domingo, 1 de marzo de 2026

IGREXA DE SAN SALVADOR DE MACEIRA - MACEIRA - COVELO

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE MACEIRA

MACEIRA

COVELO

Maceira
      San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. 

       Segundo o INE, en 2025 tiña 285 habitantes (142 homes e 143 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 414 habitantes. En 1999 tiña 570 habitantes.

Historia
       Os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.

Información
      A parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. 

     A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos. 

        A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.

       É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. 

       Preto áchase un cámping de montaña. 

       Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona.

     Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.

Lugares de Maceira
      As Barcielas, Carmoniño, Castro, Castrorregueiro, Chicoreiros, Costeiriña, Cotiños, O Couso, Eidos Vellos, Figueiroa, A Igrexa, A Maquián, A Mouta, Outedo, Pancellos, Pedredo, Portagudiño, Portoparada, Riocortiñas, San Breixo, Souto, Trasfontán, Vales, Vilanova, Vixiáns

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO EN CADRELO - CADRELO - SANTO TOMÉ DE PIÑEIRO - MARÍN

 PETO EN CADRELO

CADRELO

SANTO TOMÉ DE PIÑEIRO 

MARÍN

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 


sábado, 14 de febrero de 2026

CRUCEIRO EN PEDRE - PEDRE - CERDEDO COTOBADE

 CRUCEIRO EN PEDRE

PEDRE

CERDEDO COTOBADE 

Pedre
      Santo Estevo de Pedre é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade.  

     Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis có ano anterior e 24 máis ca en 2005.

Patrimonio
      Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.

      A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un baldaquino gótico que data dos séculos XV ou XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos.

     No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.

      Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte de tres arcos.

       Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.

       En Vichocuntín hai unha ponte dun arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, construída a mediados do século XIX como parte da estrada entre Pontevedra e Ourense. Na aldea hai tamén un peto de ánimas cun cruceiro.

      En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 13 de febrero de 2026

IGREXA DE SAN SADURNIÑO DE PIÑEIRÓ - PIÑEIRÓ - O SAVIÑAO

 IGREXA SAN SADURNIÑO

PIÑEIRÓ

O SAVIÑAO

 San Sadurniño
       San Sadurniño é un lugar da parroquia de Piñeiró no concello do Saviñao, na comarca de Terra de Lemos.  

       Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 3 habitantes (1 home e 2 mulleres).

Piñeiró
      San Sadurniño de Piñeiró é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.  

      No ano 2007 tiña 263 habitantes, deles 129 eran homes e 134 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Piñeiró
       O Beirán, Piñeirón, A Portela, Salcedo, San Sadurniño, Sobrelle, A Touza, Vilachá, Vilamor, Vilarreme 

Comarca de Terra de Lemos
      Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. 

      Toda esta comarca forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

      Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.  

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN REMIGIO DAS MACEIRAS - AS MACEIRAS - DOZÓN

 IGREXA DE SAN REMIGIO DAS MACEIRAS

AS MACEIRAS

DOZÓN

 Igrexa de San Remixio das Maceiras
      Esta igrexa de cantería granítica foi construida en no seculo XVIII, ten planta rectangular e a fachada conta con remates en forma de pináculos nos extremos superiores

As Maceiras
      San Remixio das Maceiras é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Dozón. 

       Segundo o IGE en 2011 tiña 65 habitantes (39 homes e 29 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 93 habitantes.

Lugares das Maceiras
      A Carballeira, As Maceiras, Parada 

Comarca de Deza
       A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

      A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

        O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA