miércoles, 11 de noviembre de 2020

PETRÓGLIFO DE A COUTADA - TABOEXA - AS NEVES

 PETRÓGLIFO DE A COUTADA

TABOEXA

AS NEVES


Taboexa
     Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves.

      Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Xeografía
     A parroquia esténdese pola aba do monte de San Nomedio, o cumio máis alto dos arredores con case 700 metros de altitude.

Patrimonio
     O Castro de Altamira, escavado en 1976 por Alfredo García Alén, e do cal se conservan numerosas pezas no Museo Provincial de Pontevedra. 

      Os petróglifos de Mouro e da Citania de Altamira están declarados Ben de Interese Cultural.

      O Centro de Interpretación do Patrimonio e Local Socio-Cultural está enfocado á posta en valor dos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da parroquia.

     Segundo Pablo Osorio o monte de San Nomedio podería corresponderse co monte Medulio, en base á proximidade ao río Miño e á toponimia da zona. Segundo unha lenda, as augas de San Bartolomeu son férreas porque tras unha gran batalla librada alí, as armas foron soterradas nunha gruta. Outra lendas di que entre o monte e a igrexa parroquial existe unha cova escavada por mouros.

     O 7 de decembro de 2017, tras a vaga de lumes de 2017, descubriuse unha laxe con petróglifos sen catalogar.


Lugares de Taboexa
       Altamira, Arufe, As Barreiras, As Bouciñas, Bugalleiras, O Candón, O Caneiro, A Capela, A Carrasqueira, Carreirachán, O Casal, Corneda, O Corvo, O Cotiño, Covalagarto, A Custoura, Frián, A Gañavena, A Igrexa, Leiradiño, A Lomba, O Marco, O Mariño, Millaxendo, A Moreira, Morgallón, O Mouro, Novás, O Outeiro, O Pazo, A Pedreira, Perdeán, Os Píos, A Rata, O Rego Novo, O Reguengo, O Rodeiro, Sandomedio, O Toxal, Trigal, Valverde, A Viña do Pazo


As Neves
        As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado.

      Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio é nevense.


Xeografía
      O concello posúe catro elementos xeográficos que actúan de referentes principais: o val do río Xuliana polo oeste, o do Miño polo sur, o do Termes polo leste e os Montes da Paradanta polo norte, onde se sitúa o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude.


Val do Xuliana

         O río Xuliana percorre as parroquias de Taboexa, Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca no Miño. O val esténdese desde a aba do monte San Nomedio ata a foz do río en Liñares, a máis chan de todas as parroquias nevenses.


Val do Miño
      O río máis longo de Galiza baña ao concello nun treito de 10 quilómetros, servindo de fronteira co veciño Portugal. As súas augas transcorren polas parroquias, en sentido leste-oeste, de Vide, Setados, As Neves, Tortoreos e Liñares. Sendo Vide, Tortoreos e Liñares de escaso relevo, a orografía algo máis montañosa de Setados e As Neves convértenas en interesantes miradoiros nos que enxergar unha boa panorámica de Portugal.

Val do Termes
     O curso fluvial do Termes segue as parroquias de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados. O val abrangue desde a ladeira sur do Monte de Paradanta, onde se asenta Cerdeira, encaixándose logo entre este e o Monte de San Fins cara o nor-nordeste e o monte de San Nomedio en dirección nor-noroeste.

Montes da Paradanta
     A zona máis montañosa do concello é a correspondente ás parroquias de Cerdeira, San Pedro de Batalláns e Santa Eulalia de Batalláns, así coma o norte de Taboexa e o norte e leste de San Xosé de Ribarteme. No caso de Cerdeira e Santa Eulalia o seu relevo montañoso débese a estaren situadas nas abas sur e oeste do monte Paradanta, respectivamente, pertencendo o cumio do monte ao concello da Cañiza. Nelas acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros. As outras tres parroquias están dominadas pola presenza de San Nomedio, con cumio en Taboexa.


Parroquias
     Batalláns (Santa Eulalia), Cerdeira (San Xoán), Liñares (Santa María), As Neves (Santa María), Rubiós (San Xoán), San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán), San Pedro de Batalláns (San Pedro), San Xosé de Ribarteme (San Xosé), Santiago de Ribarteme (Santiago), Setados (Santa Euxenia), Taboexa (Santa María), Tortoreos (Santiago), Vide (Santa María)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DA BALSIÑA - FOXACOS - TOIRIZ - RÍO ARNEGO - VILA DE CRUCES

 MUIÑO DA BALSIÑA

FOXACOS

TOIRIZ

VILA DE CRUCES

RÍO ARNEGO

Foxacos
     Foxacos é un lugar da parroquia de Toiriz, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na comarca do Deza.

