PEDRAFITA DE TOALDE
BUXÁN
LOUREDO
O SAVIÑAO
Pedrafita de Toalde
Atopada na ribeira de Toalde, xunto o río Miño (Pesqueiras). Hoxe en día está situada en Buxán, parroquia de Louredo, xunto o peche da finca do seu descubridor.
Trátase dun monolito duns tres metros de altura e sen gravuras, que na base ten un perímetro aproximado de dous metros.
Comarca de Terra de Lemos
Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.
Toda esta comarca forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.
Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
Texto: Xavier Moure
XOAN ARCO DA VELLA







No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901