miércoles, 10 de noviembre de 2021

CASA TORRE DE CUMBRAOS - CUMBRAOS DE ABAIXO - MONTERROSO

 PAZO TORRE DE CUMBRAOS

CUMBRAOS DE ABAIXO

CUMBRAOS

MONTERROSO

 Descrición
     Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.

     Nun declive do terreo, dominando ao núcleo rural. Edificación illada ao lado da igrexa parroquial. 

     Torre de planta rectangular, cuberta de catro augas, construída con pedra granítica en fileiras regulares.

      Acceso mediante escalinata de cantería de dous tramos. Balaústre macizo. Porta en arco de medio punto con doelas.

     O corpo da casa fai escuadra coa torre, con solaina na fachada lateral esquerda.

Acceso
    Partindo do Concello de Monterroso seguir a Avenida de Lugo dirección Lugo, continuar cara a esquerda pola Avenida do Marco ata saír do núcleo. Continuar pola LU-P-3301 2 km, ata chegar a Cumbraos. Tomar desvío cara Casas do Monte e a poucos metros, ao lado da igrexa atópase o destino.

Cumbraos
     San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Toponimia
     O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento poboacional nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.

Patrimonio
     A igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.

     A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.

Lugares de Cumbraos
     Casas de Núñez, Casas do Monte, Cumbraos de Abaixo

Comarca da Ulloa
      A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. 

     O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE REMUIÑO - REMUIÑO - CORTEGADA

PETO DE REMUIÑO

REMUIÑO

CORTEGADA

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 9 de noviembre de 2021

FORTALEZA DE SAN XOÁN BAUTISTA - VILA DO CONDE

FORTALEZA DE SAN XOÁN BAUTISTA

VILA DO CONDE

     A Fortaleza de San Xoán Bautista, moitas veces coñecida como o Castelo de Vila do Conde, está situada na desembocadura do río Ave.

     Inicialmente estaba dedicada á Nosa Señora da Asunción, pero dende hai moito tempo a única advocación é a do patrón de Vila do Conde, San Xoán Bautista.

A súa construción comezou na década de 1570, citada no Libro de Actas do Concello de 1573, e seguramente ordenada por D. Sebastião, quen, nunha carta enviada en 1570 a diversas autoridades locais, fixo pública a súa intención de fortificar todas as grandes cidades costeiras dende Cascais ata Caminha.

      A fortaleza ten cinco baluartes, chamados San Antonio, Santa Bárbara (fronte á terra - leste e norte), San Francisco, San Juan e Nuestra Señora de la Guía (fronte ao mar -noroeste, suroeste e sur). 

    Tres dos baluartes contan con garitas, unha das cales foi a última construída, a de Santa Bárbara, rematada en 1793, rematando a construción do Forte máis de dous séculos despois da súa creación.

    A Fortaleza de San Xoán Bautista tería daquela ponte levadiza, pozo de auga doce, base militar e casa do gobernador, almacéns de armas e pólvora, calabozos, cociña, porta falsa, capela, pezas de artillería, entre outros.

    Despois dunha sucesión de traballos interminables e de desgaste, pouco queda do que acabamos de mencionar. 

     As últimas obras realizáronse a finais do século XX, cando se reforma a Fortaleza de San Xoán Bautista para establecer un hotel e restaurante con encanto, tamén utilizado para eventos e como discoteca.

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN TELMO - RÚA ANTELO RUBIN - TUI

PETO DE SAN TELMO

RÚA ANTELO RUBIN

TUI

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE RABIÑO - RABIÑO - CORTEGADA

 PETO DE RABIÑO

RABIÑO

PETO DE MERÉNS - MERÉNS - CORTEGADA

 PETO DE MERÉNS

MERÉNS

CORTEGADA

 Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:

- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA