Mostrando entradas con la etiqueta VISITAMOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITAMOS. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de enero de 2025

CIRCO DOS MUCHACHOS - BEMPOSTA - OURENSE

 CIRCO DOS MUCHACHOS

BEMPOSTA

OURENSE

Circo dos Muchachos
     O Circo dos Muchachos foi o primeiro proxecto de escola de circo en España. Fundado polo padre Jesús Silva Méndez na década de 1960, instalouse nunha leira chamada «Benposta» (tamén coñecida como «La Ciudad de los Muchachos»), no arrabalde sur da cidade de Ourense, na parroquia de Seixalbo.

     Mantívose en activo até a primeira década do 2000. Foi catalogada como unha experiencia de autoxestión xuvenil, dentro dun estrito marco legal durante a ditadura franquista.

      Este modelo tivo réplicas noutros proxectos xuvenís, especialmente en América Latina, e marcou varias xeracións de artistas. Entre eles destacan Benposta Colombia (Bogotá, Villavicencio e Montería), fundada por José Luís Campo Rodicio, e mais Benposta Venezuela (La Guaira, Sinamaica e Caracas).

Historia
       Antes de completar os seus estudos de teoloxía na Universidade de Salamanca, na década de 1950, Jesús Silva Méndez fundou en Ourense, xunto con outras mozas e mozos, unha asociación xuvenil. En principio, a sede estivo no baixo da casa da súa nai, e despois trasladouse a Benposta, unha leira de 200.000m² na parroquia de Seixalbo.

Benposta, «La Ciudad de los Muchachos»
      A leira recibiu o nome de «Benposta» para acoller a «Ciudad de los Muchachos», debido á organización e construcións en forma de pequena cidade. Moitas das edificacións da leira de Seixalbo foron realizadas polo arquitecto Alberto Muñiz, fundador da CEMU (Ciudad Escuela Muchachos).

     Benposta foi fundada con base nunha intensa ideoloxía católica. Moita xente considera que a «Ciudad de los Muchachos» estaba dedicada á caridade para as nenas e os nenos sen fogar. Porén, o padre Silva propugnaba que a motivación real era crear unha comunidade educativa onde as nenas e os nenos fosen parte dun «mundo novo» baseado nos principios católicos.

Escola de circo
      É considerada a segunda escola de circo do mundo, trala escola do circo de Moscova. Este circo foi pioneiro e describiría a folla de ruta que máis adiante seguiría o Circo do Sol nas súas actuacións de circo sen animais. Con todo, no 30º aniversario, o espectáculo dos Muchachos incluíu cabalos en liberdade montados por acróbatas.

     Unha das actividades do circo a inicios da década de 1960 era o proxecto de reciclaxe «TraPaBoCha». Consistía en reciclar trapos de tea, papel, botellas e ferralla co fin de financiar as actividades filantrópicas orientadas á mocidade.

Revolution Circus
      A primeira actuación foi na Praza de Catalunya (Barcelona) en 1966. Despois fixeron xiras por Portugal e o resto de España, e en 1970 actuaron en Francia. O Circo de los Muchachos foi o primeiro en actuar no Grand Palais parisiense. Tamén realizaron xiras por Bélxica e os Países Baixos. En 1973, actuaron no Madison Square Garden de Nova York. Publicaron un LP coas cancións deste espectáculo para continuar coas xiras polos EUA e Suramérica. A finais dos 70, foron incluídos como artistas prohibidos pola ditadura arxentina. Tamén actuaron en países de Asia e mais en Australia. Na década de 1980 inauguraron un espectáculo en Israel e levárono por toda Europa. O circo fixo actuacións especiais en Alemaña, onde a ideoloxía de Benposta era moi coñecida grazas a libros e documentais.

Declive
       O seu declive comezou na primeira década dos 2000. Tralo pasamento do padre Silva, produciuse practicamente o seu desmantelamento.

O poliedro de Benposta
      Na leira de Seixalbo instalouse un poliedro deseñado polo arquitecto Emilio Pérez Piñero. Pertencente á instalación Cinerama, foi empregado como instalación permanente da escola de circo, amais de para realizar funcións semanais.

O Museo Circo de los Muchachos
     En febreiro de 2019, a Asociación Cultural Padre Silva (creada trala morte deste en 2011) abriu as portas do Museo Circo de los Muchachos, situado na zona vella da cidade de Ourense, no número 6 da rúa Bailén. Este museo conta cunha exposición que recolle a evolución histórica da Benposta ourensá.

Algúns artistas coñecidos que tiveron o seu inicio en Benposta foron:
    O pallaso Pancracio, que actuou no circo a finais dos anos 60 e principios dos 70 do século XX.
    Julio Sabala, artista e imitador.
    Suso Clown, Premio Nacional de Circo en 2003.
    Mustafa «Danger», funámbulo do extinto circo Ringling Brothers

      Especial atención merece o colectivo de 12 ecuatoguineanos que se uniron ao programa educativo de Benposta trala descomposición dese estado africano durante o goberno de Macías. Xorden así profesionais do teatro, a música ou o cine como Marcelo Ndong, Hermenegildo Alogo Mebuy (Hermes, guitarrista de Los Suaves), Ponciano Bakale, Pedro Ekong Mengue, Patricio Mitogo Nsue ou os irmáns Fernando e Isabel Daperia.

 VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

domingo, 1 de diciembre de 2024

XA ESTA AQUI A PLATAFORMA Hi Galicia

Hi Galicia


¡Ya estamos aquí! Visítanos en www.higalicia.com
     Hi Galicia ya está disponible, la primera guía estacional que digitaliza y potencia a los emprendedores locales.

 

 Xa estamos aquí!  Visítanos en www.higalicia.com
     Hi Galicia xa está dispoñible, a primeira guía estacional que dixitaliza e potencia aos emprendedores locais.

 

 We are here!  Visit us at www.higalicia.com
     Hi Galicia is now available, the first seasonal guide that digitalizes and empowers local entrepreneurs.

QUEN SOMOS:


 
XOAN ARCO DA VELLA





viernes, 6 de octubre de 2023

EXPOSICIÓN CAMINHOS "O CAMINHO DOCE - MUSEO PIO XII - BRAGA

 EXPOSICIÓN CAMINHOS 

"O CAMINHO DOCE"

MUSEO PIO XII

BRAGA

     Ata o día 31 Outubro podese visitar no Museo PIO XII en Braga a Exposición CAMINHOS " O DOCE NO CAMINHO PORTUGUÉS A SANTIAGO"

     A Fundación Camiño Portugués a Santiago en colaboración coa Federación Internacional de Asociacions do Camiño Portugués de Santiago organiza esta exposición na que participan un numero importante de artistas de Portugal e Galicia de varios campos das artes.

    Meu agradecemento a A Fundación Camiño Portugués a Santiago en colaboración coa Federación Internacional de Asociacions do Camiño Portugués de Santiago, a Camara Municipal de Braga por convidarme a participar, estou moi agradecido, Gracias 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 26 de septiembre de 2023

EXPOSICIÓN "GAXATE NA SENDA DO TEMPO" - GAXATE - A LAMA

 EXPOSICIÓN 

"GAXATE NA SENDA DO TEMPO"

GAXATE 2023
A LAMA

       Ata o día 31 de Otubro na Casa do Pobo de Gaxate - A Lama podese ver a exposición de  fotografías antigas de acontecementos, xentes e momentos de Gaxate.

Os horario de visita son:

     SABADOS de 16 a 20

     DOMINGOS de 11  A 14 

     Unha interesante mostra de fotografías antigas, algunhas feitas a principios do século XX.

      A exposición e un verdadeiro luxo, e de seguro sorprende.

      A exposición foi posible grazas o traballo da AA.VV de GAXATE que o longo de estes ultimos tempos ven facendo un gran traballo de difusión do patrimonio material e inmaterial da parroquia.

     En resumo esta expo e unha ollada ao pasado de Covelo, eu persoalmente disfrutei moitisimo.

        Quero agradecer a xentes de Gaxate por o ben recibido que son e sempre dispostos a axudar.

     Parabéns para todas e todos

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

lunes, 18 de septiembre de 2023

EXPO. 150 ANOS DO FERROCARRIL EN GALICIA - LIÑA CORNES CARRIL

 EXPO - 150 ANOS DO FERROCARRIL

LIÑA CORNES - CARRIL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

   Moi recomendable e super interesante esta exposición para coñecer a historia do ferrocarril en Galicia, persoalmente voltarei a visitala en algun outro lugar que se monte.

     Quero agradecer a Carlos Abellan presidente da asociacion de amigos do ferrocarril pola invitacion á inaguración e contar conmigo para achegar algunhas fotos das que realice de estacións xa desaparecidas ou en deshuso de Galicia. MOITAS GRAZAS

Un pouco de historia do tren en Galicia

      A locomotora Sarita non foi a primeira, pero si a máis querida. 

 

     O avó de Cela enviou dous anos a Inglaterra ao maquinista Francisco Porto para que aprendese a guiala.

     O avó de Cela, concellos que xa non existen e unha locomotora mítica alimentan a lenda da liña que cumpre os 150 anos

      O primeiro tren español estreara as vías da Habana aínda que en pleno ocaso, o marchito imperio sabía onde estaba o negocio moito antes, en 1837.

        En 1848 fíxoo entre Barcelona e Mataró o convoi que inauguraba a era do ferrocarril na España peninsular. Galicia tivo que esperar ao 15 de setembro de 1873; un luns, para máis acenos. Coa óptica que proporciona o tempo, aquel fito que acaba de cumprir 150 anos adquire trazos de analogía do propio país que o alumou.

      Un detalle: a liña, que no esencial segue sendo a mesma que os rexionais percorren hoxe a beiras da ría de Arousa, unía dous municipios que xa non existen. Carril, absorbido por Vilagarcía en 1913, e Conxo, fagocitado por Santiago en 1925.

     Nas estacións de Cornes e Carril, ningunha das cales permanece activa a estas alturas, houbo festa ao grande. Non era para menos. En 1861, auspiciada polo Concello carrileño e a Sociedade de Amigos do País, constituíase unha compañía cuxo nome deixará sen resuello a quen se atreva a pronuncialo sen pausas: a Real Sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta dona Isabel de Santiago ao Porto de Carril.

      Contemplado coa perspectiva actual, que os impulsores das obras, dirixidas polo enxeñeiro John Stephenson e o seu socio Camilo Bertorini, tardasen 12 anos en concluír un trazado de 42 quilómetros con cinco escalas intermedias, dous túneles importantes e outros tantos viadutos sobre os ríos Sar e Ulla, antóllase, mesmo, un prodixio de axilidade e eficacia. 

      Con todo, os problemas multiplicáronse desde o principio. Para empezar, houbo que modificar, por inviable, a intención orixinal de que a liña concluíse en Pontecesures.

      A composición do accionariado que participaba dos 25 millóns de reais cos que naceu a compañía tampouco era sinxela: nel mesturábanse capitalistas ingleses con emigrantes establecidos en Cuba e xentes podentes do país. A flema británica acabou impoñéndose grazas, en boa medida, a unha figura fundida co ferro do camiño.

     John Trulock, avó do nobel Camilo José Cela, fíxose coa xerencia da sociedade de nome interminable en 1880, e en 1887 obtivo o traspaso da explotación da liña para convén tomar aire de novo The Coruña Santiago and Peninsular Railway Company Limited, que ao pouco se convertería en The West Galicia Railway Company e acabou, vaia por deus, pleiteando co Concello de Vilagarcía pola construción dunha estación nova e maior.

     Da amizade entre Trulock e José María Abalo e Souça, xerente de Beira Alta, a firma ferroviaria de Portugal, chegou á flamante liña de Galicia un elemento simbólico que segue sendo obxecto de disputa: a locomotora Sarita, que o colega luso cedeu en 1886, seis anos despois da súa construción en Inglaterra. A máquina, agora no exterior da Fundación Cela, foi reclamada con insistencia por Vilagarcía para o museo que abre as súas portas na mesma estación que en 1873 viu chegar aquela viaxe inaugural e foi o seu fogar ata 1935.

Fuente: La Voz de Galicia

Autor: Serxio González Souto

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


sábado, 11 de marzo de 2023

EXPOSICIÓN CAMINHOS "O DOCE NO CAMIÑO" - PONTE DE LIMA

  EXPOSICIÓN CAMINHOS 

"O DOCE NO CAMIÑO"

PONTE DE LIMA

     Ata o día 26 Abril podese visitar na torre da Cadea Velha en Ponte de Lima a Exposición CAMINHO " O DOCE NO CAMIÑO PORTUGUÉS"

     A asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago ea Camara Municipal de Ponte de Lima organizan esta exposicion a Exposición dentro dos Actos do 4 de Marzo.

Día de Ponte de Lima este 4 de marzo
      Celebra 898 anos da concesión da Carta titulo de Vila pola raíña D. Teresa


     O 4 de marzo Ponte de Lima celebra o 898 aniversario da concesión da Carta pola raíña D. Teresa. Os actos oficiais presididos pola Ministra de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, coa presenza de D. Jesús Gamallo Aller, director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, en representación do presidente da Xunta de Galicia, marcan o inicio do conmemoracións oficiais dos 900 anos da Foral concedidos a Ponte de Lima, que se celebrarán en 2025.


      O programa de celebracións do 898 aniversario é amplo e inclúe diversas actuacións, que se prolongan durante toda a fin de semana, os días 3, 4 e 5 de marzo.


     Así, o Día de Ponte de Lima, o 4 de marzo, mantén a tradición da exposición "Camiños: Doces no Camiño Portugués a Santiago", na Torre da Cadeia Velha, inaugurada ás 11:30 horas. 
 
 
     Promovido pola Asociación de Amigos e Amigos do Camiño Portugués a Santiago e o Concello de Ponte de Lima, que a través da fotografía e a pintura, pretende endulzar a mirada de quen o visita cos doces de Ponte de Lima, co Doce. 
 
 
      Castañas, as Limianas e a Torta Limiano, e de Pontevedra, coas Orellas de Entroido, as Filloas e a Tarta de Santiago.
 
 
    Meu agradecemento a Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago e o Concello de Ponte de Lima, tamen a Luz Alonso por a axuda e poder participar nestra mostra con grandes da pintura e fotografía....Gracias 
 

VIDEO

VIDEO

VIDEO 

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA