lunes, 3 de abril de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE RETORTA - RETORTA - LAZA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE RETORTA

RETORTA

LAZA

Retorta

       Santa María de Retorta é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. 

      No ano 2007 tiña 232 habitantes (106 homes e 105 mulleres) 21 menos ca en 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Patrimonio

      Igrexa parroquial Santa María de Retorta.

Lugares de Retorta

      Arcucelos, Retorta

Laza
     Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).

Parroquias de Laza    
     A Alberguería (Santa María), Camba (San Salvador), Carraxo (San Bieito), O Castro de Laza (San Pedro), Cerdedelo (Santa María), Laza (San Xoán), Matamá (Santa María). Retorta (Santa María), Toro (San Lourenzo), Trez (Santiago)

Comarca de Verín

      A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía

      Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

       Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%).

     O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.


Particularidades

      Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

      Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

PETO DE SALGUEIROS - SALGUEIROS - ARMARIZ - XUNQUEIRA DE AMBIÁ

 PETO DE SALGUEIROS

SALGUEIROS

ARMARIZ

XUNQUEIRA DE AMBIÁ

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



PETO DE SAN XOÁN DE LAZA - LAZA

 PETO DE SAN XOÁN DE LAZA

LAZA

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

 Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".


      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.


   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:

- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 2 de abril de 2023

ESTACIÓN DE CASTRELO DO VAL VERÍN CAMPOBECERROS - CAMPOBECERROS - CASTRELO DO VAL

 ESTACIÓN DE CASTRELO DO VAL

VERÍN - CAMPOBECERROS

CAMPOBECERROS

CASTRELO DO VAL

 Estación de Castrelo do Val-Verín-Campobecerros
     Castrelo do Val-Verín, chamado tamén Campobecerros, é un apeadoiro de Adif, situado en Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, provincia de Ourense.

     Dende o peche da liña Ourense-Puebla de Sanabria nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 175,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 962 metros de altitude, entre as estacións de Vilariño de Conso-A Capela e Laza-Cerdedelo. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864.

     Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".

     É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Sanabria da liña entre Zamora e A Coruña.

     A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

      Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Puebla de Sanabria.

A estación
     Como moitas das estacións deste tramo a estación foi edificada en pedra. Posúe dous pisos e tellado de varias vertentes de tella. Dispón de dúas plataformas laterais ao que acceden dúas vías.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


ESTACIÓN DE LAZA CERDEDELO - CERDEDELO - LAZA

ESTACIÓN DE LAZA - CERDEDELO

CERDEDELO

LAZA

 Estación de Laza-Cerdedelo
      Laza-Cerdedelo é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cerdedelo, no concello de Laza, provincia de Ourense.

     Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 182,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 882 metros de altitude, entre as estacións de Castrelo do Val-Verín e A Alberguería-Prado. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. 

     Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".

     É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Sanabria da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

    Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

     Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media distancia entre Ourense e Puebla de Sanabria.

A estación
     Como moitas das estacións deste tramo o edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos realizado en pedra. Ten a particularidade de posuír no seu segundo piso, unha ampla terraza que repousa parcialmente sobre varios alicerces de pedra.

     Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA