MESA DOS BISPOS Dúas pedras talladas e levantadas a modo de asentos (unha delas atopase entrada o carón da outra) cada unha dentro dun concello e diocese distinta.
A lenda conta que se supón que nelas sentábanse os bispos de cada unha das parroquias para discutir o temas dos limites, os comúns e demais.
Ten gravados símbolos relixiosos.
O Regueiro San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 181 habitantes (87 homes e 94 mulleres), un menos ca en 2006.
É limítrofe coa parroquia do Regueiro do concello do Irixo.
Lugares do Regueiro As Antas, O Regueiro de Abaixo, O Regueiro de Arriba, Sonelle
Parroquias de Boborás Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)
Río Arenteiro O río Arenteiro é un curso fluvial galego, afluente do río Avia. Nace a unha altura de 840 m na Pena de Francia.
Tamén recibe as súas primeiras augas desde riba da aldea da Cabana (no concello de San Cristovo de Cea), un pouco máis abaixo da Pena Bico. Pouco despois pasa pola aldea de Arenteiriño.
Tras recibir pola banda esquerda o río Oseira baña a vila do Carballiño. Ao final, desemboca no Avia, na parroquia de Pazos de Arenteiro, Boborás, tras percorrer 33 km en dirección NL-SO.
Segundo Edelmiro Bascuas, o hidrónimo Arenteiro procede de Argentarium, facendo referencia á prata atopada no curso fluvial.
Moldes San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.
Patrimonio Nun pequeno outeiro está o castro de Moldes, aínda sen escavar, onde durante moitos anos se celebrou a feira do Castro, a cal foi indo a menos pola proximidade do Carballiño e a competencia das feiras celebradas alí.
Sobre a súa croa érguese a igrexa de San Mamede de Moldes, de orixe románica e da orde do Temple. No seu interior atópanse os restos do escritor Antón Losada Diéguez. Ao seu pé está o templo parroquial, de estilo barroco e no que dúas veces ao ano se celebra a festividade de San Bieito.
A carón da igrexa nova está o campo da feira, a escola municipal e a casa de Manuel Chamoso Lamas. Preto de alí atópanse dous pazos: o pazo de Moldes (onde viviu Antón Losada Diéguez) e o seu carón un pazo recentemente restaurado (pazo dos Tizón) onde se atopa a Adega Extramundi, de viño do Ribeiro.
Moldes ten máis mostras do seu pasado como as ruínas do castelo de Castro Cavadoso (derruído na Idade Media na revolta dos Irmandiños) e ao seu carón a ponte medieval do mesmo nome que permite cruzar o río Arenteiro.
Na beira do río consérvanse restos dun muíño de auga, que aínda se utilizaba nos anos 40 e 50.
Tamén, no lugar de Paradela, no que en aparencia é unha bodega, atópase unha antiga capela.
Lugares da parroquia de Moldes A Groba, Laxa, Miandreiras, Moldes, Nonás, Paradela, Ponterriza, O Porto do Carro, Valiñas, Xesteira
Labruja Labruja e unha fregresia portuguesa do concello de Ponte de Lima, con 16,73 km² de superficie e 482 habitantes (2001). Sua densidade de poboación e de 28,8 hab/km².
Ponte de Lima Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.
É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 fregresías. O municipio limita o norte co concello de Paredes de Coura, o leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, o sueste con Vila Verde, o sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e o noroeste con Vila Nova de Cerveira.
Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos.
Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.
Toponimia O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.
Historia A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte.
Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.
A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio.
Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.
A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.
Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.
Ubicada en Distriz. Edificación feita completamente en pedra, con grandes perpiaños e zonas de cachotería. Cubertas de tella a duas e tres augas. Ten varias estancias e pasos exteriores que as comunican, escaleiras en pedra e unha columna robusta na entrada rematada cun pináculo.
Distriz Distriz é un lugar da parroquia de Albarellos no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Tiña 16 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 10 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 16 habitantes (6 homes e 10 mulleres).
Albarellos San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
En 2017 tiña 224 habitantes, 129 menos ca en 2007 (172 homes e 181 mulleres) e 146 menos que en 2006.
Lugares de Albarellos Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda
Boborás Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).
Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.
Xeografía O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.
Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Patrimonio histórico e artístico A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente. A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica. O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez. O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
Parroquias de Boborás Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)