     Segundo o INE, en 2008 tiña 10 habitantes (6 homes e 4 mulleres), o que supón unha diminución de 2 habitantes con respecto ao ano 2000.


Toiriz
     San Xoán de Toiriz é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 270 habitantes (145 homes e 125 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 208 habitantes, sendo 112 homes e 96 mulleres.

     Nesta parroquia naceron o médico Avelino Barrio López e o político Primo Castro Vila.


Lugares de Toiriz

     Barrio, A Cima de Aldea, Corveira, Fafiás, Fornelos, Foxacos, Madrosende, Mosteiro, Sampaio, A Senra, Tranxoán, O Vilar


Río Arnego
     O río Arnego é un río da provincia de Pontevedra.

     O río Arnego ten o seu nacemento a 800 metros de altitude, na Pena de Francia (Serra do Faro) ao unírense varios regatos.

     Logo de recibir os cursos de auga do Alemparte, Pedroso, Gurgueiro, Parada, Cadrón, Vilariño, e Brantega, desemboca no río Ulla en Brocos, á entrada do encoro de Portodemouros.

Toponimia
     Coa mesma raíz ca o río Arnoia, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 10 de noviembre de 2020

MUIÑO DE SOBREPOSTA - LAMASUSÁN - AMOEDO - PAZOS DE BORBÉN

 MUIÑO DE SOBREPOSTA

LAMASUSÁN

AMOEDO 

PAZOS DE BORBÉN

     Os ríos de Pazos de Borbén están ancorados de pontes, muiños, canles e elevadas, construcións de pedra cun estatus entre a arquitectura e a ingeniería popular.

     Trátase dun interesantísimo patrimonio etnográfico que lamentablemente aos poucos vaise perdendo ao tempo que se abandonan os usos agrarios tradicionais.



OS MUIÑOS
     Os muiños son construcións que se utilizaban para moer o gran e facer farina. Dada a importancia que tivo antiguamente o pan na alimentación, os muiños constitúen un elemento moi presente nas nosas parroquias, pois a actividade do mundo rural viraba en torno a eles.

       Os nosos muiños son todos de pedra e hidráulicos e localízanse en Pazos de Borbén uns 60.


     A maioría son simples e pequenos, aínda que podemos atopar algúns nos que se construía un cubo ou pozo de pedra de grandes dimensións aos que chegaba a auga mediante un acueducto.

     Un exemplo deste sistema é o Muiño de Jacinto, en Xunqueiras. Outro bonito exemplo de muiño en bo estado de conservación é o Muiño de Fonte Cova en Borbén.


OUTRAS CONSTRUCIÓNS
      En torno de os muiños sempre atopamos restos en pedra, vestixios dun rico patrimonio histórico pertencente á vida rural: levadas para a auga, pasos e pontes, fontes, e típicos camiños de carros empedrados, agora en desuso, con pedras asurcadas polas marcas dos carros.


COMO SE UTILIZABAN
     Os veciños das aldeas repartían as horas de moer o gran por quendas. Na nosa zona estes períodos de tempo que lle pertencía a cada veciño eran coñecidos como fridas.


     Cando tocaba moer polas noites, acendíanse pequenas fogueiras e cantábanse multitude de cantigas para pasar a noite máis entretida. Ao redor dos muiños establecíanse importantes relacións sociais, ofrecendo á nosa cultura múltiples manifestacións relacionadas con eles.


     Hoxe en día estanse recuperando algúns destes muiños para que os máis novos saiban como era o seu funcionamento.


CRENZAS E SUPERSTICIONES

     Contan que si pasaba algo estraño no muiño, como que paraba de moer por momentos ou algo así, era porque a Santa Compaña roldaba por alí. O que facían era botarlle unhas brasas dá fogueira na moa o tempo que se rezaba un Padrenuestro e o muiño seguía.


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Pazos de Borbén

XOAN ARCO DA VELLA


lunes, 9 de noviembre de 2020

SANTUARIO DA VIRXE DA SALETA - SIADOR - SILLEDA

 SANTUARIO DA VIRXE DA SALETA

SIADOR

SILLEDA

 
Santuario da Virxe da Saleta
     Dende que no ano 1846 tivo lugar a aparición nos Alpes da Virxe, o acontecemento propagouse por toda Europa.

     A nova chega ó coñecemento de Francisco Mª de Rivas, quen funda o Santuario na súa honra na parroquia de Siador, convertíndose no primeiro Santuario de España en 1863 con advocación mariana en hora á Nosa Señora da Virxe da Saleta.


      A devoción á Virxe da Saleta sigue medrando e así, encargaron unha talla da imaxe da Virxe en madeira, realizada polo escultor Magariños de Santiago quen a remata a finales de maio de 1864. 

      O 26 de xuño de 1864 foi trasladada a Siador a hombros dende a capital galega, sendo acompañada dunha gran afluenza de devotos. Nace así a aprobación canónica e de culto do primeiro Santuario Saletino de España.

      No ano 1984 o Santuario e a parroquia pasan a ser atendidos pastoralmente por Padres Saletinos procedentes da comunidade de Valladolid, e con posterioridade, no ano 1986, inaugúrase o Centro Espiritual e a Casa de Oficios da Comunidade Misioneiros.

     No ano 2001 constitúese a "Fundación Santuario de Nosa Señora da Saleta" co obxeto de difundir o legado saletino, así coma o impulso do Santuario en todo aquelo que afecta á conservación e mellora do mesmo e do seu entorno


Siador
       Esta parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais, e da súa antigüidade dan boa conta O Castro do Marco e o de Cartimil, as mámoas de Montedas e Gandaracha e sobre todo os petróglifos da Peneda do Encanto coas lendas cargadas de fantasía, de galiñas e pitos de ouro. 

       Pero a parroquia é coñecida internacionalmente por atoparse nela o Primeiro Santuario de España (1863) de advocación mariana na honra da Nosa Sra. Da Virxe da Saleta, que tódolos anos, cada 18 e 19 de setembro, convoca a milleiros de peregrinos.


         Na actualidade existe tamén un Centro Espiritual saletino rexentado por misioneiros da orde, para profundizar sobre o fenómeno mariano. Na contorna un camping, carballeiras centenarias e o Pazo de Sestelo dos Rivas do S. XVIII,  que promoveron este santuario. 

      Preto, en Penadagra, tamén merece unha visita a Sobreira de Siador de máis de 600 anos inscrita no catálogo de Árbores Singulares de Galicia no ano 2009. Completarían a visita o Cruceiro de Lázara no lugar de Siador e o Peto de Ánimas do Marco de 1868.



      Outra festa con data fixa no calendario de festas do Concello é a Romaría do Rapaz, celebrada por primeira vez no 1989 e organizada por e para os nenos con actividades lúdico-didácticas.


     Se isto fose pouco, hai trazada unha ruta de sendeirismo coñecida como Senda da Saleta.

Festividades:     
     Patrón: San Miguel. 29 de Setembro
     Nosa Sra. da Saleta. 18 e 19 de Setembro.

Lugaresde Siador:    
      A Barcia, Barro, Cartimil, Cóscaros, Costoia, O Currelo, O Marco, O Outeiro, Penadagra, Sestelo, Siador, O Campo, A Gouxa, O Redondo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuentes: Web Turismo de Silleda 

 Web Turismo Rías Baixas

XOAN ARCO DA VELLA


 

 

domingo, 8 de noviembre de 2020

CASAS DO CREGO - O CABANIÑO A LAMA

 CASAS DO CREGO

O CABANIÑO

A LAMA

     O principal atractivo turístico que ofrece A Lama, son os espazos naturais cos que contan cada unha das dez parroquias que compoñen o municipio como as beiras dos ríos Verdugo, Xesta e Xeixo con praias fluviales nas que a afluencia de visitantes é aínda moi llevadeira.

      No Verdugo hai tamén cotos de caza e pesca. Non lonxe de alí atópase a área recreativa das Ermidas, na que se pode gozar dunha bela paisaxe.


     No aspecto monumental chaman a atención os vestixios que deixaron os primeiros poboadores do municipio nos montes de O Seixo, O Suído e Portela dá Cruz en forma de túmulos e mámoas, en Chan do Campo gravados rupestres e castros de A Lama, Gaxate e Xende.


     As igrexas parroquiales de Seixido e Xende cun altar gótico, son a arquitectura relixiosa máis representativa, ademais da igrexa barroca das Ermidas, do ano 1.624 con fachada churrigueresca.


     En canto á arquitectura civil, destaca a ponte de Berducido formado por cinco arcos, baixo os que discorren as augas do río Oitavén. De enorme beleza, foi reconstruído no século XVII e aínda se pode contemplar parte da primitiva calzada romana.


     Destacan tamén algúns pazos e casas solariegas como a Casa do Pazo en Gaxate.

     O municipio da Lama sufriu a emigración masiva a Méjico, Brasil e Alemania, fundamentalmente.

     Hoxe en día contribúen en gran medida a manter e mellorar a economía do concello, coa creación de novas edificaciones de calidade, que por outra banda, embelecen as poboacións do municipio.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA