sábado, 18 de abril de 2020

FALAMOS CON JHONATHAN ZÚÑIGA " O MEIGO DO TEA"

FALAMOS CON
 JHONATHAN ZÚÑIGA "O MEIGO DO TEA"
UN NAMORADO DA TERRA



Quen e Jhonathan Zúñiga?
     E unha persoa totalmente normal das Terras do Val do Tea, namorado da nosa Terra, cultura e historia. Pero tamén do mundo que vivimos e todas as marabillas que nos regala cada día. E valoro o que para muita xente pode semellar vulgar, como descubrir un lugar máxico con pegadas de nosos devanceiros, vestirme co traxe tradicional dos nosos entroidos ou escalar unha montaña, para min iso non ten equivalencia en cartos, non existe diñeiro no mundo que pode pagar iso.
E o meigo do Tea?
     O meigo son o “eu” que decidín ser, máis que un alcume é o que son na realidade. Este alcume comezou cos rituais das queimadas que eu interpreto e fago con teatralidade, pero co paso do tempo, fíxose o protagonista da vida de Jhonathan Zúñiga.


Serven as tradicións?
     As tradicións nos conectan de forma directa cos nosos antergos, e as veces coa propia nai terra. O que hoxe é unha romaría no alto dun monte nun día sinalado do calendario, fai 2000 anos puído ser unha festividade cun rito, mudou a relixión, tal vez o ritual, pero a xuntanza, a irmandade e festividade nese día e mesmo lugar, non.



Estanse a valorar?
     Vivimos nun mundo tecnolóxico, a sociedade do século XXI, polo que semella que todo o que rompa ese molde nos últimos anos se valora, é diferente do habitual. O problema e o feito de valoralo, tal vez en iso se esta fallando en certas tradicións, pois de todo se intenta sacar negocio, polo que as veces fai que este máis enfocada o turismo que o valor tradicional, e dicir, se chega a modificar algo que se  perde no tempo, súa antiguedade simplemente para agradar e entreter o visitante.



Ser galego é...?
     É nacer cun legado que se perde na noite dos tempos, os galaicos somos dos pobos máis antigos da vella Iberia que conservamos o nome como pobo. Somos a Terra do fin do mundo, de Santiago, dos mouros e dos mortos, dos emigrantes (que lugar do mundo non há un galego), do bo comer e beber, da retranca e do patrimonio natural e histórico máxico, en definitiva, ser galego é algo moi amplo.

O patrimonio dá valor?
     O patrimonio é nosa identidade física como pobo, é a proba do que fomos pese que pasan os anos, séculos e milenios. Cada ben patrimonial por pequeno que sexa,  contanos unha historia, súa historia, inda que teñamos que interpretala. Grazas o noso rico patrimonio, Galiza é un museo o ar libre.


Porque Galicia é máxica?
     Será máxica mentres  non apaguemos a chama de súa maxia. Case todo ben patrimonial noso ten unha lenda que o fai que teña un encantamento máis ala do físico, nosos avós se poden esquecerse de moitas cousas, pero nunca soen esquecer aqueles contos que lles contaban de nenos os seus propios avós o calor da lareira, os cales dábanlle explicación o descoñecido, seres mitolóxicos, penedos con tesousoros ou entradas a outros mundos, como a da morte mesma.

Será máxica mentres  non apaguemos a chama de súa maxia.


A Santa Compaña existe? Onde esta?
     A morte existe, e esta é súa mensaxeira, a alma existe pero non a podemos ver, a Compaña ben na procura desa alma, polo que polo normal tampouco se pode ver. Somos o pais da morte da vella Europa, as antigas crenzas atlánticas e celtas, o Sol era o deus supremo, Lugh, o cal nos daba a vida, criase que onde se puña no solpor e desaparecía nas augas do océano para dar paso a noite era a terra dos mortos, a cal estaba máis ala de Fisterra, o fin do mundo, e dicir, nosa terra era o último lugar dos vivos. Entre as Illas Sisargas há unha canle que chaman “da estantiga”, que é o mesmo que Compaña, e dicir a Santa Compaña camiña de mensaxeira na procura dos mortos entre os dous mundos, dos mortos e dos vivos, entre o océano e eses camiños e corredoiras do noso rural. Resumindo, está máis ala das nosas costas a espera de ir buscar as almas dos que deixan este mundo.
As pedras falan?
    Nesta terra a pedra é todo, outros pobos ancestrais facían súas construcións con materiais vexetais ou madeira, nos sempre tivemos sensibilidade pola pedra, pois abunda. Dende as antas e mámoas, ate os petróglifos, castros e castelos, ou simplemente penedos con lendas que pola súa forma natural estraña nos semellan portas a outros mundos, esas pedras nos falan, pois teñen súa historia, mito ou a día de hoxe son simples lindes, pero sempre nos contan algo.



Un sitio único
     A Terra galaica, esa antiga Gallaecia, dentro dela dicir un só lugar sería para min inxusto, pois cada día logra sorprenderme con algo novo.
Un soño
     Neste momento, saír da situación que nos atopamos, recapacitar dos erros e tentar crear unha sociedade e mundo máis xusto, respectuoso e unido.
Alguén que destacar?
     Pasame como no sitio único, eu persoalmente son máis dos pequenos detalles dentro da capacidade de cada un, neste campo temos moita xente comprometida practicamente anónima, que vive para que non se perdan nosas tradicións, cultura, historia, entroidos ou mesmo luita polo noso medio natural, patrimonial ou nosa mesma fala.


Como sairemos desta
     Unidos, xuntos, sendo solidarios e pensar en forma colectiva e non individual. Pero para iso temos que voltar pensar por nos mesmos, cousa que intentan impedir a diario, bombardeándonos nos medios nas redes sociais... 

Unidos, xuntos, sendo solidarios e pensar en forma colectiva e non individual.

Como che gustaria que fora a saída?
     Unha saída máis humana, que comecemos a valorar o mundo que nos rodea e o que de verdade importa, aprender que se pode vivir sen certas cousas ou cargos, pero non sen médicos ou no noso caso, a seguridade social, só há que ver o exemplo de EE.UU. Temos que comezar a coidar máis do que realmente é importante para nosas vidas.


Que é urxente neste Pais?
     A sinceridade e humildade, coa verdade e sendo modesto vas a calquera parte do mundo como dicían nosos antepasados. Pero hoxe en día esas palabras están maltratadas, marxinadas e case desaparecidas, case todo é interese e egoísmo, xa comezando polos maiores mestres das mentiras, os actuais políticos. Con sinceridade e vendo polo ben común de tod@s, seriamos realistas cos nosos problemas, polo que resolvelos sería moito máis doado.
Unha frase
     “O fin xustifica os medios”, frase que escribiu Napoleón Bonaparte tras ler o famoso libro El Príncipe, escrito por Nicolas Maquiavelo. É unha frase que xustifica calquera feito desta vida, pois o final, cando resolves algo da evidencia dos métodos que utilízache para logralo ou conseguilo.



Algo que queiras dicir ou rebentas?
    Claro! Primeiro dar as grazas por esta entrevista, e como non, dar os parabéns a Xoán Arco da Vella, polo  grandísimo traballo incansable en moitos anos e a súa divulgación. Con persoas con tal compromiso e sensibilidade por nosa meiga Terra, noso mundo, noso legado como cultura e o pobo sobrevive, pois non esquezamos que cada vez que morre un vello nunha aldea, e se leva con el unha lenda, un refrán ou un canto sen contar, perdese un anaco de nosa cultura. Non esquezamos que para recoller e por en valor as nosas tradicións, folclore e historia non fai falla ter unha carreira, só vontade e crer nun mesmo.


     Por último, pese a difícil situación, non esquezades irmáns galeg@s “Nunca choveu que non escampase”, polo que moral alta, é moitos moitos ánimos e forzas.

VIDEO

     Gracias por atendernos, un abrazo de un amigo.."a mandar"


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 

Fotos: Jhonathan Zúñiga
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901