de abril de 2026

IGREXA DE SANTIAGO DE LOURO - LOURO - MUROS

 IGREXA DE SANTIAGO DE LOURO

LOURO

MUROS

     Datada no século XVIII aínda que ten a súa orixe na idade Media.

     Presenta  unha planta moi sinxela con muro de cantería de granito nos que apoian cimbros de madeira que sosteñen unha cuberta a dúas augas de tella, recentemente construída. 

     Na entrada da nave encóntrase un coro ao que se accede a través dunha escaleira apegada ao muro. 

     Na cabeceira está a ábsida, de menor altura, cuberta con bóveda de canón e dende á que se accede a sancristía apegada nun dos seus laterais, obra do 1860, cando se produciu unha importante reforma.

     O exterior é moi sinxelo

     A fachada principal presenta a porta de acceso decorada con arco de medio punto con diversas molduras apoiados sobre cornixas e columniñas, un oco sinxelo na parte de arriba e rematada por unha espadana de dobre arcada con frontón triangular e pináculos.

     Apegado á igrexa encóntrase o cemiterio formado por nichos e enterramentos no adro.

Comarca de Muros
     A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros. 

     Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co océano Atlántico. 

MAPA 

 

Fuente: Turismo de Muros 

XOAN ARCO DA VELLA