jueves, 7 de noviembre de 2024

CRUCEIRO DO OLMO - CRUCE DO OLMO - LEIRO

 CRUCEIRO DO OLMO

CRUCE DO OLMO

LEIRO

Leiro
       Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

      Segundo o Padrón municipal, en 2022 tiña unha poboación de 1.522 habitantes

Historia
      Xa no século VI existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia.

 
      No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado coa desamortización de Mendizábal.

      Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Patrimonio
      No concello atópase o mosteiro de San Clodio, do século VI, que na actualidade funciona como hotel-monumento de catro estrelas.

      A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI). A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.

Patrimonio natural
      Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, con formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.

Parroquias de Leiro    
      Berán (San Breixo), Bieite (Santo Adrao), Gomariz (Santa María), Lamas (Santa María), Lebosende (San Miguel), Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) , San Clodio (Santa María), Serantes (San Tomé)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PRAIA DE LOIRA - SEIXO - MARÍN

PRAIA DE LOIRA

SEIXO

MARÍN

 Loira
     Loira é un lugar da parroquia de Seixo no concello pontevedrés de Marín, na comarca do Morrazo. 

      Tiña 159 habitantes no ano 2011 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 83 eran homes e 76 mulleres. 

Seixo
     Nosa Señora do Carme de Seixo é unha parroquia do concello de Marín, na comarca do Morrazo.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2021 tiña 1.903 habitantes (946 homes e 957 mulleres).

Paraxes naturais
       Seixo ten dous areais: a praia de Aguete, que conta cunha pequena cala, Mingotes, mais coñecida como praia dos Namorados, onde se pode practicar o nudismo dende fai mais de tres décadas, e a praia de Loira. 

      A praia de Aguete remata naturalmente na Punta Chirleu onde actualmente se atopa o Club Nautico de Aguete e o peirao deportivo. Fronte a este, no seu lado occidental está o Con do Chirleu un illote rochoso con gran valor paisaxístico, a cal sofre o embate constante das ondas e ao que se achegan os pescadores da zona a faenar.

      Xusto a continuación da Punta do Chirleu está a praia Niño do Corvo, unha pequena cala de difícil acceso, a cal só se pode chegar cando a marea está baixa.

Comarca do Morrazo
       A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

      Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

       Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

     É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia). Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).

      É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). 

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

     O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 6 de noviembre de 2024

EIRA DE O CASAL - O CASAL - QUINS - MELÓN

 EIRA DE O CASAL

O CASAL

QUINS

MELÓN

 O Casal
       O Casal é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro.

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. 

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

      A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
    Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUZ NO SARTAL - SARTAL - POIO

 CRUZ NO SARTAL

SARTAL

POIO

      Cruz destinada ao alto dun portal.

      Consta dun    baseamento con dúas molduras (filete e toro) na base, unha parte en forma de pirámide truncada con arestas rebaixadas e rematada nunha moldura moi prominente sobre a que se ergue unha cruz latina con imaxinería.

      Na parte frontal, temos un epígrafe toscamente labrado e pouco lexible:

ESTA OBRA
A LA X.—
MA ——–
Cº—

     No anverso da cruz, temos un Cristo toscamente labrado en relevo sobre a cruz. 

     Pernas separadas entre si, rostro e cabeza sen detalle, sen coroa de espiñas; e pano de pureza moi curto amarrado a dereita.

     No reverso, a Virxe María en aptitude orante, cuberta por unha ampla túnica.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO CEMITERIO VELLO DE ARDÁN - ARDÁN - MARÍN

 CRUCEIRO DO CEMITERIO VELLO

ARDÁN

MARÍN

O Igrexario
     O Igrexario é un lugar da parroquia de Ardán no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo.

     Tiña 71 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 34 eran homes e 37 mulleres.

Ardán
     Santa María de Ardán é unha parroquia que se localiza no concello de Marín.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 1591 habitantes (761 homes e 830 mulleres), 114 menos ca en 2004 (871 mulleres e 834 homes) e 176 menos ca en 1999.

     Ten trece entidades de poboación.

Lugares de Ardán
    Cabodevila, Casás, O Igrexario, Malvido, Moledo, Pastoriza, O Pazo, Os Picotes, A Tioira, Vilaseca, Xermade, Xuncal

Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA