Edificación do século XVI posiblemente feita sobre outra anterior, construída a base de perpiaño granítico irregular, de planta rectangular e unha soa nave, coa sancristía adosada a nun dos seus muros laterais.
Posúe teitume a dúas augas.
Na súa fachada, sobria e case sen decoración, podemos ver a porta de acceso alintelada e unha espadana dun só oco con arco de medio punto e remate en cruz pétrea e pináculos nos extremos.
Esta ermida atópase na croa do Castro dos Remedios
Ao carón da porta de acceso podemos ver un petróglifo serpentiforme.
Comarca do Morrazo A comarca do Morrazo ou Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.
Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.
Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.
A Fonte da Virxe de Gundián, en Ponte Ulla (Vedra), está envolta en lendas que mesturan a fe cristiá con antigos cultos á auga. Aquí tes o máis destacado da súa tradición.
A lenda da auga milagreira A crenza popular máis forte di que a auga desta fonte nace directamente debaixo do altar maior da capela do santuario. Isto outórgalle un carácter sagrado e curativo.
Curación de "crianzas": Antigamente, moitos pais levaban alí aos nenos que estaban frouxos, enfermos ou que tardaban en falar. O ritual consistía en lavalos coa auga da fonte para que a Virxe lles dese forza e saúde.
O 8 de setembro: Durante a romaría de Gundián, a fonte convértese no centro de peregrinación, onde os devotos beben e mollan os panos para pedir protección.
O contexto do Paso da Cova A fonte non se entende sen a sua contorna, o Paso da Cova, un lugar onde o río Ulla se estreita entre paredes de cuarzo.
As lendas din que:
Paso estratéxico: Dise que este era un lugar de paso de camiños antigos (mesmo se fala de influencia templaria) onde a Virxe protexía aos viaxeiros que cruzaban o río. O Pico Sacro: Existe unha conexión espiritual co Pico Sacro, que se ve dende alí. Ambas zonas comparten historias sobre o traslado dos restos do Apóstolo Santiago e o amansamento dos bois bravos.
Hoxe en día, a imaxe da Virxe de pedra sobre a propia fonte segue a ser o símbolo desta unión entre a natureza (a auga) e a relixión no corazón do Val do Ulla.
Oleiros San Martiño de Oleiros (á espera da oficialización da forma San Martiño de Oleiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira.
Segundo o IGE en 2018 tiña 967 habitantes (512 mulleres e 455 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, construída en 1769 e ampliada a mediados do século XIX. Conta cun valioso cáliz do século XVIII.
Ten planta de cruz latina coa sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras, que sosteñen unha bóveda de canón.
No segundo tramo atópanse dúas capelas laterais xemelgas, construídas na década de 1940 e cubertas con bóveda de aresta, ao igual que o prebisterio e a sancristía. Na fornela principal atópase unha imaxe de Martiño de Dumio.
Do templo primitivo, posiblemente de orixe románica, só queda unha estatua da Mater Dolorosa, situada nun dos muros do adro tallada en granito.
Sirves Sirves é un lugar da parroquia de Olveira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.
Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 263 habitantes (139 homes e 124 mulleres).
Olveira Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira.
Segundo IGE no 2018 tiña 1.181 habitantes (583 mulleres e 598 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados.
Isto supón unha diminución en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.
As súas entidades de poboación son Agrelo:
Os Agueiros, O Barreiro, Bretal, Campelos, Casanande, Cerradas, A Cocheiriza, Cristal, A Espiñeira, Iñeiras, O Monte da Laxa, Olveira, Olveira da Igrexa, Olveira de Arriba, Reirís, Sirves, O Souto e O Viso.
Patrimonio A igrexa de Santa María de Olveira é de orixe románica (época da que conserva unha cripta, un Agnus Dei e dúas columnas cos capiteis), sendo reconstruída en 1742 en estilo neoclásico. A Igrexa Nova de Olveira (na Agra) foi construída en 1967 en estilo neoclásico. Con base de cruz latina, está construída en cachotaría. Conserva reliquias dos mártires do século III Nectario e Victorina.
A capela da Nosa Señora da Angustia (en Bretal) foi construída en 1790 por Roque Pillado de Orellán. Ten unha pequena espadana. A capela da Nosa Señora das Dores (en Sirves) foi construída en 1869 e restaurada en 2002. En Campelos está a capela da Sagrada Familia.
O cruceiro do Viso é un cruceiro de capela. A furna está sobre un piar octogonal e base ortogonal en chanzos. O parque natural Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un espazo natural protexido, cunha duna móbil, unha lagoa salgada e outra seca. O monte Tahúme é o punto máis alto da parroquia.
