jueves, 2 de abril de 2020

CRUCEIRO DA MOTA - A MOTA - TORNEIROS - O PORRIÑO

 CRUCEIRO DA MOTA
A MOTA
TORNEIROS
O PORRIÑO


     O cruceiro da Mota está situado nun cruce de camiños baixo un baldaquino de recente feitura, aínda que orixinariamente estivo dentro da finca dunha casa próxima coñecida co Nome de “Quinta dos Oleiros”.


     Aséntase sobre unha base coas arestas rebaixadas, na que aparece unha descrición, case ilexible, de doazón na parte frontal do pedestal. 




      Sobre ela levántase o varal de forma octogonal que remata nun capitel decorado con volutas realizadas en relevo.


     A cruz, cos brazos potentados, presenta no seu anverso a figura de Cristo e a Virxe no reverso.



Petos, cruceiros e canastros
    Os petos de ánimas, os cruceiros e os canastros son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.



     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.



     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.



Cruceiros
     Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.



     Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.



     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901