jueves, 15 de agosto de 2019

EIRA DE MOURISCA - MOURISCA - QUINTELA DE LEIRADO

EIRA DE MOURISCA
MOURISCA
QUINTELA DE LEIRADO
OURENSE

Quintela de Leirado
     Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.



     Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes. O seu xentilicio  é quintelán.



Poboación
Censo total    
651



     Conta con cinco parroquias e 30 entidades de poboación. Atópase a 50 km da capital provincial.



Xeografía
     Atópase no val do río Deva.



     Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media.



     Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nas estribacións da serra de Leboreiro en cumios coma o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes.



     Ó noroeste localízanse cotos e cerros de cumios e chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o coto de Silva Escura ou o coto da Moura.



    O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura.



     Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.



Historia
     Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.



     Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.



     A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.



Parroquias de Quintela de Leirado   
     Leirado (San Pedro), Mociños (Santa María), Quintela de Leirado (San Paulo), Redemuíños (San Salvador), Xacebáns (Santiago)



Comarca da Terra de Celanova
     A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.



     A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 14 de agosto de 2019

BOUZAS - ARAÚXO - LOBIOS

 BOUZAS
ARAÚXO
LOBIOS


Bouzas
     Bouzas é un lugar da parroquia de San Paio de Araúxo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. 



     Tiña 15 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 8 mulleres.



San Paio de Araúxo
     San Paio de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. 



     No ano 2007 tiña 267 habitantes, dos cales 136 eran homes e 131 mulleres.



Lugares de San Paio de Araúxo
     Bouzas, Briñidelo, Esperanzo, Guende, Prancibe, O Puxedo, O Reguengo, San Paio



Lobios
     Lobios é un municipio da Comarca da Baixa Limia na Provincia de Ourense, comunidade autónoma de Galicia, España.



Localización
      Comunicado con Ourense e Portugal mediante a estrada nacional OU-540 e a estrada OU-312 que comunica Lobios con Portugal pasando pola fronteira de "Portela do Home" e a OU-540 pasando pola fronteira de "A Madalena".



Xeografía
      Situado no Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.



Parroquias
      A Cela (Santa María)
      A Illa (San Lourenzo)
      Arauxo (San Martín)
      Arauxo (San Paio)
      Grou (San Mamede)
      Grou (San Martiño)
      Lobios (San Miguel)
      Manín (San Salvador)
      Río Caldo (Santa María)
     Torno (San Salvador)



Lugares de interese

Na parroquia de Río Caldo e Lobios
      Ermida dá nosa señora do Xurés



Coto da Santa Eufemia
      Minas dás sombras
      "Vía Nova", o que conlleva a visitar a vila romana "Aquis Origuinis"
      "Fonte do Ruco" cos seus miliarios.
      Augas termales en " Os Baños" e o balneario.
      As pozas do río Vilameá como a de " Os Muíños do Cubo" ou a de "A folgueira".



A Pontenova.
      Túmulos na "Anta do Couto".
      Restos da antiga "ponte da Malleta" e dunha antiga fábrica (Ambos localizados baixo o embase de Lindoso, que só son posibles de ver nos meses do verán, que é cando o nivel do pantano permíte).
      Igrexa de San Miguel en Lobios.
      Ermida de San Roque tamén en Lobios.



Na zona de San paio, Araúxo e A Cela
      Mirador da Cela
      Castelo dos Araúxo na Vila
      Pobo dá Cela (coas súas casas situado nas rochas)



Na zona de Compostela, Quintela...

      A escusalla (antigo mosterio do século XIX)
      Praia en Lantemil (Entrimo)
      Restos dos pobos situados baixo o pantano de Lindoso (Aceredo, Buscalque, A Reloeira, O Vao) entre outros.
      Ruta do río Mao



Lecer
      No concello de Lobios ofrécense actividades ao aire libre, paseos en cabalo, rutas de senderismo, paintball, piragüismo, parque-aventura, ademais de miradores e parques:



      Mirador do Xurés (Riocaldo).
Espendelo: Cámping, parque infantil, merendeiro, parque de ximnasia, etc.( Riocaldo)
Os baños: Praia fluvial, piscina de auga quente, balneario, parque infantil, río.(Riocaldo)
      Mirador da Cela.
      Xuresactivo.( San Martiño)
      Embarcadoiro de Aceredo.
      Piscinas municipais en Lobios.



