SANTUARIO DA TUIZA
CHANOS
LUBIÁN
Santuario da Tuiza
O Santuario da Tuiza é un templo barroco situado no termo dos Chanos, pertencente ao concello de Lubián na provincia de Zamora.
En 1995 foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento. É un dos exemplos máis interesantes e de maior raizame popular, da bisbarra zamorana de Sanabria e lugar de celebración dunha coñecida romaxe.
O edificio responde a un esquema barroco moi puro, con claras influencias galaico-portuguesas, sobresaíndo a súa torre, na que son de admirar a súa cúpula e lanterna, ornadas con rica decoración de volutas.
Situación
O santuario encóntrase no termo dos Chanos, localidade próxima e pertencente ao concello de Lubián. Encóntrase situado ao fondo dun val e ao pé da vía A-52.
Encontrase situado nunha bellisima paraxe, rodeada de abundante arboredo, con paisaxes claramente galegas formadas por fentos, carballos, lamigueiros e piñeiros que forman un bosque sorprendente.
Historia
A súa primeira localización estivo nunha paraxe chamada "Cavados", no termo de Chanos, aínda que no século XVIII foi traslada a súa actual localización. A tradición afirma que a capela da primeira ermida foi reconstruída na súa planta cadrada pedra a pedra, correspondendo pois coa actual capela maior; tamén se afirma que a torre ten a mesma procedencia. Ambas as dúas afirmacións populares non encontran a súa xustificación á vista do actual inmoble, ao máis reaproveitaríanse algúns materiais na construción da actual igrexa.
Conta tamén a tradición que un dos colectivos máis devotos da Virxe de Tuiza foron os segadores galegos no seu ir e vir a traballar en verán a Castela e León.
Descrición
Edificio con planta de cruz latina, no que a cabeceira e brazos do cruceiro son rectos e de escaso fondo. Do exterior destaca como unha obra allea aos gustos zamoranos e moi influenciada polas correntes galegas.
Construída con boa canteria, conta cunha cuberta de lousa ao estilo da arquitectura da bisbarra de Sanabria.
A torre é cadrada no que se encontran os vans das campás e o cupulín, sendo aquí onde se concentran todos os motivos decorativos, pois a fábrica caracteriza pola súa desornamentación. O brazo de cruceiro contén unha xanela apaisada para poder contemplar a Virxe dende o exterior cando o templo se encontra pechado.
Do seu interior destacan as súas bóvedas pétreas de medio canón soportadas sobre pilastras. O edificio conta cunha porta principal, existindo outras dúas na nave que se encontran enfrontadas e alinteladas.
Festividade
Os días grandes deste santuario son o último domingo de setembro e o día da nosa Señora das Neves, o 5 de agosto.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901