domingo, 19 de abril de 2020

PARADELA - AGUNDES - CRECENTE

 PARADELA
AGUNDES
CRECENTE


Angudes
     San Xoán de Angudes é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Crecente na comarca da Paradanta.



     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 75 habitantes (42 homes e 33 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 99 habitantes.


Lugares de Angudes
     A Carreira, Paradela, Penelas, A Pousa, A Quinta, O Rial, Saboi 

 

Crecente
     Crecente é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. 



     Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.261 habitantes. O seu xentilicio é «crecentense».


Xeografía

     Limita cos concellos de Arbo e A Cañiza (provincia de Pontevedra); Melón, Arnoia, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (provincia de Ourense) e fai fronteira con Portugal, separado polo río Miño. Ten 57,1 km².



      Cara ao norte está formado por unha zona montañosa, e cara ao sur está formado por un grupo de vales profundos, dirixidos cara ao río Miño, que o separa de Ourense e Portugal.



Natureza
      O contorno natural de Crecente está demarcado polos diversos vales, destacando á vista o encoro do río Frieira. 



     Desde o monte de Chan de Moeiras, en Filgueira, hai unhas boas vistas panorámicas dos meandros do Miño, desde Meréns ata Cortegada.


Patrimonio

     O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.



     O románico tivo implantación na zona, como se ve no mosteiro de San Paio de Albeos, adicado a San Paio, santo orixinario deste concello. 


     A igrexa de Crecente, antiga colexiata, foi construída sobre as ruínas do mosteiro templario de San Pedro, construído no século XIV.


     O castelo de Fornelos ten a súa orixe nunha torre romana que vixiaba a calzada romana de Crecente e logo ficou en ruínas ata a súa reconstrución durante as guerras de creación de Portugal, entre Afonso VII e Afonso Henriques. Na actualidade consérvase a torre da homenaxe (nela o nobre Pedro Madruga mantivo encarcerado ao bispo de Tui Diego de Murosno século XV) aínda que tiña tamén muralla e varias dependencias anexas, tivo uso ata a Guerra de Restauración ou Guerra de Independencia de Portugal do dominio español.


     A capela da Virxe do Camiño, de estilo románico tardío, sitúase nunha antiga ruta do camiño de Santiago, e conta cun cruceiro ornamental. 


     Na capela de Fátima, no Couto da Cruz, venérase a primeira imaxe existente en España vinculada á Virxe de Fátima, traída a ombreiros dende Portugal.


Parroquias de Crecente    
     Albeos (San Xoán), A Ameixeira (San Bernabeu), Angudes (San Xoán), Crecente (San Pedro), Filgueira (San Pedro), O Freixo (San Roque), Quintela (San Caetano), Rebordechán (Santa María), Ribeira (Santa Mariña), Sendelle (Santa Cruz), Vilar (San Xorxe) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901