lunes, 2 de junio de 2025

CRUZ DO CASTELIÑO - MONTE DO CEO - ALÉN - XIRAZGA - BEARIZ

 CRUZ DO CASTELIÑO

MONTE DO CEO

 ALÉN

XIRAZGA

BEARIZ

 O CASTELIÑO en Xirazga
       Unha cruz sobre unha pena, que leva mais de douscentos anos resistíndo o paso do tempo, e o abandono.

         Contannos os avós de hoxe, o que "seus avós" decían deste lugar, que non saben moi certo, se é que ía dar a volta alí unha procesión, ou daban a volta cos difuntos que viñan de outro lugar. 

      Atópase no Camiño vello, hoxe, de difícil acceso, está dibuxado no Roteiro de Xirazga, pero mal señalizado.

      Moi agradecido a Mariluz Rodriguez, por a axuda para facer este traballo. GRACIAS.

 Alén
     Alén é un lugar da parroquia de Xirazga, no concello de Beariz, na provincia de Ourense. 

       No ano 2008 tiña 27 habitantes, 8 homes e 19 mulleres; o que supón unha diminución no número de efectivos.

Xirazga
       San Salvador de Xirazga é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE, en 2016 tiña 180 habitantes, dos cales 72 eran homes e 108 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 254. 

MAPA

 

 Fuente e fotos: Mariluz Rodriguez

XOAN ARCO DA VELLA

 



CALVARIO DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES - A IGREXA - BASTAVALES - BRÓN

 IGREXA DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES

A IGREXA

BASTAVALES

BRIÓN

      Esta no campo da festa e ten a particularidade que ser o único calvario do Concello.

     Está composto de tres cruces e un pousadoiro no centro.

      As cruces laterais son moi sobrias en cando a súa composición.

      Carecen de figuración, teñen extremos potenzados e van sobre plataforma de tres chanzos e varal de arestas rebaixadas.

      O pousadoiro vai sobre unha tarima de pedra de forma circular, soportada por unha columna adelgazada na parte central, a modo de escocia, e remates cúbicos nos extremos.

       O cruceiro principal ten plataforma de tres chanzos e o pedestal está traballado con moldura na parte superior.

      O capitel ten a orixinalidade de ser de forma oval.

     Segue a cruz, de feitura cilíndrica con nós ben marcados.

     Na fronte está Xesucristo e por detrás a Virxe das Dores coas mans xuntas apoiadas no peito. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

VIACRUCES E CALVARIO DE SORRIBAS - SORRIBAS - ROIS

 CALVARIO E VIACRUCIS DE SORRIBAS

SORRIBAS

ROIS

 Sorribas
      Sorribas é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar.

       Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres).

Vía Crucis de Sorribas
     Trátase dun via crucis que, no ano 1698, un emigrante mandou levantar.

     Esta obra, que abarca 200 metros, conta cun total de 12 estacións e un calvario formado por tres cruceiros.

      O via crucis é unha das prácticas de oración máis estendidas entre os cristiáns.

      Refírese ás diferentes partes vividas por Xesús dende o momento no que foi preso ata a crucifixión e sepultura.

Camiño sacramental
     Antigamente había un camiño no cal levaban unha caixa dous ou máis homes co defunto dentro; este camiño comeza dende a porta da Igrexa ata o final do via crucis.

Festas
       San Tomé 21 de decembro.
      Nosa Señora das Dolores 1º domingo septembro.
Festa Sacramento en xuño.

Lugares de Sorribas
 
     A Meana, Reibó, Seaxe, Sorribas, Tourís, Vilar de Abade

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CALVARIO DAS TRES CRUCES - AS TRES CRUCES - SAN PEDRO - MONDARIZ BALNEARIO

 CALVARIO DAS TRES CRUCES

AS TRES CRUCES

SAN PEDRO

MONDARIZ BALNEARIO

       Na área recreativa coñecida como O Bosque, situada nas inmediacións do río Xabriña e preto da capela románica do século XIII posta baixo a advocación de San Pedro, atópase unha grande peneda granítica apoiada en dous chanzos do mesmo material que a simple vista semella a representación dun enorme dolme, en cuxa cima hai tres cruces sen imaxes, tamén de granito, que representan o Calvario.

       Xunto as cruces hai unha pía cadrada escavada na rocha e, en distintas partes da pena, obsérvanse dúas cruces e ao menos dúas pequenas cazoletas.

Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

      Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 1 de junio de 2025

PETO CALVARIO DO CASTRO - O CASTRO - COVELO

 PETO CALVARIO DO CASTRO

O CASTRO

COVELO

 O Castro
     O Castro é un lugar da parroquia de Santiago de Covelo, no concello pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta.

Lugares de Santiago de Covelo
    Carballeda, O Carrizó, O Castro, O Costal, Coveliño, A Ermida, Fontán, O Mangón, Pedregal Os Piñeiros, Santiago de Covelo

Santiago de Covelo
      Santiago de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 599 habitantes (309 mulleres e 290 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 565 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 494 habitantes, sendo 255 homes e 239 mulleres.

      O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA