sábado, 4 de abril de 2026

CRUCEIRO EN GODÓN - LUGAR DE GODÓN - ARBO

 CRUCEIRO DE GODÓN

LUGAR DE GODÓN

ARBO

 Godón
      Godón é un lugar da parroquia de Arbo no concello pontevedrés de Arbo na comarca da Paradanta. 

      Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 40 habitantes (19 homes e 21 mulleres).

Arbo
      Santa María de Arbo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arbo. 

       Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.585 habitantes (789 homes e 796 mulleres) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 1.557 habitantes.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

CRUCEIRO DE MOALDE - EIREXE - MOALDE - SILLEDA

 CRUCEIRO DE MOALDE

EIREXE

MOALDE

SILLEDA

 Moalde
     San Mamede de Moalde é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 192 habitantes (102 mulleres e 90 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Historia e patrimonio
     Os primeiros vestixios de poboamentos en Moalde atópanse no lugar de Eirexe, onde hai un castro con máis de dous mil anos.

     A igrexa de San Mamede de Moalde, edificada en 1829, ten fachada neoclásica e unha torre-campanario de máis de vinte metros de altura, das máis altas da comarca. 

     Nas proximidades desta, atópanse un cruceiro do século XVII e a capela de San Xosé.

     Destaca tamén o Monte San Sebastián, cunha ermida dedicada a este santo e desde onde se ten unha gran panorámica do val de Trasdeza, podendo verse o Pico Sacro e o monte Faro. Recibe tamén o nome de Miradoiro da Rocha.

     Nesta parroquia naceu o sindicalista Adrián Troitiño.

Lugares de Moalde
      Cabana, Casamaría, Costela, Eirexe, Lis, A Meda, Outeiro, A Portela, Quinteiro, Rabo de Gato, Ribas, San Xosé, Xindiriz

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 3 de abril de 2026

SARTEGO DE SANTIAGO DE TABOADA - EIREXE - TABOADA - SILLEDA

SARTEGO DE SANTIAGO DE TABOADA

EIREXE

TABOADA

SILLEDA

 Taboada  
     A súa historia xira ao redor da ponte que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima que firma o ano da construción (912). 

     O lugar invita ao descanso e disfrute dunhas das paraxes máis fermosas do río Deza ao seu paso polo Concello. Forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza e goza da protección da Rede Natura 2000, ao ser catalogada como Lugar de Importancia Comunitaria.

     Por Taboada pasa A Vía da Prata adquirindo unha especial dimensión espiritual que se reflicte no conxunto formado pola igrexa románica, o singular e fermoso cruceiro de fuste cónico acanalado con altar, a área recreativa dedicada ao peregrino con dous monumentos dedicados ao Apóstolo Santiago e ao peregrino anónimo (Deseño de Fco. Alen. Obra de Escola Taller de Silleda). Forma parte da Ruta do Románico.

     Na arquitectura civil destaca a Casa de Carballeda con capela-oratorio na honra de San Roque, propiedade dos Gil Taboada de quen descende o arcebispo Cayetano Gil Taboada.

     Tamén se atopa nesta parroquia a primeira das estacións de ferrocarril da liña Zamora-Santiago con deseño baseado nas construcións barrocas dos pazos galegos.

     Ao pé do Camiño, no lugar da Ponte e preto do río, atópase a casa de turismo rural, "A Posta da Prata", que ocupa unha casa dedicada ao cambio das postas dos arrieiros. 

      No apartado gastronómico, no lugar de Taboada Vella, atópase unha das máis afamadas panaderías do Concello e a Parrillada "Rabasa".

Festividades:     
     Patrón: Santiago Apóstolo. 25 do Mes de Santiago (Xullo).
     Virxe de Fátima. 13 de Maio.
     Santo Antonio. 13 de Xuño.
     Santa Ana. 26 de xullo.

 Lugares:     

     Carballeda, Carral, Eirexe, A Ponte Taboada, Reboredo, A Regueira, Taboada Vella, Trasdovalo, A Estación. 

MAPA

 

 Fuente: Turismo de Silleda Concello de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA 

BALDAQUINO DA ÚLTIMA CEA - IGREXA DE ESCUADRO - ESCUADRO - SILLEDA

BALDAQUINO DA ÚLTIMA CEA 

IGREXA DE ESCUADRO

ESCUADRO

SILLEDA

 Lugares:     

     Balántiga, Barreiro, Bustelo, Cascaxide, Cimadevila, Cumbraos, Escuadro, Férveda, Outeiro, Paredes, A Penadauga, Portovello, Rañadoiro, Sar, Senra, Sestelo, Soldecasa, A Somoza, Torrón.

Información turistica:     
      É unha das parroquias máis extensas e a terceira máis poboada do municipio, que destaca polo seu volume de produción láctea e pola súa mecanización agraria. 

     Historicamente, xa no S. XVIII, no lugar de Penadauga celebraba unha feira mensual onde o que destacaba era a venda de gando.

      No aspecto artístico hai que subliñar: a igrexa, que conserva a súa primitiva fábrica románica da porta e tímpano (S. XII). Está integrada na Ruta do Románico. 

      Santuario de Sta. Sabela con famosas romerías onde se curan as verrugas e outras doenzas, lugar de culto prehistórico, visita obrigada do ofrecido.  

      O Pazo de Cascaxide, preto dun castro do mesmo nome, que foi casa dos Espinosa (S. XVII) e que forma un fermoso conxunto con torre, capela e cruceiro dos máis chamativos do Concello. 

     Como patrimonio paixasístico paga a pena visitar o Salto de Férveda situado no lugar do mesmo nome e o Bosque de Cascaxide, declarado espazo protexido.

Festividades:     
     Patrón: San Salvador. 6 e 7 de Agosto.
     San Marcos. 25 de Abril
     Santa Sabela. 2 de Xullo e domingo seguinte. 

MAPA

 

 Fuente: Turismo de Silleda Concello de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN MAMEDE DO CASTRO - LÁZARA - O CASTRO - SILLEDA

 IGREXA DE SAN MAMEDO DO CASTRO

LÁZARA

O CASTRO

SILLEDA

O Castro
     San Mamede do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. 

     Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 105 habitantes (49 homes e 56 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.

     Nesta parroquia atópase o asentamento castrexo da Copa do Castro, ao pé do cal está a igrexa de San Mamede, así como a Estación de Silleda.

Toponimia
     A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.

Lugares do Castro
 
    O Agriño, O Coto, Lázara, O Outeriño, O Regueiro, O Tellado, Vilavella

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

      A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

      O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
       A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. 

      Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO DE VENTO DE AGRA - CAMPO DE CORTES - MIRAFLORES - MUROS

 MUIÑO DE VENTO DE AGRA

CAMPO DE CORTES

MIRAFLORES

MUROS

       Situado na zona denominada “Agra do Alcalde” érguense os restos dun muíño de vento edificado a finais do século XIX e que traballou até as primeiras décadas do século XX. 

      Debido a boa aceptación dos cultivos de millo na zona, os muíños de río quédanse insuficientes e varios particulares edifican outros tipos de muíños como sería o deste caso.

      A torre cilíndrica, de pedra, érguese sen ningún tipo de plataforma a unha altura de 3,5 metros. O diámetro interior mide 3,3 m. é os muros teñen unha anchura de 0,75 m. Unha única porta orientada ao SL e unha xanela na planta superior. 

       Tamén presenta como curiosidade un zócalo de 60 cm. de altura cunha forma achafranada. As velas serían de lona, fixadas nunha cuberta xiratoria.

      Este exemplo, xunto co do Casuco ou da Punta Sampedreño, na parroquia de Tal, son os dous que aínda sobreviven (só a estrutura), mais existe constancia e restos de polo menos sete muíños de vento no Concello.

       Para chegar a el saímos dende a ermida do Espírito Santo no Campo das Cortes collendo a pista forestal que conduce a Taxes. 

       Unha vez pasadas as Cortes do Gando collemos o primeiro desvío a man dereita que leva a Miraflores, a escasos 300 m. do cruce, nun montículo a man dereita vense os restos deste muíño.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: XOKAS

XOAN ARCO DA VELLA