Comarca da Baixa Limia
     A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.



     Limita ao oeste, ao sur e ao sureste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 13 de agosto de 2019

MUIÑOS EN MEZONZO - RIO DAS GÁNDARAS - MEZONZO - VILASANTAR

MUIÑO EN MEZONZO
RÍO DAS GÁNDARAS
MEZONZO
VILASANTAR


Vilasantar
     Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.



Situación
     O concello de Vilasantar está situado no sur da Comarca de Betanzos, entre as cidades de Santiago, A Coruña e Lugo, a uns 40 km en liña recta das tres. 



     Limita ao norte cos concellos de Curtis e Oza-Cesuras, ao oeste co concello de Mesía, ao leste co de Sobrado e ao sur co de Boimorto. A súa superficie é de 59,2 km². A capital é Ru.


Demografía
      Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2018 tiña 1.225 habitantes, dos cales 645 eran homes e 580 mulleres. 



     A poboación sofreu un descenso do 70% dende 1950, cando o concello contaba con 4.094 habitantes. 


     No tocante ás vivendas, no ano 2011 había no concello 998 edificacións, a metade delas construídas antes de 1950, e delas, 267 que datan de antes de 1900.


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
     No concello atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:



Castro de Armental 
Mámoa da Revolta    
Castro de Ril     
Mámoa de Guiliade    
Castro de Parrando     
O Castro de Viladarcas  
Castro A Roda de Igrexafeita   
Castro de Cernadas  
Castro do Batán     
Mámoa da Ponte do Sapo 
Os Castros de Cezar
Castro de Mourengos
Castro das Corredoiras     
Castro de Follente
Castro de Vilariño 
Campamento romano da Ciadella 
Mámoas de Fanegas     

Mámoas de Pedriño     
Mámoas do Monte Vilariño    
Mámoas da Lagoaceira     
Mámoa do Monte da Gándara
Necrópole da Areosa 
Vía romana de Fanegas 


Patrimonio arquitectónico relixioso
No patrimonio relixioso do concello destacan:

 

    Mosteiro de Santa María de Mezonzo. Este mosteiro, do que practicamente só se conserva a igrexa de estilo románico, atópase no Priorato. A súa orixe probablemente estea na época sueva, aínda que o mosteiro que hoxe coñecemos foi fundado polo abade Reterico no século IX. Máis tarde pasou a depender do mosteiro de Sobrado. No ano 955, ingresou no mosteiro Pedro de Mezonzo, quen despois se converteu en abade.
    Santuario de Nosa Señora da Laxe. Situado na Laxe, trátase dunha edificación do século XVIII de estilo barroco. Conta cun importante retablo rococó, no que se custodian catro imaxes de Gambino.
    Igrexa de Présaras. Situada en Eirixe, foi construída no século XVIII con planta rectangular, cantería de granito, dous arcos de medio punto e fachada de estilo neoclásico.



    Igrexa de Barbeito. Está situada na Xarela. Con planta rectangular dunha nave, cantería de granito e fachada principal con porta alintelada.
    Igrexa de Vilasantar. Atópase en Ru e foi construída a comezos do século XIX. Ten planta de cruz latina formada por dous corpos rectangulares de distinta altura e unha ábsida rectangular. A ábsida e o altar están separados por un arco triunfal de medio punto. Construída con cachotería revocada e pintada de branco, agás nos esquinais e enmarcados dos vans que son de cantería de granito visto.



     A listaxe completa de igrexas, capelas e edificios relixiosos do concello é a seguinte:
Igrexa de San Martiño de Armental 

Santuario de Nosa Señora da Laxe    
Peto de ánimas da Laxe 
Igrexa de San Salvador de Barbeito   
Casa reitoral de San Salvador de Barbeito     

Capela de Santo André     
Mosteiro de Santa María de Mezonzo    
Casa reitoral de Santa María de Mezonzo 
Capela de San Pedro  
Ermida de San Paio  
Igrexa de San Pedro de Présaras    

Casa reitoral de Présaras 
Igrexa de San Vicenzo de Curtis    

Igrexa de Santa María de Vilariño     
Casa reitoral de Santa María de Vilariño  
Igrexa de Santiago de Vilasantar    
Casa reitoral de Vilasantar


Patrimonio arquitectónico civil
     En canto á arquitectura non relixiosa máis destacable do concello temos os seguintes pazos:



    Pazo de Présaras. Construído en Eirixe no século XVIII por Valentín Sánchez de Boado, un indiano regresado do Perú, que tamén construíu a igrexa. O pazo ten forma de "L" a dúas alturas, feito con muros de carga de cachotaría. Baixo o mesmo teito conviven a vivenda e a casa reitoral.


    Pazo de Mende. Situado nunha gran leira en Mende con hortas e prados, rodeada de carballos de grande idade. É de planta baixa e ten un frontón semicircular con escudo. Conta con capela propia, cun amplo soportal.
    Pazo de Zanfoga. Este pazo do século XVIII atópase na aldea de Zanfoga. É de estilo barroco, construído con cachotaría de xisto e cantería de granito nos elementos nobres. Pertenceu a Emilia Pardo Bazán e á súa familia.



     O patrimonio arquitectónico rexistrado no concello é o seguinte:
Casa do Castro 

Pazo de Zanfoga 
Casa de Neira  
Pazo de Mende 
Casa de Mera 

Pazo de Opa
Pazo do Fachal  

Pazo de Panacioi    
Pazo de Présaras   
Casa de Eirixe    
Casa das Medallas 
Casa Grande de Vilariño 


Patrimonio etnolóxico
Muíño de Vasques
     Conta cun importante patrimonio etnolóxico con numerosos muíños á beira dos distintos ríos e regatos do concello, e incluso un batán en perfecto estado, O Batán de Mezonzo, un dos poucos conservados en Galicia e tal vez un dos máis antigos. Situado xunto a unha gran cascada do río das Gándaras, crese que foi construído polos monxes do mosteiro de Mezonzo.



     Existe unha ruta de sendeirismo chamada Ruta dos Muíños, que discorre xunto a 22 muíños das parroquias de Mezonzo e Barbeito, como o Muíño de Vasques ou o Muíño da Ponte do Sapo.


Etnografía
Festas e romarías
    Romaría da Santa Cruz, celébrase xunto á capela de San Paio en Aguión, sobre o día 3 de maio.
    Romaría Nova de Armental, celébrase en Eirixe, a segunda fin de semana de agosto
    Festa de San Pedro de Présaras, celébrase na Carballeira sobre o día 29 de xuño.
    Festa de Santiago de Vilasantar, celébrase en Ru sobre o 25 de xullo.
    Festa de Santa María de Mezonzo, celébrase no Priorato sobre o 10 de setembro.
    Festa de San Roque de San Vicenzo, celébrase en Eirixe sobre o 16 de agosto.
    Festa de San Bartolomé de Barbeito, celébrase na Xarela sobre o 24 de agosto.
    Festa de San Paio de Vilariño, celébrase en Eirixe, sobre o 26 de xuño.
    Festa da Ascensión da Laxe, celébrase na Laxe o día da Ascensión.
    Festa do outono de Armental, celébrase en Eirixe sobre o día de San Martiño, o 11 de novembro.
    Festa de San Miguel de Présaras, celébrase na Carballeira sobre o 29 de setembro.
    Festa da Inmaculada Concepción de San Vicenzo, celébrase en Eirixe sobre o 19 de maio.
    Festa de Santa Minia en Vilasantar, celébrase en Ru sobre o 27 de setembro.



Parroquias de Vilasantar    
Armental (San Martiño), Barbeito (San Salvador), Mezonzo (Santa María), Présaras (San Pedro), San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo), Vilariño (Santa María), Vilasantar (Santiago) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA