Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.
Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.
Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.
Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.
Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.
Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.
Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.
En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.
Ría de Ferrol Localización A ría de Ferrol tamén chamada ría de Xuvia ou enseada da Gándara é unha das rías galegas situada nas Rías Altas, no Golfo Ártabro.
É navegable ata a Ponte das Pías. Pequenas embarcacións marisqueiras ata a ponte do F.C. (en marea alta). baña os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos e Ares
Historia Existen referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e da Baixa Idade Media, todos eles vencellados ao comercio e ás actividades navais, militares e pesqueiras que decaen a partir da Alta Idade Media.
Durante a dinastía dos Austrias utilizouse a ría como base non permanente das Armadas, o que supuxo a construción das primeiras fortificacións.
A chegada dos Borbóns á Coroa de España trouxo trocos substanciais na política naval decidindo localizar na ría ferrolá o Arsenal del Norte, por ser un porto natural e idóneo desde o punto de vista táctico e defensivo.
O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o século XIX tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do Arsenal e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o lugar anexo ó Arsenal cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de 1856, a partir dos cales se realizou un pequeno dique do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.
O 24 de agosto de 1910 creouse, por Real Decreto, a Xunta de Obras do Porto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís.
No ano 1918 redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en 1944, cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladreda), que non se rematou ata 1960, apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios ó Porto e ó Arsenal.
Entre 1949 e 1959 construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria).
En 1968, no contexto da especialización de Astano na construción de super-petroleiros, tivo lugar a inauguración da Ponte das Pías, tamén denominada como A Ponte do Caudillo, título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa co estaleiro Astano.
A partir de 1984 iníciase a última fase de expansión para obter maiores calados, máis lonxitude dos atraques e superficies de depósitos máis grandes. Constrúense o Novo Peirao, con 14 metros de calado, base para desenvolvementos posteriores.
Na derradeira década do século XX amplíase polo sur o "Peirao Fernández Ladreda" para calados de ata 12,5 metros, constrúese o peirao que pecha polo norte e créase o acceso ó peirao por autovía.
En 1995 comezouse cos primeiros estudos para a construción dun peirao na entrada da ria, obras que comezaron no ano 2001. Os peiraos actuais compleméntanse cos anteriores facendo do Porto de Ferrol o mellor dotado do noroeste peninsular tanto en liñas de atraque e calados como en superficies.
Cova Santa María de Cova é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 45 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón un incremento de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Cova Cabeza de Manzaneda, Cova
A Pobra de Trives A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives.
Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 2.067 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicioé «pobrense» ou «trivés».
Xeografía A Pobra de Trives sitúase nos contrafortes occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara o oeste e as ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.
O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.
Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediterráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.
Historia Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas.
Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.
A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.
A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos.
Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.
Comarca da Terra de Trives A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra.
A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE Descrición Finais do século XV e principios do XVI. Trátase dunha igrexa de notable antigüidade.
Aparece na relación de igrexas que Afonso II lle mandou facer ao abade Tructinio no ano 830.
Posúe grandes muros de pedra con enormes contrafortes, polo que as xanelas son escasas e estreitas.
É dun estraño estilo gótico tardío ou de transición ao renacemento moi pouco frecuente en Galicia.
Ten unha soa nave, unha ábsida cadrada e un adro diante da porta principal para se resgardar da chuvia.
A porta é de arco semicircular sen adornos e un óculo con boceis na parte superior. Os arcos están adornados con molduras e os capiteis teñen lixeiros relevos.
No seu interior destaca a bóveda estrelada da ábsida, de cinco claves cos nervios apoiados en columnas acobadadas nos ángulos.
Os fustes son esveltos pero de rudos capiteis con sinxelos relevos.
Consérvase unha lápida sepulcral con escudos que ostentan as armas de Calatrava.
Foi unha igrexa refuxio que libraba os delincuentes da acción da xustiza.
Acceso Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de percorrer 1 km, tomar un desvío cara á esquerda e a uns 300 m está a igrexa.