Festas As festas patronais son o 13, 14 e 15 de agosto.
O 30 de abril celébrase a festa das Dores no lugar de Sirves. O 4 de xuño é a festa da Angustia en Bretal.
O manancial termal de Caldelas de Vilariño segue activo 40 anos despois do seu peche
O balneario sitúase nunha leira privada próxima ao área recreativa.
As augas sulfurosas de Caldelas de Vilariño, na parroquia agoladense do mesmo nome, brotan dunha fonte ornada cunha cabeza de león e enmarcada nun valado de ferro e pedra que aínda dan unha idea do esplendor que tivo este balneario aberto a mediados do século pasado e que pechou as súas portas a comezos da década dos 70.
As calidades do manancial foron descubertas a comezos do século XX por Campio Vilariño nunha leira da familia na que anos despois o seu fillo Antonio levantaría o balneario.
Como só dispoñía de habitacións para tomar os baños con calefacción grazas a un forno de leña os visitantes de Caldelas hospedábanse nos hostais e fondas do lugar, o que repercutiu, e moito, na economía de Agolada.
Ao balneario viñan ata veciños de Lugo, que ademais dunha contorna envexable onde relaxar corpo e mente tamén tiñan unha capela dedicada a Santa Lucía, da que hoxe non queda ningún rastro.
Coa xubilación de Antonio e da súa esposa, o balneario pechou as súas portas pero dunha forma simbólica, posto que as instalacións seguiron por moitos anos ao dispor dos veciños que quixesen coller auga da fonte.
De feito, as chaves do recinto custodiáronse durante moitos anos no merendero próximo. A día de hoxe, moi pouco queda xa do mobiliario da ducia de habitacións con que chegaron a contar as termas.
As súas portas mantivéronse abertas ao veciños pero tamén aos ladróns, que levaron case todas as bañeiras así como os inodoros e lavabos.
Permanecen loitando contra o paso do tempo os azulexos nas paredes e algún que outro marco das xanelas, cuxos cristais se perderon co paso dos anos.
A familia propietaria vive moi preto do lugar e descarta a súa reapertura debido ao enorme investimento que se necesita non só para reacondicionar as salas de baño, senón tamén para dotalo de habitacións e outros servizos de lecer. Con todo, Caldelas de Vilariño espertou fai uns anos a curiosidade dunha firma madrileña responsable dalgúns hoteis da Ribeira Sacra. O propio alcalde, exerceu de ligazón entre os donos e a empresa, aínda que finalmente o balneario non cambiou de mans.
Non cabe dúbida de que a súa remodelación supoñería un empuxón para a economía da comarca, dado que o balneario Baños dá Brea, é o único que explota en Deza as calidades das augas.
Non é a única xoia en contacto coa natureza que viviu tempos mellores. No veciño concello de Antas de Ulla o balneario de Frádelas tamén nunha leira privada e abandonado á súa sorte desde hai anos. Mellores tempos, e con diferenza, corren para o balneario de Baños dá Brea, en Merza, e o de Pambre, no municipio de Palas de Rei.
Igrexa de San Martiño de Oleiros Crese que con anterioridade a este templo puido existir outro románico como testemuña á escultura da Mater Dolorosa embutida no muro do adro.
A igrexa actual foi mandada construír pola Orde Beneditina (o seu patrón é San Martíño) e foi ampliada en 1853. Consta dunha planta en cruz latina con sancristía na cabeceira.
Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras e que sosteñen unha bóveda de canón. A tribuna atópase aos pés da igrexa. No segundo tramo dúas capelas laterais xemelgas construídas nos anos 40 e cubertas con bóveda de aresta. O presbiterio e a sancristía tamén cóbrense con bóveda de aresta.
Os seus muros son de perpiaño, a excepción dos esquinais que son de cantería de granito. Salvo a fachada, o resto dos muros están cubertos con enfuscado pintado de branco.
A cuberta é a dúas augas con tella curva. A fachada principal é de gran simplicidade. Ábrense tres ocos: a porta principal rectangular, sobre ela unha fornela en arco de medio punto coa imaxe de San Martíño e na parte superior unha ventá cadrada.
Remata cunha cornixa a dúas auga no vértice da cal se levanta o campanario.
Acceso Dende Ribeira, tomaremos a estrada xeral C-550 en dirección Porto do Son e Noia. A uns 5 km aproximadamente chegaremos ao lugar de Oleiros no que hai un cruzamento de estradas. Tomaremos a pista da esquerda que conduce directamente á igrexa.