martes, 14 de marzo de 2023

ACEREDO O DESCUBERTO - LOBIOS

ACEREDO O DESCUBERTO

ACEREDO

LOBIOS

     Aceredo, o pobo galego que causou unha revolta: sepultado, volve asomar

        A construción do encoro de Lindoso (Portugal), en 1992, tragou varias aldeas, no medio dunha revolta, dunha forte oposición veciñal.

      Aceredo, o pobo galego que causou unha revolta:

      A provincia de Ourense conta cun tesouro mergullado, Aceredo, un antigo pobo situado no municipio de Lobios que na década dos noventa quedou sepultado baixo as augas e que cada ano volve emerxer.

     A provincia de Ourense conta cun tesouro mergullado, o de Aceredo, un antigo pobo situado no municipio de Lobios que na década dos noventa quedou sepulto baixo as augas e que cada ano volve emerxer, ante a fascinación de aldeáns e visitantes.

     Contaba Platón nos seus famosos Diálogos de Timeo e Critias que miles de anos atrás existira unha extensa illa no medio do océano, chamada Atlántida, a cal se afundiu definitivamente. E dicía que, a pesar de non ser nunca localizada, si fora obxecto de innumerables investigacións.


     Pois ben, en Galicia hai outra, pero esta, moi de cando en vez, asoma.

     Como en tantos outros lugares, a construción dun encoro, o de Lindoso (Portugal), en 1992, tragou varias aldeas, no medio dunha revolta, dunha forte oposición veciñal.

       Así, ademais de Aceredo, quedaron engulidos nesta zona galega outros catro pobos: A Reloeira, Buscalque, O Bao e Lantemil.

     O convenio internacional, subscrito en 1968 por Franco e Salazar e que procedía xa dos anos vinte para o aproveitamento dos ríos fronteirizos, supuxo o fin para estes núcleos.

     Estes anos, coincidindo co baixo caudal, é posible ver parte das casas de Aceredo, que seguen como outrora, aínda que na auga.

     Preto, da antiga fonte do pobo e os restos dalgunha rúa que deu vida a un lugar que chegou a ter 70 casas e uns 120 veciños, e todo iso, hoxe, no medio dunha paisaxe case fantasmal.

      Cumpridas tres décadas, os habitantes lembran á perfección esa xornada na que se viron obrigados a deixar toda a súa vida atrás: casas, hórreos, hortas, así como o camposanto.

     A Igrexa salvouse. E tamén foron desenterrados os corpos dos defuntos. Agora, algunhas familias viven nos pobos próximos, á beira da estrada N-540, mentres que outras optaron por irse.

      Francisco Vilalonga, oriúndo de Cataluña e veciño da antiga aldea de Aceredo, foi un dos veciños que no seu día colleu a sua cámara e comezou a gravar, sabedor de que o lugar ía ser engulido.

      Na súa memoria quedará para sempre ese 8 de xaneiro de 1992, cando a hidroeléctrica portuguesa EDP pechou as súas comportas e o río, que levaba bastante auga polas choivas, empezou a asolagalo todo.

      Coñecedor da situación, nos últimos anos, outros veciños da zona e el mesmo comezaron a historiar todo o proceso, o dunha paisaxe que xa non existe e que quedou afogado para sempre.

      A pesar de que a maioría, naquel entón, xa saíra das súas casas, en Buscalque a auga chegou a coller por sorpresa a varios veciños e "houbo xente que se viu incapacitada para saír" ata o punto de que o Goberno Civil tivo que intervir para que os veciños puidesen abandonar as súas casas.

       Ocorreu que algúns se habían atrincheirado, segundo explica Vilalonga, ben porque non se crían que a auga fose finalmente a chegar ou ben porque se resistían a deixar atrás a herdanza dos seus antepasados.

      O inevitable chegou: "sacaron de noite as cousas como puideron, marcháronse, foi un ir e vir de coches", abunda Vilalonga.

      Aínda a día de hoxe, este veciño cre que o diñeiro non compensou a perda dunhas raíces que aínda deixan no seu caso recordos "dolorosos".

     "Viñan de noite polas casas, ameazábannos para que vendésemos. Os maiores, que tiñan medo, venderon. Pero outros non quixemos", relata Margarita de Brito, unha das veciñas de Buscalque que se resistiu a vender.

       De feito, tempo despois souberon que as persoas que negociaron con eles non eran máis que uns intermediarios da empresa portuguesa e que trataron de facer negocio.

    A construción provocou soadas protestas, que estiveron principalmente protagonizadas polas mulleres. Houbo cargas policiais e concentracións e tamén fixeron folga de fame "durante dez días".


Mobilizáronse os antidisturbios.

      "Fomos todos os pobos para facer forza para que non levantasen as actas. Pero sacaron as porras e algúns veciños resultaron feridos", continúa de Brito.

      Sexa como fora, os veciños tiveron que abandonar definitivamente os seus fogares.

     "Ao final veu a auga, o primeiro día un pouco, o segundo un pouco máis e, ao terceiro día, subiu e non baixou máis", relata esta muller.

     Iso si, polas vendas levaron indemnizacións coas que puideron iniciar unha nova vida, algúns en pobos próximos e outros noutras localidades.

A historia, que é parte da memoria desta zona, chegou ao formato audiovisual.
      O documental titulado Os días afogados, de César Souto e Luís Avilés (2015), narra o afundimento, a partir de gravacións caseiras. Un traballo que quedará para sempre na memoria dos habitantes.

      O documental, que percorreu festivais internacionais, conseguiu o premio Mestre Mateo. 

MAPA 

 

    Texto: EFE (LORENA RODRÍGUEZ DE LA TORRE)
    Lobios (Ourense) 
 

Fuente: El Mundo

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DE VALENÇA - VALENÇA DO MINHO

 ESTACIÓN DE VALENÇA

 VALENÇA DO MINHO

 Estación de Valença
     A Estación de Valença é unha parada de ferrocarril da vila de Valença, no norte de Portugal.

Características
      Sitúase xunto ao Largo da Estación. En 2010 tiña 3 vías de circulación, con 397, 365 e 248 metros de servizo; as plataformas teñen 154, 141 e 99 metros de extensión.

      A parada dá servizo aos ferrocarrís rexionais, internacionais (Tren Internacional Porto-Vigo) e interrexionais da operadora Comboios de Portugal.


Historia

      O enlace ferroviario á estación de Valença naceu en 1882. 

     Até finais da década de 1980 acollía un servizo internacional mixto de RENFE, con clasificación de omnibus, entre as localidades de Guillarei, e Valença, pasando por Tui.

Valença
      Valença, tamén coñecida como Valença do Miño (Valença do Minho en portugués), é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

     O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. 

      Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

     Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

lunes, 13 de marzo de 2023

ESTACIÓN DE VILA NOVA DE CERVEIRA - VILA NOVA DE CERVEIRA

 ESTACION DE VILA NOVA DE CERVEIRA

VILA NOVA DE CERVEIRA

Estación de Vila Nova de Cerveira
      A Estación Ferroviaria de Vila Nova de Cerveira, tamen coñecida como Estación de Vila Nova de Cerveira, e unha plataforma ferroviaria da Línea del Miño, que sirve a localidade de Vila Nova de Cerveira, en Portugal.

Características
        Encontrase xunto o Barrio do Alto das Veigas, na localidade de Vila Nova de Cerveira.

      En 2010, contaba con 2 vías de circulación, ambas con 215 metros de longitude; as duas plataformas teñen ambas 128 metros de extensión, pero unha presenta 30 centímetros de altura, e a outra, 70 centímetros.

      En marzo de 2011, esta plataforma era utilizada por servicios Rexionais, Interrexionales e Internacionais de  Comboios de Portugal.

Vila Nova de Cerveira
      Vila Nova de Cerveira (coñecida frecuentemente apenas por Cerveira) é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.300 habitantes.

      É sede dun municipio con 108,46 km² de área e 8852 habitantes (2001), subdividido en 15 freguesías.

      O concello limita ao nordés con Valença, ao leste con Paredes de Coura, ao sueste con Ponte de Lima, ao suroeste con Caminha e ao noroeste co concello galego de Tomiño, a través do río Miño. No ano 2004 construíuse a Ponte da Amizade que a conecta con Galiza.

      A cidade foi fundada polo rei Don Dinís de Portugal en 1321 e hoxe é moi coñecida e visitada pola Bienal Internacional de Arte de Cerveira que ten lugar na cidade desde 1978. O complexo do Fórum Cultural de Cerveira tamén é un lugar para exposicións e outros eventos fóra da Bienal. 

      En portugués Cerveira é coñecida como Vila das Artes. A cidade mantén, entre outras cousas, residencias creativas na Casa do Artista "Pintor Jaime Isidoro" e alberga a Escola Superior de Arquitectura Gallaecia.

      O CineTeatro, convertido en centro cultural e de eventos, o arquivo da cidade (Arquivo Municipal), a biblioteca (Biblioteca) e a Casa do Turismo, aloxados nunha casa histórica de dous andares do século XIX, entre outros son ​​outros lugares de arte que hai que mencionar en Vila Nova de Cerveira.

     Na vila hai unha estación de ferrocarrís, con paso regular de trens. Os monumentos arquitectónicos tamén inclúen edificios públicos históricos, fontes de pedra, o centro de artesanía Casa do Artesão, o Aquamuseu do Río Minho (aberto en 2005, dedicado á historia, á flora e fauna do río Miño), a pousada de Don Dinís, e varios de edificios sacros, como a Igrexa Matriz de Vila Nova de Cerveira (tamén Igrexa de São Cipriano) e a igrexa barroca, construída orixinalmente no século XVI.

Freguesías de Cerveira
Alén da de Lovelhe e Vila Nova, Cerveira ten 10 freguesías:
    Campos e Vila Meã
    Candemil e Gondar
    Cornes
    Covas
    Gondarém
    Loivo
    Mentrestido
    Nogueira e Reboreda
    Sapardos
    Sopo

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA