lunes, 6 de abril de 2026

CRUCEIRO DA IGREXA - A IGREXA - SAN CIBRÁN DE RIBARTEME - AS NEVES

 CRUCEIRO DA IGREXA

A IGREXA

SAN CIBRÁN DE RIBARTEME

AS NEVES

A Igrexa
     A Igrexa é un lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. 

      Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 16 habitantes (9 homes e 7 mulleres).

San Cibrán de Ribarteme
       San Cibrán de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. 

Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 218 habitantes (108 homes e 110 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 246 habitantes.

Lugares de San Cibrán de Ribarteme
      Alboriño, Barro, O Campo, A Cumieira, A Gorgoza, A Igrexa, Paradela, Pedriños, Piñeiro, A Porteliña, Ribas, Sequeirós, A Torre

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA LAMA - A LAMA - RELLAS - SILLEDA

 CRUCEIRO DA LAMA

A LAMA

RELLAS

SILLEDA

 Cruceiro da Lama
     Cruceiro que se eleva sobre plataforma de dous chanzos. 

      A base é cuadrangular e o fuste de sección cilíndrica con remate en tres molduras, do que se levanta a cruz de sección cilíndrica e remates de adornos de formas esféricas. 

      No anverso o crucificado amosa talla de rasgos moi esquemáticos e de pouca proporción. 

      No reverso hai unha Virxe cun manto e mans en posición de orar, de talla tamén moi simple. 

      Poderíase dicir que pertence ao estilo de cruceiro de arte popular de tradición artesanal.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

Texto: elixiovieites 

XOAN ARCO DA VELLA 


domingo, 5 de abril de 2026

IGREXA DE SANTIAGO DE LOURO - LOURO - MUROS

 IGREXA DE SANTIAGO DE LOURO

LOURO

MUROS

     Datada no século XVIII aínda que ten a súa orixe na idade Media.

     Presenta  unha planta moi sinxela con muro de cantería de granito nos que apoian cimbros de madeira que sosteñen unha cuberta a dúas augas de tella, recentemente construída. 

     Na entrada da nave encóntrase un coro ao que se accede a través dunha escaleira apegada ao muro. 

     Na cabeceira está a ábsida, de menor altura, cuberta con bóveda de canón e dende á que se accede a sancristía apegada nun dos seus laterais, obra do 1860, cando se produciu unha importante reforma.

     O exterior é moi sinxelo

     A fachada principal presenta a porta de acceso decorada con arco de medio punto con diversas molduras apoiados sobre cornixas e columniñas, un oco sinxelo na parte de arriba e rematada por unha espadana de dobre arcada con frontón triangular e pináculos.

     Apegado á igrexa encóntrase o cemiterio formado por nichos e enterramentos no adro.

Comarca de Muros
     A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros. 

     Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co océano Atlántico. 

MAPA 

 

Fuente: Turismo de Muros 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN XIAO DE RODÍS - RODÍS DE IGREXA - LALÍN

 IGREXA DE SAN XIAO DE RODÍS

RODÍS DE IGREXA

LALÍN

       Templo do século XII. é unha das xoias románicas do municipio.  

      A pesar da  sancristía apegada no muro norte e a espadana, engadidas no  S  XVIII. posúe a súa fábrica orixinal case intacta. 

       A ábsida é rectangular, con cruz patada. A portada occidental é dunha  arquivolta sustentada por columnas arrimadas, con bases e fustes lisos e capiteis decorados con cunchas. 

      Sobre a porta ábrese unha saetera de derrame interno.

        O muro sur alberga unha porta sinxela sen arquivolta finalizada cun  tímpano  pentagonal. A cornixa está sustentada por ménsulas en proa e curva, e está decorada con bólas.

       A 300 metros da igrexa atopamos a antiga fábrica de papel de Rodís..  

Comarca de Deza
        A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

      O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
     A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. 

       Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN XOÁN DE CERDEIRA - O REGUIÑO - CERDEIRA - AS NEVES

 IGREXA DE SAN XOÁN

O REGUIÑO

CERDEIRA

AS NEVES

      Igrexa do século XVII feita en pedra granítica labrada, de planta rectangular dunha soa nave e ábsida cuadrangular, con teitume a dúas augas agás no presbiterio que é a catro. 

     O conxunto posúe remates en pináculos troncocónicos.

     Na fachada principal podemos ver unha porta principal apilastrada. 

     Por riba dela unha ventá apilastrada con un saínte en forma de mesa e con remate en forma de cuncha.

     O conxunto remata nunha espadana de dous corpos. 

     O primeiro con dous ocos con arcos de medio punto e o superior cun pequeno oco.

Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

     Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

sábado, 4 de abril de 2026

CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE OUTEIRO - O OUTEIRO - SAN XOSÉ DE RIBARTEME - AS NEVES

 CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE OUTEIRO

O OUTEIRO

SAN XOSÉ DE RIBARTEME

AS NEVES

       Cruz de ánimas cun varal cadrado coas arestas rebaixadas e brazos con tope. 

      Na intersección da cruz aparece unha inscrición co ano da súa construción: “AS 1854”. Nos brazos outra inscrición di: “LO MANDO SU DEVOCION”.

      No varal, moi preto do chan, aparece unha pequena fornela de forma ovalada con dúas ánimas entre as lapas. 

       A seguinte fornela, protexida cun enreixado de ferro, contén un Cristo de madeira policromada acompañado de dúas figuras que poderían corresponderse coa Virxe e Santo Antonio.

      Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

       Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

      Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA