lunes, 4 de agosto de 2025

CRUCEIRO DE CARDAMIL - AMIL - MORAÑA

 CRUCEIRO DE CARDAMIL

CARDAMIL

AMIL

MORAÑA

 Cartamil
     Cartamil é un lugar da parroquia de Amil no concello pontevedrés de Moraña, na comarca de Caldas 

Amil
     San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico

      A igrexa parroquial foi construída en 1781.
     En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

      A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

      Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX,

Festas
     Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.

Lugares de Amil
     O Apedrado, Barro, Cartamil, O Castriño, A Chan, O Outeiro, A Picota, Piñeiro, Pumardatán, A Rozavella, Ruibal, Torre de Abaixo, Torre de Arriba, Vilacova  

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA LAXE - ENTRERRÍOS - A LAXE - FORNELOS DE MONTES

 CRUCEIRO DA LAXE

A LAXE

ENTRERRÍOS

FORNELOS DE MONTES

     O Cruceiro da Laxe, segundo pon na súa base, está datado do ano 1784. 

      Ten máis inscricións pero non son doadas de interpretar polo seu desgaste.

     No fuste posúe o elemento máis curioso. 

      Hai moitos cruceiros nos que se sole usar a serpe como motivo de representación do pecado orixinal entregando a mazá a Eva. 

     Pero neste caso é distinto xa que a serpe atópase abrazando unha caveira que nos observa fixamente.

      Sobre esta atópanse representadas as ferramentas da paixón de Cristo, despois un capitel con motivos florais e catro pequenos anxos. 

      No alto un Cristo crucificado, co torso moi marcado, e no reverso a Virxe en actitude orante. 

Entrerríos
      Entrerríos é un lugar da parroquia da Laxe, no concello pontevedrés de Fornelos de Montes na comarca de Vigo.

Toponimia
      O topónimo Entrerríos sinala a localización da aldea nun meandro do río de Valdohome xunto á desembocadura nel do río Barbado. A carón da aldea está a ponte da Laxe.

Lugares da Laxe
     A Airoa, O Casal, O Couso, Entrerríos 

MAPA

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DAS PROCESIÓNS - IGREXA DE QUINTILLÁN - FORCAREI

 CRUCEIRO DAS PROCESIÓNS

IGREXA DE QINTILLÁN

FORCAREI

 Quintillán
     San Pedro de Quintillán é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 256 habitantes (131 mulleres e 125 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 286 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 181 habitantes, sendo 84 homes e 97 mulleres.

Topónimo
     Topónimo de posesor, do nome Quintilianus que sería o posesor ou dono das terras.

Historia
     A sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922 axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Levoso. A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois.

Patrimonio
      A igrexa de San Pedro de Quintillán conserva varias imaxes do século XVI e unha pía bautismal do XIV. 

      Existen numerosos cruceiros, entre os que destaca o "Cruceiro das Procesións", barroco e moi historiado, no adro da igrexa parroquial.

Lugares de Quintillán
     A Graña de Cabanelas, A Graña de Umia, Levoso, Quintillán, Rozados 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA IGREXA - SAN PEDRO DE GAXATE - GAXATE - A LAMA

 CRUCEIRO DA IGREXA

SAN PEDRO DE GAXATE

GAXATE

A LAMA

 Gaxate
     San Pedro de Gaxate é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.  

      Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 204 habitantes (105 mulleres e 99 homes), 17 máis ca en 2004. Ten doce entidades de poboación.

Xeografía
    A parroquia está bañada polo río Oitavén. Sitúase xunto a Verducido, ó sur do concello. Limita ao norte con Xende e ao oeste con Forzáns (Ponte Caldelas).

Demografía
      Os habitantes desta parroquia van minguando co paso do tempo, debido á emigración das súas xentes a Portugal, Brasil e Europa, na súa maioría. Proba deste feito son as múltiples evidencias arquitectónicas que podemos admirar, como os pazos ou as casas señoriais, algunhas de estilo indiano. Os seus habitantes, con nostalxia, aínda lembran os anos dourados de Gaxate, onde abundaban as tardes de festa e cine, as xuntanzas, faladoiros e os primeiros paseos en coche.

Historia
     Os restos arqueolóxicos achados no castro de Gaxate indican que foi unha zona habitada dende tempos remotos.

      Durante o feudalismo, os nobres ocupaban o poder e posuían ostentosas casas que aínda hoxe se poden atopar. Máis tarde, no século XV, Gaxate pertenceu ao Condado de Soutomaior, e crese que Pedro Madruga e a súa esposa Dona Urraca tiveron casa en Gaxate.

     Gaxate era un lugar innovador, foi a primeira parroquia do municipio e unha das primeiras da provincia que contou con luz eléctrica grazas á enerxía xerada por unha fábrica de electricidade alí situada.

Lugares de Gaxate
       A Aldea, O Castro, A Cavada, O Eido de Abaixo, A Igrexa, Os Muíños, O Pereiral, A Ponte, A Ramadiza, Ramil, As Rañas, A Rocha  

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA CHANCIÑA - A CHANCIÑA - GAXATE - A LAMA

 CRUCEIRO DA CHANCIÑA

A CHANCIÑA

domingo, 3 de agosto de 2025

PETO DOS SANTOS - SISTELO - ARCOS DE VALDEVEZ

PETO DOS SANTOS

SISTELO

ARCOS DE VALDEVEZ 

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural. 

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA