martes, 16 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DA SEÑORA DA BOA MORTE - VERDOEJO - VALENÇA DO MINHO

 CRUCEIRO DA SEÑORA DA BOA MORTE

VERDOEJO

 VALENÇA DO MINHO

 Verdoejo
   Verdoejo e unha fregresia portuguesa do município de Valença, con 3,82 km² e 573 habitantes (censo de 2021). 

      A sua densidade poboación e 150 hab./km².

Património
    Adro Velho - Ou Adro Velho e un lugar na parte norte da aldea, onde existe un cemitério antigo e un cruceiro.

    Capela do Sr. da Boa Morte- A capela do Sr. da Boa Morte localizase nas inmediacións da Igrexa Parroquial de Verdoejo.

    Capela do Sr. dos Passos
    Capela de São Tomé
    Ermita do Sr. do Bonfim
    Igrexa Parroquial de Verdoejo - A igrexa Parroquial de Verdoejo data de 1691 o tempo que a sua torre data de 1879.

    Moinhos
    Pelourinho de Telheira
    Gravuras Rupestres - Existen nesta aldea vários vestíxios rupestres sin clasificar e ainda por datar, en particular no lugar da Barreira e no lugar do Ermegil.
    Ilha do Conguedo
    O Carvalho Centenário

Valença do Minho
     Ciudade fronteiriza entre Portugal e España situada xunto ao Río Miño, Valença do Minho destaca polas murallas e vestixios propios dunha cidade fortificada dos s. XVII-XVIII (ao estilo do arquitecto francés Sébastien Lle Pestre, Señor de Vauban), que forman o centro histórico hoxe en día coñecido como A Fortaleza, desde o que se pode divisar a ponte fronteiriza construída por Eiffel en 1885.

      O seu primeiro nome foi "Contrasta", que significa poboación oposta a outra, debido á súa localización fronte á cidade galega de Tui na outra abeira del Río Miño.

      Hoxe en día é unha pequena cidade (3,500 habitantes) cun comercio florecente, entre os que destacan, por encima de todos, os produtos téxtiles. 

      É dicir, as toallas que todos os que vivimos preto de Portugal fomos a comprar algunha vez... 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 15 de diciembre de 2025

CRUCEIRO DA IGREXA DE TOUTÓN - TOUTÓN - MONDARIZ

 CRUCEIRO DA IGREXA DE TOUTÓN

TOUTÓN

MONDARIZ

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. 

     Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) 179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. 

     A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. 

     Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

      É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). 

     O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. 

     Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. 

     A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo     

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO DE BARBEITO - FESTÍN - TOUTÓN - MONDARIZ

 MUIÑO DE BARBEITO

FESTÍN

TOUTÓN

Festín
    Festín é un lugar da parroquia de Toutón, no concello pontevedrés de Mondariz, na comarca do Condado. 

      Tiña 45 habitantes no ano 2013 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales eran 22 homes e 23 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 76 habitantes. 

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. 

     Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) 179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

      É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo  
 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 14 de diciembre de 2025

IGREXA DE SAN PEDRO DE CARBALLAL - SAN MAMEDE DO CARBALLAL - PALAS DE REI

 IGREXA DE SAN PEDRO DE CARBALLAL

SAN MAMEDE DO CARBALLAL

PALAS DE REI

 O Carballal
     O Carballal é un lugar da parroquia de San Mamede do Carballal no concello lugués de Palas de Rei, na comarca da Ulloa.

Lugares de San Mamede do Carballal
        O Campelo, O Carballal, A Devesa Nova, Filgueira da Devesa, Gándaras, A Goleta, Guestrar, Lamas, Penasedoira, Ponterrosa 

San Mamede do Carballal
      San Mamede do Carballal é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 58 habitantes, deles 28 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. 

Comarca da Ulloa
      A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

     O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CURBIÁN - CURBIÁN - PALAS DE REI

 IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CURBIÁN

CURBIÁN

PALAS DE REI

 Curbián
      San Martiño de Curbián é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 

      Segundo o IGE en 2009 tiña 86 habitantes, deles 45 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 104 habitantes.

Patrimonio
    A igrexa de San Martiño de Curbián é románica do século XII ou comezos do XIII, con reformas do século XIX. De planta rectangular, composta por nave, capela maior máis elevada e sancristía pegada no lateral norte.

     Frontis con frontal de arco de medio punto, con columnas e capiteis, con ornamentación xeometrica o esquerda e figurada o dereita.  

      No lateral norte ábrese outra porta de arco de medio punto con decoración. No lateral sur do presbiterio sitúase a antiga fiestra románica da primitiva ábsida derrubada no XIX.

Lugares de Curbián
   Curbián, Pena Piñeiro, Ulloa 

Comarca da Ulloa
      A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. 

      O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA