FERVENZA DE CASTRIZ
XALLAS DE CASTRIZ
SANTA COMBA
A fervenza de Castriz, tamén denominada do río Mira, atópase na parroquia de Castriz onde chegaremos tomando a estrada que une Coristanco con Santa Comba e Muros.
Alí veremos un cruceiro, e colleremos esa estrada que termina á beira dunhas casas. Alí deixaremos o coche e comezaremos a camiñar. A ruta non ten perda xa que está indicada cuns carteis, que indican tanto a fervenza como a área recreativa.
Río Mira
O río Mira nace na mítica lagoa de Alcaián, en Coristanco. É un zona húmida e de pastizales, máis que lagoa.
Na zona da cascada existe un área recreativa, onde han reconstruído varios molinos e puxeron pasarelas e pontes de madeira para admirar mellor a fervenza.
Xallas de Castriz
San Pedro de Xallas de Castriz é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Santa Comba.
Segundo o IGE en 2013 tiña 852 habitantes (533 mulleres e 419 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.050 habitantes.
Santa Comba
Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro».
Comarca
Comarca do Xallas
Poboación
9.635 hab. (2015)
Etimoloxía
O nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualles e Comba de Córdoba.
Xeografía
Está situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros.
O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e frebreiro.
A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada có núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA