sábado, 4 de mayo de 2024

MUIÑO EN FONDO DE VILA - REGO DE PONTE PARDELLAS - PRADO - COVELO

 MUIÑO EN FONDO DE VILA

REGO DE PONTE PARDELLAS

PRADO

COVELO

Fondo de Vila
      Fondo de Vila é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta.

Prado
      San Salvador de Prado é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

          Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 157 habitantes (90 mulleres e 67 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes. 

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 98 habitantes, sendo 50 homes e 48 mulleres.

Lugares de Prado
      As Carballas, Carballeira, Cende, A Costiña, Coveliño, Fondo de Vila, A Fraga, Os Loureiros, Outeiro. A Presa, O Toxaliño, As Veigas do Chan

Covelo
       Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta.

       Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio  é «covelán/á» ou «covelense».

Patrimonio
       Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.

       Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Parroquias de Covelo    
        Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago). Santiago de Covelo (Santiago)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 3 de mayo de 2024

CRUCEIRO PETO DA PICOÑA - A PICOÑA - SALCEDA DE CASELAS

 CRUCEIRO PETO DA PICOÑA

A PICOÑA

SALCEDA DE CASELAS

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN ROQUE - BERÁN - LEIRO

 CAPELA DE SAN ROQUE

BERÁN

LEIRO

 Berán
     San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.

     No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes.

     Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Historia
      Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro. Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das nove entidades locais menores de Galiza.

Patrimonio
      A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.

Festas e tradicións
      As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo (19, 20 e 21), sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. 

     Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto.

      A finais de outubro celébrase a festa do licor café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.

Lugares de Berán
     Berán, Caldelas 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTILLÓN DA IBIA - A IBIA - RÍO DEVA - A CAÑIZA

 PONTILLÓN DA IBIA

A IBIA

RÍO DEVA

A CAÑIZA

Río Deva
      O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.

Percorrido
      O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño.

      A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.

Réxime hídrico
       É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.

Etimoloxía
      Algunhas teorías sinalan unha orixe céltica para este nome, ao que relacionan co deus (indoeuropeo *deiwos), con significado de "sagrado" ou "divino".

         O nome repítese na Galiza mesmo, no río Deva da Terra de Celanova. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon.

Comarca da Paradanta
       A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE O PAZO - SANTA EULALIA DE BATALLÁNS - AS NEVES

 PETO DE O PAZO

SANTA EULALIA DE BATALLÁNS

AS NEVES

Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe

     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA