miércoles, 1 de abril de 2026

PETO DA RÚA CARAVEL - RÚA CARAVEL - MUROS

 PETO DA RÚA CARAVEL

RÚA CARAVEL

MUROS

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DE SAN RAMÓN - BOUZA DO REI - OUBIÑA - CAMBADOS

 PETO DE SAN RAMÓN

BOUZA DO REI

OUBIÑA

CAMBADOS

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

      Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

sábado, 14 de marzo de 2026

CRUCEIRO DE ÁNIMAS DO CEMITERIO DE SAN SALVADOR DE POIO - SAN SALVADOR DE POIO - POIO

 CRUCEIRO DE ÁNIMAS DO CEMITERIO

SAN SALVADOR DE POIO

POIO

 San Salvador de Poio 
     San Salvador de Poio é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. 

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 7.642 habitantes (3.790 homes e 3.852 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.152 habitantes.

Poio
       Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. 

     Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio é poiense.

     Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². 

      Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. 

       Destaca a presenza do monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude. 

       Na aba deste monte está o bosque de sequoias de Poio. 

      Na ría de Pontevedra atópase a illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Parroquias
      Combarro (San Roque), Poio (San Salvador), Poio (San Xoán), Raxó (San Gregorio), Samieira (Santa María)

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

CASTRO PENEDO DOS MOUROS - LOURIDO - SALVATERRA DO MIÑO

 CASTRO PENEDO DOS MOUROS

LOURIDO

SALVATERRA DO MIÑO

 Castro formado por grandes pedras e covas
      Un dos castros máis singulares de toda Galicia atopámolo en Salvaterra de Miño, é o coñecido como Castro Penedo dos Mouros ou Castro de Lourido, pola parroquia na que se sitúa.

A monumentalidade das rocas
      O que máis chama a atención da zona cando imos visitar o castro de Lourido son as grandes formacións rochosas que forman o conxunto, a esencia pura deste lugar e que o diferencia de calquera outros castros da provincia. 

      As covas, as cavidades rochosas e a croa deste lugar de Salvaterra fano especial e convérteno nun lugar tamén envolvido por un halo mitolóxico.

       A poboación castrexa adaptouse ás características xeográficas do lugar, un espazo que presenta sinais de vida desde a prehistoria cos petróglifos próximos, ata a propia civilización romana da que se conservan restos ata dunha vila con hipocausto.

     Unha visita ao Penedo dous Mouros é un repaso á historia de Galicia, empezando polo que se considera unha posible mámoa ata os restos pouco investigados da vila romana. 

      O castro en si está datado na Idade de Ferro e estímaselle unha extensión de 40 hectáreas con estrutura defensiva a base de fosos e terrapléns. 

      Entre a vexetación do lugar distínguense aínda a planta dalgunha vivenda castrexa.

 Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

      Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

VIDEO

MAPA 

 

 

Fuente: Web Paxinas Galegas 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CRUCEIRO DE SAN CIBRÁN - LUSQUIÑOS - TOMEZA - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DE SAN CIBRÁN

CAPELA DE SAN CIBRÁN

LUSQUIÑOS

TOMEZA

PONTEVEDRA

 Lusquiños
     Lusquiños é un lugar da parroquia de Tomeza no concello de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 413 habitantes (191 homes e 222 mulleres).

Tomeza
      San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. 

Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), 104 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Xeografía
       Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu. 

       A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.

Historia
      No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Festas e Romarías
       A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.

       As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.

       A parroquia é terra de canteiros. O mestre Daniel, célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra.

      O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. 

Lugares de Tomeza
     O Alcouce, A Carballa, O Casal do Río, Lusquiños, O Marco, O Pobo, O Pombal, Pumariño, San Pedro, A Valadiña

MAPA 

 

XOAN ACO DA VELLA